Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

 

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove  son as seguintes:

---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)

---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  

CERTI TRANS2

25 * CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN  PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA
PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

  • Imposto Municipal de Vehículos :   Entre o 15 de abril  e o  15 de xuño   (datas aproximadas)
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

Publicación na Internet dos vídeos Xove Emprende en Galego

O Concello de Xove presentou os vídeos XOVE EMPRENDE EN GALEGO o pasado mércores día 26 de decembro ás 20:30 no Salón de Actos. Hoxe, 14/01/2019 empeza coa súa publicación para que todas as persoas interesadas podan velos a través da internet.

   Fabián Ben Conde: “Cando expuxen o meu proxecto empresarial dixéronme que o feito de facer a presentación en galego lle restaba credibilidade” .- O primeiro vídeo de XOVE EMPRENDE EN GALEGO amosa a este emprendedor que explica a súa experiencia emprendedora como xestor de redes sociais e proxectos e a súa visión do uso do galego.

Xove emprende en galego:Trátase dunha campaña de fomento do emprendemento e a actividade empresarial en galego que o director xovense Xacio Baño gravou no pasado mes de outubro para o Concello colaborando co Departamento de Emprego e Desenvolvemento ao abeiro dunha subvención da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

 Xovemprende En Galego pretende difundir a cultura emprendedora poñendo en valor o propio, fomentando o uso do galego entre as persoas emprendedoras, empresarias e traballadoras; incrementar a conciencia de que o uso do galego pode favorecer as relacións empresariais, laborais, comercias, no proceso de busca de emprego e na creación de empresas principalmente; e promover o establecemento da oferta positiva de atender á clientela en galego como práctica habitual.

“Cres que se alguén che fala castelán no teu negocio, ti debes falarlle castelán ou que é correcto falarlle en galego se o entende perfectamente?, por que cres que moita xente nesta situación cambia de idioma pasando ao castelán?”, empregas o galego nas túas redes sociais? Estas son dúas das preguntas sobre ás que contestaron as 6 persoas emprendedoras do municipio entrevistadas para a realización desta campaña, a saber: Fabián Ben, Iván González, Marta Louzao, Nacho Rodríguez, Samuel Míguez e Lucía Canoura.

 

Estes vídeos están gravados no galego propio de cada persoa entrevistada, non tendo porque ser galego normativo, pero na lingua escrita si se emprega a normativa; escollemos esta maneira para que fose natural e fluída a entrevista.

Xacio baño: Xacio Baño atópase na promoción de TROTE, a súa primeira longametraxe que está recollendo prestixiosos recoñecementos e loanzas, entre os que podemos destacar a súa selección para a participar no Festival de Locarno (Suiza) e para o 66 Festival de San Sebastián e a súa inclusión polo xornal El Mundo entre as dez mellores películas españolas deste ano 2018. Con Trote, Xacio leva Galicia e ao galego máis aló das nosas fronteiras.

Canle de youtube: DEPARTAMENTO EMPREGO---->YOUTUBE.COM

.histórico de noticias.

Novo-->XeoPortal
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo