Curso de Socorrismo e instalacións acuáticas 2018

DECRETO DE ALCALDÍA

D. JOSE DEMETRIO SALGUEIRO RAPA, Alcalde Presidente do Concello de Xove,

VISTO o expediente tramitado na Oficina Municipal de Emprego relativo á Acción Formativa dirixida prioritariamente a persoas traballadoras desempregadas (Expediente AFD 2017/000267-2) regulada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria mediante a Orde do 7 de marzo de 2017.

VISTO que, ao abeiro da Orde de referencia, por resolución da Xefatura Territorial en Lugo da devandita Consellería concedeuse ao Concello de Xove unha subvención por importe de 27.018´00 € para o curso de formación profesional para o emprego 2017/102689 da especialidade AFDP0109-SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS ACUÁTICAS.

VISTO que polo Servicio Público de Emprego de Burela tense remitido ao Concello de Xove un número de candidatos ( 35 ) superior ás prazas de alumnos previstas para dito Curso ( 15 máis 5 de reserva ) sendo en consecuencia necesario establecerse aprobar unhas bases regulamentadoras da selección dos alumnos.

Polo presente e no uso das competencias que en materia de persoal me outorga o art. 21.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, ACORDO:

PRIMEIRO.- Aprobar as bases que regulamentaran a selección dos alumnos do curso de formación profesional para o emprego 2017/102689 da especialidade AFDP0109-SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS ACUÁTICAS.

Todos os candidatos deberán realizar na Piscina Municipal do Concello de Xove en data e hora que se publicitara axeitadamente, unha proba de natación en estilo libre de 200 metros, eliminaranse as persoas que non consigan completar os 200 metros nadando de forma ininterrompida, así coma aquelas que empreguen máis de 5 minutos.

Unha vez realizada a proba, efectuarase unha listaxe cos tempos acadados por cada persoa, excluíndo as persoas eliminadas.

A seguir se efectuará:

En aplicación do DECRETO LEXISLATIVO 2/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia (Artigo 50) en materia de igualdade reservarase un 50% das prazas para mulleres en cada unha das catro fases da selección.

As persoas que pertenzan a un IPI terán preferencia no caso dun empate na proba.

No caso de sobraren prazas unha vez rematado todo o proceso, asignaranse ás persoas que empregaron máis de 5 minutos en realizar a proba, pero menos de 6 minutos e sempre coas prioridades establecidas..

A lista de alumnado admitido estará publicada o xoves día oito de marzo ás 11:00 horas na cristaleira da entrada principal do Concello de Xove, así coma na súa páxina web: emprego.xove.es.

SEGUNDO.- Publíquese o presente acordo na páxina web municipal www.xove.es.