Novo sistema de Licitación Electrónica (SILEX)

 Anuncio informativo para empresas e profesionais interesados en concorrer ás Licitacións convocadas polo Concello de Xove     

SILEX

O 9 de marzo de 2018 entrou en vigor a Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se transpoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014 (en adiante, LCSP). Dita Lei introduce importantes novidades nos procedementos de licitación, tanto para as entidades adxudicadoras como para as empresas que participan nas licitacións publicadas por estas. Neste sentido e aos efectos de facilitar a participación das empresas nos procedementos de licitación que vaia publicar o Excmo. Concello de Xove, mediante o presente anuncio dispóñense as seguintes recomendacións:

1.- Licitación Electrónica.- Unha das novidades máis relevantes nos procedementos de contratación é a obrigatoriedade de presentación electrónica de ofertas e, polo tanto, de licitar electrónicamente (D.A. 15ª LCSP).

Como consecuencia e, salvo excepcións, todas as licitacións promovidas polo Concello de Xove se efectuarán electrónicamente, empregándose o sistema de licitación electrónica da consellería de facenda da Xunta de Galicia (SILEX), regulado pola Orde de 28 de xullo de 2010. Cando un procedemento se licite polo tanto electrónicamente, a presentación de proposicións de forma física (papel, CD,…) a través de calquera rexistro administrativo ou oficina de correos dará lugar a exclusión do licitador. De igual xeito, as notificacións efectuaranse mediante comparencia electrónica e, con carácter excepcional, mediante dirección electrónica habilitada.

O SILEX é accesible desde a páxina da CONSELLERIA DE FACENDA, donde poden atoparse os distintos apartados que lles ofrecen a axuda precisa para facilitarlles a licitación: certificados electrónicos válidos, requisitos técnicos dos equipos informáticos, guia para comezar a licitar, así como un contorno de probas para efectuar simulacións.

2.- Inscrición no Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas clasificadas do sector público (ROLECSP) ou no Rexistro Xeral de Contratistas de Galicia (RXCG).- Outra das novidades importantes da LCSP é a aparición dun novo procedemento de licitación, o procedemento aberto simplificado (e a variante deste, o supersimplificado ou simplificado sumario), previsto no artigo 159, que pretende ser un procedemento que flexibilice e axilice a contratación.

Para participar neste tipo de procedemento esíxese que as empresas licitadoras estean inscritas no ROLECSP ou no rexistro oficial correspondente da Comunidade Autónoma, neste caso o RXCG, polo que se recomenda se realicen as xestións para a súa inscrición de maneira que non se impida a participación de empresas que non se atopen rexistradas.

Poden inscribirse nestes rexistros os datos de personalidade e capacidade de obrar, autorizacións e habilitacións, solvencia e clasificación empresarial, aos que se refire o artigo 339 da LCSP. O rexistro ten carácter electrónico e tanto as solicitudes de inscrición como a obtención de certificacións se tramitan de xeito telemático.

3.- PREGOS E RESTO DE DOCUMENTACIÓN CONTRACTUAL.- Poñemos no seu coñecemento que coa entrada en vigor da LCSP tanto os pregos de cláusulas administrativas particulares como os procedementos de contratación en sí mesmos sofren importantes novidades polo que se lles recomenda que os lean polo miúdo á hora de preparar as ofertas. Polo tanto e, a xeito de conclusión, aconséllase a todas as empresas e profesionais que desexen concorrer ás licitacións convocadas polo Concello de Xove que, dispoñendo do seu certificado dixital:

DDCERTIDIGI