Soterramento das infraestruturas eléctricas na rúa lavandeiras

Mediante estas obras preténdese desenvolver os traballos de soterramento das infraestruturas eléctricas da Rúa Lavandeiras de Xove. Conta esta importante obra cun investimento total de 171.607´34 €uros, dos cales a Consellería de Industria aporta  a cantidade de 106.562´54 €uros, sendo aportados os restantes 65.044´80 €uros o noso Concello.
Consisten estas obras en :
  • -Desconexión do alumeado existente, así como a desmontaxe dos 8 báculos que actualmente compoñen o alumeado deste vial.
  • -Demolición das beirarrúas existentes así como excavación de gabias para o novo tendido eléctrico soterrado.
  • -Disposición do novo tendido, de acordo coas prescricións do vixente Regulamento, e as indicacións da Compañía suministradora.  Formigonado, relleno de gabias e compactado do chan para dispoñer a base de formigón para as beirarrúas.
  • -Disposición das novas beirarrúas.
  • -Reposición das luminarias existentes e posta en funcionamento do suministro de enerxía eléctrica na totalidade do vial.
 
Con estas obras consíguense varios obextivos:
  • -Mellorar estéticamente a Rúa Lavandeiras.
  • -Acomodar ao Regulamento Electrotécnico de Media e Baixa Tensió as instalacións eléctricas  deste entorno.
  • -Dotar de novas aceras á Rúa, dando cumprimento ao Decreto da Xunta de Galicia 35/2000 de Eliminación de Barreiras Arquitectónicas.
En definitiva, unha mellora moi sustancial desta Rúa que vai redundar no beneficio de tódolos xovenses, especialmente os que a habitan.