Obras realizadas dentro do "Plan E" no Concello

VallasyCarteles-Plan_EEstas son as obras realizadas polo Concello dentro do Plan Español de Estímulo da Economía e do Emprego:

Estamos a falar da nova rúa que vai dende Rúa Acceso a Grupo Escolar ata a Rúa Os Chozos nunha primeira fase, obra que conta cun investimento de 178.739 €uros a cargo do Plan E, e nunha segunda  fase vai dende a Rúa dos Chozos a rúa que vai ao IES, parte que conta cun investimento de 50.000 €uros a cargo do Concello.

Trátase  dunha obra que na súa 1ª fase, a que contempla o PLAN “E”, está totalmente rematada, tal como se pode apreciar na fotografía que acompaña a esta información. A obra consisteo na construcción dunha nova rúa, con novas aceras con rebaixes para accesos minusválidos, saneamento, novas farolas, así como o soterramento do cableado eléctrico, aproveitándose para incluir pasos de “R” e “Telefónica”.

O noso Concello realizou unha importante obra de acceso á Parroquia de A Rigueira. Trátase da abertura dun novo paso subterráneo de acceso ao burgo de Regosanguento na Parroquia de A Rigueira.

Dende hai moitos anos, concretamente dende que se construiu a via de FEVE hai cáseque 50 anos,  contábase cun pequeno paso de acceso a Regosanguento, o cal vai por debaixo da vía do tren e polo mesmo só cabe un vehículo, tendo que realizar unha pronunciada curva, o cal presenta un alto nivel de perigosidade.

Esta obra, integrada dentro do Plan E, contou cun presuposto de 227.775´73 €.

Esta obra compleméntouse coa ampliación do ancho do vial dende a estrada xeral ata Regosanguento, obra que está foi realizada tamén pola empresa Puentes e Calzadas, e financiada integramente polo Concello con 187.375´91 €.

Consistiron estas obras en traballos de reposición de aceras e  reposición de alumeado e aglomerados nas zoas de aparcamentos e viais da maior parte da Urbanización. Financiada con fondos do Plan E, contou cun presuposto de 230.996´83 €.

Precisamente, nestes intres,  estase a rematar a 2ª Fase da obra, cun investimento, neste caso para as arcas municipais de 207.100 €. Polo tanto, estamos a falar dunha inversión total (de máis de catrocentos mil euros) moi importante que supón, en definitiva, unha completa e renovada imaxe de toda a Urbanización Palmeiro, estando  a Primeira Fase englobada dentro do Plan “E”, pertencendo a 2ª Fase integramento ao Concello.