Axudas para lucido de fachadas 2011

Xa está aberto o prazo para solicitar axuda para :
- REMATE EXTERIOR DE VIVENDAS UNIFAMILIARES (LUCIDO DE FACHADAS) CON MÁIS DE 5 ANOS DE ANTIGÜEDADE.
- ACONDICIONAMENTO DOS ACCESOS A VIVENDAS UNIFAMILIARES DENDE AS VIAS DE TITULARIDADE PÚBLICA
Plazo de presentación de solicitudes: ata o 30 de xuño de 2011
Subvención máxima: 300€.
bases reguladoras...
BASES REGULADORAS DE SUBVENCIÓNS A LUCIDO DE FACHADAS E ACONDICIONAMENTO DOS ACCESOS Á VIVENDA.
1ª.- As presentes Bases, que terán unha vixencia de un (1) ano, sen prexuízo da súa posible prorroga mediante acordo plenario ó efecto teñen como obxectivo que tódolos veciños de Xove poidan remata-lo exterior das súa vivenda unifamiliar quedando estas protexidas da humidade e o clima en axeitadas condicións de salubridade e seguridade, mediante a utilización de materiais respectuosos co entorno coa paisaxe e coa tipoloxía tradicional da zona e que ditas vivendas conten cuns accesos desde as vías de titularidade pública en axeitadas condicións de uso e seguridade viaria.
2ª.- Poidan ser obxecto de subvención as obras de remate das fachadas ( lucido de fachadas ) e o acondicionamentos dos accesos desde as vías de titularidade pública de vivendas unifamiliares ubicadas no termino municipal de Xove é os efectos da incoación do correspondente expediente o solicitante, que en todo caso deberá se-lo propietario do inmoble, presentará no Rexistro Municipal solicitude de subvención no Modelo que ó efecto se facilitará nas Oficinas Municipais e a documentación que a seguir se relaciona acreditativa de que a vivenda reúne todos e cada un dos requisitos exisibles para a obtención de subvención:
- Documentación acreditativa da personalidade do solicitante ( Copias Autenticadas do D.N.I. e do N.I.F. )
- Documentación acreditativa de que o solicitante é o propietario da vivenda ( Escritura Pública e Certificación Catastral )
- Acreditación de que a vivenda ten unha antigüidade superior ós cinco anos, extremo que deberá acreditarse coa presentación da correspondente licenza de primeira ocupación o no seu defecto cun informe emitido polos servizos técnicos municipais acreditativo da antigüidade da vivenda.
- Declaración Xurada , no Modelo que o efecto se facilitará nas Oficinas Municipais , asinada polo solicitante acreditativa de que a vivenda constitúe o domicilio habitual dunha unidade familiar ben sexa do propietario solicitante ou, se o caso, do arrendatario. Coa citada Declaración Xurada deberá achegarse o correspondente certificado de empradonamento.
- Declaración Xurada , no Modelo que o efecto se facilitará nas Oficinas Municipais , asinada polo solicitante acreditativa de que a vivenda non está incursa en ningún procedemento de disciplina ou de reposición da legalidade urbanística.
- Certificación de estar o corrente do pago de tódolos tributos municipais e non ter débedas coa facenda municipal.
- Declaración xurada de non ter solicitado nin percibidos de calquera outra administración ou organismo público axudas ou subvencións para a mesma finalidade segundo o modelo que ó efecto se facilitará nas Oficinas Municipais.
- Memoria Valorada ( acompañada de fotografías que acrediten o estado das fachadas / ou dos accesos desde a vía de titularidade pública ) na que se acredite o estado da fachada e/ou dos accesos e as obras que se pretendan efectuar con descrición valorada dos materiais a utilizar, materiais que nas súas características estéticas e construtivas deberán ser acordes cos do entorno.
Simultaneamente coa presentación da solicitude de subvención deberá solicitarse igualmente a preceptiva licenza municipal de obra menor.
