Posta en servizo da "vía de altas prestacións" ó seu paso por Xove

O presidente da Xunta  fixo a inauguración do  primeiro tramo do corredor do norte de Lugo co compromiso de avanzar na variante de Viveiro. lembrou que esta "esperada" infraestrutura supón "un paso importante na conectividade do norte da provincia de Lugo co resto da Comunidade".

Feijóo garantiu o compromiso da Xunta coa Mariña Lucense e de continuar as obras "cara á Coruña". Para iso, recoñeceu, a gran dificultade agora desta vía é Viveiro", cuxa variante aínda non conta cun trazado de consenso. "A Variante de Viveiro ten que ser o próximo obxectivo da Xunta", dixo o presidente, que se comprometeu a presentar un novo trazado "que represente para todos unha solución" e que permita "chegar a acordo".

Durante o acto de inauguración, o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, lembrou que esta infraestrutura para a Mariña é unha "demanda histórica" e unha "necesidade" para "unha das comarcas con máis potencial económico da provincia".