Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Turismo Xove
Administración Local
Deporte
Urbanismo
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove durante o ano 2019 son as seguintes:

---> 5 de marzo de 2019 (Martes de Entroido)

---> 2 de setembro de 2019 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  ---2018----

  • Imposto Municipal de Vehículos :   dende o 16 de abril ata o 18 de xuño de 2018.-   Prazo en voluntaria rematado. Deberá solicitar novos recibos no Concello.
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---> 17 de setembro a 19 de Novembro 2018.-  Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

       HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO:

  De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30 

  

Curso de Socorrismo 2019

Se queres traballar como socorrista no verán, este é o teu curso: Código e denominación do curso: AFDP0209 Socorrismo Acuático en Espazos Naturais . Requisito de acceso: eso ou similar (nivel 2) e ser persoas desempregadas

  • Duración: 438 h/ en horario das 16:00 ás 21:00 horas, de luns a venres.
  • Inicio: 8 de xaneiro de 2019
  • Remate: 16 de maio de 2019
  • Curso subvencionado pola xunta de galicia.
  • Diploma da Xunta de Galicia
  • Certificado de Profesionalidade
  • Máis información: Concello de Xove 982592001. Departamento de Emprego

As persoas interesadas en realizar o curso: acudir á oficina pública de emprego a indicalo se coñeces a alguén que pode ter interese en facelo, envíalle esta información.

SELECIÓN DE ALUMNADO

O día 27 de decembro de 2018 na Aula de Formación ás 11:00 horas dará comezo o proceso de selección entre as persoas desempregadas que recibiron a carta da Oficina de Emprego de Burela, alí comprobaremos que reunen todos os requisitos para acceder ao curso.

A continuación na Piscina Municipal realizarase a selección de alumnado que consistirá nunha proba de natación en estilo libre de 200 metros.

Eliminaranse as persoas que non consigan completar os 200 metros nadando de forma ininterrompida, así coma aquelas que empreguen máis de 6 minutos. Unha vez realizada a proba, efectuarase unha listaxe cos tempos acadados por cada persoa, excluíndo as persoas eliminadas. As prazas iranse asignando ás persoas que empregaron menos tempo en realizala, as demais formarán parte da lista de espera.

En aplicación do DECRETO LEXISLATIVO 2/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade (Artigo 50), reservarase un 50% das prazas para mulleres no momento da selección.

As persoas referidas no artigo 28 da Orde do 16 de marzo de 2018 ao abeiro da que se impartirá previsiblemente este curso, terán preferencia no caso dun empate na proba.

No caso de sobraren prazas unha vez rematado todo o proceso, asignaranse ás persoas que empregaron máis de 6 minutos en realizar a proba, pero menos de 7 minutos e sempre coa prioridade establecida descrita.

histórico de noticias

Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo