Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

 

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove  son as seguintes:

---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)

---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  

CERTI TRANS2

25 * CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN  PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA
PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

  • Imposto Municipal de Vehículos :   Entre o 15 de abril  e o  15 de xullo  
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---15 de setembro a 15 de novembro-  Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

Emprendemento e Comercio Local....

O próximo venres 15 de novembro ás 20.30 horas terá lugar un acto que ten os seguintes obxectivos:

  • Fomentar o consumo local

    PROGRAMA

  • Transmitir a importancia da innovación para as pequenas empresas

O acto será presentado polo alcalde José Demetrio Salgueiro, a continuación a axente de emprego e desenvolvemento local dará a coñecer as accións que compoñen a campaña chamada “Míranos. Emprendemento e Comercio Local” para dar paso a dúas emprendedoras que exporán a propia experiencia emprendedora e empresarial: Nieves Medina de Conservas Artesanas Curricán (emprendedora local) fará a súa intervención que leva por título: Tradición e Innovación no local e Elena Ferro de Eferro (emprendedora invitada) falará de emprender e dignificar dende o local.

A este evento porá música o Grupo Vocal SondeNós que interpretará as pezas do seu traballo Identidade.

No acto presentarase a campaña de Nadal que o Concello organiza para este ano e que consiste na entrega dun papel de envoltorio deseñado polo debuxante Primitivo Marcos para que utilicen todos os comercios que o desexen ofrecendo así unha imaxe conxunta nos agasallos de Nadal (este papel de envoltorio foi realizado con subvención de Xunta de Galicia ao abeiro do programa Xove emprende en galego); por outra banda presentarase o Concurso de escaparatismo deste Nadal.

O evento estará presidido por un escaparate conxunto que se instalará para a ocasión con produtos e servizos de todos os comercios e negocios que quixeron mostrar todas as posibilidades que ofrecen para agasallar neste Nadal comprando en Xove.

Nieves Medina é unha das promotoras de Conservas Artesanas Curricán, un obradoiro de elaboración artesanal de conservas de produtos pesqueiros situado no Parque Empresarial de Xove. Acaba de recibir un dos Premios de Excelencia á Innovación para Mulleres Rurais, concedidos polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e que foi entregado o 16 de outubro pola vicepresidenta do goberno en funcións Carmen Calvo.

Conservas Artesanas Curricán é unha Iniciativa Local de Emprego apoiada polo Concello de Xove, que empezou a súa andadura en 2012 e que se transformou nunha empresa consolidada creando emprego e aportando valor engadido aos produtos da pesca local. Unha das súas claves de éxito é a continua aposta pola innovación en canto a diversificación e presentación de novos produtos, formas de comercialización, formalización de sinérxias con colectivos de produtoras, promoción dos seus produtos,...

Elena Ferro é unha emprendedora que, desde un obradoiro artesán familiar de zocos situado en Merza, unha pequena aldea rural, reinventou o calzado tradicional que pasou de ser un produto menosprezado a ser un artigo de moda, chegando a calzar a noivas e ser protagonista de pasarelas e escenarios. A emprendedora utilizou a innovación para deseñar zocos atractivos e tamén novas formas de comercialización. A súa empresa está seleccionada como unha das finalista dos Premios Nacionais de Artesanía que se entregarán o próximo 4 de decembro en Madrid pola Ministra de Industria, Comercio e Turismo en funcións, Reyes Maroto.

SondeNós, é un grupo vocal formado recentemente en Viveiro pero que xa ten actuado en diferentes localidades dentro e fóra de Galicia e de España. Na súa actuación de Xove interpretará as pezas do seu traballo Identidade.

Primitivo Marcos é historietista e debuxante de Viveiro que ademais de deseñar un amplo número de carteis conta entre as súas obras con bandas deseñadas como Aventura no camiño de Santiago (El Patito editorial) e a serie Os Fernández (Suplementos Golfiño e Galimatías).

 

Salón de Actos do Concello de Xove

Estades todos invitados. ANIMÁDEVOS!!!!!!

PROGRAMA

  1. Interpretación musical Son de Nós
  2. Presentación do acto a cargo do Alcalde do Concello de Xove D. José Demetrio Salgueiro
  3. Presentación da campaña MÍRANOS. Emprendemento e comercio local a cargo da Axente de emprego e desenvolvemento local do Concello de Xove Dna. Rosa Lage
  1. Intervención de Conservas Mesanas Curricán: Tradición e innovación no local Dna. Nieves Medina
  2. Intervención Eferro: Emprender e dignificar dende o local Dna. Elena Ferro
  3. Interpretación musical Son de Nós

.histórico de noticias.

Novo-->XeoPortal
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo