Pagamento das Axudas para os Autónomos de Xove

COVIDd19

O Concello puxo en marcha hai uns meses unha serie de   medidas excepcionais co fin de paliar os danos producidos; enter estas medidas destacan as AXUDAS DESTINADAS A APOIAR AOS TRABALLADORES AUTÓNOMOS E MICROEMPRESAS para facer frente aos efectos originados polo estado de alarma con motivo do Covid-19. Establecéronse dous tipos, unha para establecementos obrigados ao peche e outra para os que – sen estaren obrigados a pechar- xustificasen unha reducción igual ou superior ao 40% dos seus ingresos en relación ao semestre anterior.

Inicialmente habíase previsto destinar 100.000 € a estas axudas, que serían ampliadas se fose necesario. Finalmente, estas axudas cuxa solicitude estivo aberta ata o 1 de setembro, supuxeron unha cantidade de 67.875 €, repartidos en 49 solicitudes aprobadas, cantidade que xa lle foi ingresada aos solicitantes.

Trátase dun esforzo importante do Concello por axudar a manter a súa estrutura económica, en especial aos traballadores autónomos e microempresas, duramente golpeados pola crise do Covid-19 e os seus demoledores efectos. Lóxicamente, isto compleméntase coa axuda que o Concello mantén aos traballadores de Alcoa e da continuidade da producción da mesma na nosa Comarca. A defensa dos postos de traballo é un obxectivo fundamental e irrenunciable para o Concello.