As persoas interesadas en anotarse a dita actividade poden inscribirse no Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello , hasta o día 29. A actividade lévase a cabo ao abeiro da subvención da educación para a sustentabilidade e consistirá por un lado, nunha breve charla sobre os coñecementos básicos nutricionais (alimentos, dietas, vitaminas e minerais…) e por outro, na elaboración e degustación de productos saudables.
As persoas que queiran participar nesta actividade deberán poñerse en contacto con Pilar ( coordinadora da aula de medio ambiente ) chamando ao Concello 982592001 ou ben acudindo ao Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local do mesmo.
Dende a Aula de Medio Ambiente do Concello de Xove anímase á veciñanza á participación nesta iniciativa.