Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

 

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE   2025 

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove  son as seguintes:

---> 13 de xuño de 2025 (San Antón)

---> 1 de setembro de 2025 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  

CERTI TRANS2

25 * CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN  PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA
PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

vehiculos

  • Imposto Municipal de Vehículos :   Entre o 15 de abril  e o  15 de xuño   (datas aproximadas)
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

Comezan as obras de construcción do Parque Deportivo

"En marcha la construcción en Xove del parque deportivo y de ocio más completo de Galicia".

El desmonte de la parcela de 9.000 metros cuadrados está listo y en breve comenzará la ejecución de los circuitos de «pumptrack» o «skate»

O futuro parque situarase nunha parcela que antiguamente estaba destinada a usos agrícolas e o proxecto arrancará no 2023 cun orzamento que superará os 820.000 euros.

Este parque estará situado na contorna da avenida da Deputación e a que actualmente é unha zona forestal e pradaría. Serán 9.014 metros cadrados divididos en 2.205 de zona verde, 1.378 de accesos como sendas e beirarrúas, 1.462 de zonas viais e aparcadoiros, e 3.969 metros cadrados de zonas lúdicas como os circuítos de skatepark, pumptrack ou calistenia.

O espazo contará cunha zona de aparcadoiro con estacionamento dotada de todos os servizos precisos para autocaravanas, un skatepark con forma de bowl aberto enfocado ao uso de patíns, scooters, skate e bmx e con zona de street; e un pumptrack enfocado tanto as bicicletas como a skates, patíns e scooters cun nivel experto pero accesible a todos.

novo-parque-deportivo-xove-2022-1novo-parque-deportivo-xove-2022-2

 

 

parque-deportivo-Xove-2022

Melloras na EDAR do Parque Empresarial de Camba

Melloras Ambientais e operacionais na EDAR do Parque Empresarial de Camba

   Esta obra de mellora da EDAE do Polígono de Camba tivo unha triple vertente:

1º.- Renovación dos equipos de aireación dos reactores biolóxicos existentes.

   2º.- Instalación dun sistema integral de automatización e control.

   3º.- Rehabilitación do entorno e dos elementos de peche da EDAR, así como a urbanización do entorno das instalacións.

   Esta importante obra, que vai mellorar moito a eficiencia da depuradora existente, foi realizada pola empresa Hicogal Tecnologías S.L..

   O investimento final total foi de 94.915,85 €, financiado polo noso Concello (20%) e pola Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia (80%)

EDAR PARQUE EMPRESARIAL DE CAMBA 1

Arranxo de viais municipales 2022

A obra consisteu, básicamente, no acondicionamento e mellora de varios viales de acceso aos núcleos de Prada e Illade na Parroquia de Xuances e na Barxa na Parroquia de Lago.

   Segundo o anterior, inda que abordadas de forma conxunta, podemos diferenciar tres actuacións distintas:

    • 1.- Mellora do vial Prada-Praia de Esteiro (1609 mts) e ramal (330 mts), que supón 1.939 mts. de estrada, cun ancho variable entre 3,70 e 4 mts.
    • 2.- Mellora do vial de acceso a Illade (946 mts) e ramais (629 + 500 mts), que supón 2.075 mts, cun ancho variable entre 3 e 4,7 mts.
    • 3.- Mellora o vial de a Barxa á Praia de Lago (979 mts), cun ancho variable entre 4,50 e 11 mts.

   Falamos dun total de 4.993 mts. de viais aos cales primeriro se lles realizou unha limpeza, para pasar posteriormente a darlle unha capa de asfaltado en quente, rematando a actuación coa completa sinalización horizontal (pintado do vial) e vertical da carretera. Esta obra, que conta cun investimento importante de 205.300,70 €uros, mellora a seguridade dos desprazamentos nas áreas intervidas; deste xeito, os accesos ás Praias de Lago e Esteiro, así como a unha boa parte da parroquia de Xuances, melloran sustancialmente, proporcionando unha maior comodidade aos usuarios nos seus desprazamentos.  A financiación, compartida polo Concello e a Deputación, foi a seguinte: -Concello: 12.064,70 €   -Deputación: 193.236,00 €

VIAL  ACCESO  A  ILLADE

Arranxo do vial a Canelas e Portocelo

Investidos 197.000 Euros no vial a Canelas e Portocelo.- Trátase dunha obra englobada dentro do Plan Único 2021 da Deputación Provincial. O proxecto consisteu en acondicionar e mellorar o vial que une os núcleos de Portocelo e Canelas coa Estrada Provincial LU-2601. Trátase dun vial de 1.980 mts, cunha anchura media de algo máis de 3 metros, moi usado e con bastante tráfico, mesmo no verán onde é moi utilizado polas autocaravanas. Debido a súa antigüidade o pavimento atopábase moi deteriorado, presentando estreiteces en algúns tramos.

