MÍRANOS:Campaña de promoción do comercio local

Mira o que os comercios locais che poden ofrecer para agasallar neste Nadal

Cada unha das nosas accións ten unha repercusión, a nivel xeral, pero en concreto no momento de decisión de compra, xa que non é o mesmo comprar nunha plataforma de internet, nunha grande superficie comercial ou nun pequeno comercio, non produce o mesmo efecto, por iso se decidimos mercar nun comercio local, estamos apoiando a unha persoa que coñecemos e que nos coñece e que nos dá un trato personalizado, que seguramente ten unha serie de dificultades que afrontar día a día, que mantén o emprego de outros veciños e veciñas, que axuda á fixación de poboación no territorio, que participa nos actos do pobo, nas festas, ... aportan vida ao pobo.

Pois este sentimento é o que pretendemos transmitir con esta campaña. Gustaríanos que mirásedes, que botedes unha ollada ao que o comercio local vos pode ofrecer, con esa intención colocamos este escaparate conxunto que amosamos nas imaxes, para que vexades todos os agasallos de Nadal que podemos comprar en Xove. 27 establecementos aportaron produtos e servizos que nos dan ideas para agasallar este ano. Se estes establecementos cerrasen, tal vez os botaríamos de menos.

Pero o comercio tamén ten unha responsabilidade grande no feito de que os escollamos, han de resultarnos atractivos, ofrecendo unha presentación vistosa dos seus produtos, tendo un establecemento acolledor, colocando un escaparate que chame, ofrendo calidade... Por iso nesta campaña:

- Celebramos un acto no que participaron Nieves Medina (emprendedora local) e Elena Ferro (emprendedora invitada) e disertaron sobre a innovación e as claves de éxito para vender, segundo as súas experiencias empresariais.

- Deseñouse unha imaxe conxunta para a presentación do produto neste Nadal, descóbrea mercando nos nosos comercios.

- Convócase para un concurso de escaparates de Nadal a todos os comercios do municipio que desexen participar, e do que iremos informando en breve.

@aedlxove