A Fonte Maior de Vilachá, completamente renovada polo Concello

O noso Concello ven abordando dende hai anos a recuperación de elementos arquitectónicos tradicionais e, dentro deles, as nosas fontes, son centro de especial atención, como é o presente caso, no que unha das fontes máis antigas e con maior uso do noso Concello, a FONTE MAIOR DE VILACHÁ, foi obxecto dunha importante renovación.

Esta fonte, que presentaba unha dobre estructura xa que incluía fonte e lavdoiro, estaba cuberta co fin de poder realizar labouras na mesma durante todo o ano. Nos últimos anos a fonte foise deteriorando progresivamente, a estrutura que a recubría prácticamente desapareceu e o lavadoiro atopábase totalmente inservible. Todas estas razóns levaron ao Concello a deseñar un plan integral de recuperación da fonte (fonte máis lavadoiro) e tamén o seu contorno, xa que se habilitou un cómodo acceso á mesma.

Os traballos realizados consistiron na limpeza dos distintos elementos pétreos, cando estes presentaban boas condicións, como no caso da fonte. En canto ao  lavadoiro e a cuberta, prácticamente houbo que realizalos de novo, iso sí, seguindo a tipoloxía tradicional e con elementos e materiales autóctonos, respectando sempre o espíritu pre-existente.

O investimento total da obra foi de 27.588,10 €uros, dos cales o Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia aportou 16.795,42 €, sendo o resto por conta do noso Concello.

A renovación desta fonte súmase á recuperación do patrimonio arquitectónico que o Concello de Xove ven realizando progresivamente nos últimos anos e que tamén abrangue outros elementos coma muiños (posta en valor dos mesmos coa creación da Ruta dos Muiños da Rigueira), edificios relixiosos e o seu contorno (por por un exemplo, teríamos a Igrexa de Xuances), e un longo etc.

Dende o Concello considéranse importante estas actuacións, e tamén prioritarias, xa que, de non actuar a tempo, moitas destas arquitecturas rurais  perderíanse para sempre; non cabe dúbida que un dos deberes de calquer administración, e neste caso a local, é a de preservar o noso patrimonio e transmitilo nas mellores condicións para as xeneracións vindeiras.

Por suposto, non nos olvidamos da parte práctrica da obra, xa que a partires de agora tódolos veciños de Vilachá e o seu contorno poderán disfrutar desta Fonte Maior. O mellor mantemento para preservar este conxunto para o futuro será o seu uso contínuo por parte dos veciños.