3ª.- Unha vez recibida a solicitude a Oficina Técnica e a Secretaría Municipal, emitiran informe no que se acredite o cumprimento de todos e cada un dos requisitos anteriormente citado, propoñendo a Xunta de Goberno Local a concesión ou a non concesión da subvención solicitada. En todo caso a proposta deberá estar motivada e no suposto de falla ou defecto de documentación; con carácter previo á emisión do antedito informe- proposta; deberá comunicarse ó solicitante a falla de documentación apreciada dándolle un prazo de 10 días para a presentación ou subsanación que fora procedente coa advertencia expresa de que de non facelo a súa solicitude será arquivada sen máis trámite.
4ª.- A Xunta de Goberno Local á vista do Informe-Proposta aprobará o outorgamento ou a denegación da subvención solicitada.
No suposto de outorgamento o acordo deberá determinar igualmente a contía da subvención que en ningún caso poderá superar ós 300´00 € por solicitude e vivenda e o prazo de execución das obras que en ningún caso poderá ser superior ós 3 meses contados a partir da notificación do acordo.
O prazo de execución anteriormente citado só poderá ser obxecto de prorroga; por un prazo máximo de dous meses contado a partir da data de remate do prazo inicial; por casos excepcionais de forza maior sempre que dita prorroga se solicite antes do remate do prazo de execución fixado inicialmente.
O incumprimento do prazo de execución inicialmente fixado ou no seu caso o determinado na prorroga concedida suporá a perda automática da subvención concedida.
5ª.- Os efectos do finanzamento da presente liña de subvención dotarase a orzamentariamente Partida 152.789 coa cantidade de 6.000´00 €; sen prexuízo de que, se fose necesario, dita dotación poida ser obxecto de ampliación.
6ª.- Rematadas as obras obxecto de subvención o solicitante deberá comunica-lo mediante escrito dirixido á Oficina Técnica Municipal ó que se acompañara fotografías do estado da fachada unha vez executadas as obras así como os orixinais ou copias autenticadas das facturas abonadas polos traballos efectuados.
7ª.- Recibida a solicitude o Arquitecto Técnico Municipal efectuará unha visita de inspección e a resultas da mesma emitirá informe no que se acredite a correcta execución da obras propoñendo á Xunta de Goberno Local a aprobación do abono da subvención outorgada.
8ª.- No caso de que o Informe antedito acreditará a non execución ou a execución incompleta ou incorrecta das obras se dará traslado do mesmo ó solicitante para que se é posible, e sempre que non se houbera esgotado o prazo de execución, proceda á subsanación ou remate das obras dentro do prazo execución fixado no acordo de concesión ou no de prórroga se fose o caso. Completadas ou subsanadas as obras o solicitante comunicarao á Oficina Técnica Municipal consonte ó disposto na Base 6ª procedéndose por parte da Oficina Técnica Municipal a efectua-la visita e a emiti-lo informe previstos na Base 7ª.
9º.- O prazo de presentación de solicitudes será comunicado mediante anuncio que se publicará no xornal El Progreso ( Edición de A Mariña ) e mediante Bandos que se colocarán nos lugares habituais do termo municipal. En calquera caso o prazo de presentación de solicitudes non poderá ser superior ós tres meses e en calquera caso as obras deberá estar rematadas e dito remate posto en coñecemento da Oficina Técnica Municipal ós efectos do disposto na Base 7ª no prazo de execución que se determine no acordo de concesión da preceptiva licenza e en calquera caso antes do 30 de novembro 2011.
Excepcionalmente, naqueles supostos nos que a concesión da licenza municipal estea condicionada pola previa e preceptiva autorización de calquera outro organismo administrativo ( Diputación Provincial, Servicio provincial de costas, Servicios de Usos do Litoral, Comisión Provincial de Patrimonio, Augas de Galicia ou Servicio Provincial de Urbanismo ) os prazos de execución anteriormente citados se interromperán ata a obtención e notificación da correspondente autorización.