Resumidamente, a actuación neste vial consisteu primeriro nunha limpeza de todo o vial, para pasar posteriormente a darlle unha capa de asfaltado en quente; posteriormente dotouse a estrada cunha cuneta de 60 cm revestida de formigón. A actuación neste vial rematou coa completa sinalización horizontal (pintado do vial) e vertical, a cal acaba de finalizarse.

   Grazas a esta actuación o vial pasou a ter 5 metros de ancho, frente aos 3 mts iniciais, dotando tamén o vial con algunhas zonas de sobreancho. Esta obra, que conta cun investimento importante de 197.230 €uros, vai permitir unha maior comodida e unha mellor seguridade nos desprazamentos.

   A financiación, compartida polo Concello e a Deputación, foi a seguinte:Concello: 12.064,70 €  e dende a  Deputación de Lugo: 185.165,30 €

VIAL A PORTOCELO E CANELAS 1

PLAN PROVINCIAL UNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2021

CARTE3L

Proxectos de Aforro e Mellora Enerxética na Administración Local 2021

 Polo Concello de Xove ó abeiro do financiamento obtido do INEGA ó abeiro da Resolución do <<<<<<< pola que se establecen as bases reguladoras e anunciase a convocatoria en réxime de concurrencia competitiva de Subvencións para a Creación, Mellora e Ampliación de Pequenas Infraestructuras Mediante Proxectos de Aforro e Eficiencia Energética na Administración Local, confinanciadas co FEADER no marco do PDR de Galicia 2014-2020, estánse a executar as seguintes obras:

  • Mellora do alumeado público en Palmeiro cun Orzamento  total de 13.409,03 €, e unha subvención de 10.056,77 €.
  • Mellora do alumeado público en Ancil cun Orzamento  total de 28.459,97 €, e unha subvención de 21.344,98 €.

 

Obra: MELLORAS FUNCIONAIS DA EDAR DO POLIGONO INDUSTRIAL CAMBA

MEMBRETE

 

  • Obra: MELLORAS FUNCIONAIS DA EDAR DO POLIGONO INDUSTRIAL CAMBA
  • Orzamento Total: 57.129,58 € (IVE INCLUIDO)
  • Subvención Concedida por Augas de Galicia (UNIÓN EUROPEA-FONDOS FEDER) : 50.000,00 €
  • Adxudicatario das Obras: HICOGAL TECNOLOGÍAS  S.L.
  • Prezo de Adxudicación: 60.500,00 € (IVE INCLUIDO)
  • Prazo de Adxudicación: 3 MESES

 

 

 

 

 

 

Obra: MELLORAS FUNCIONAIS E DE TRATAMENTO DA ETAP DE MONTEBELLE.

MEMBRETE

 

  • Obra: MELLORAS FUNCIONAIS E DE TRATAMENTO DA ETAP DE MONTEBELLE.Recurso-214x
  • Orzamento Total: 57.129,58 € (IVE INCLUIDO)
  • Subvención Concedida por Augas de Galicia (UNIÓN EUROPEA-FONDOS FEDER) : 50.000,00 €
  • Adxudicatario das Obras: AQUA-NOR AGUAS DEL NOROESTE S.L.
  • Prezo de Adxudicación: 45.132,37 € (IVE INCLUIDO)
  • Prazo de Adxudicación: 3 MESES

 

 

 

 

 

 

Melloras realizadas no Pavillón Municipal de Deportes de Xove

    De todas as instalacións sociais, deportivas e culturais do Concello, seguramente o Pavillón Municipal de Deportes sexa, senón a máis usada, si unha das máis utilizadas para realizar actividades de todo tipo. Asociacións e clubs danlle un uso regular e intensivo, ao cal temos que sumarlle a realización de cursos, clinics e eventos varios ao longo de todo o ano. Lóxicamente, o uso intensivo produce un desgaste nos distintos materiais que componen a instalación. Non podemos olvidarnos que é unha instalación con máis de 30 anos de funcionamento pleno. Debido a isto, por parte do Concello procedeuse nos últimos meses a realizar unha serie de obras interiores e exteriores no Pavillón co fin de polo ao día.

mellora3

Tres foron as cuestións abordadas nos últimos meses no pavillón:

    • Sustitución da cuberta de policarbonato.
    • Mellora do aislamento acústico e térmico.
    • Instalacións de novas redes de protección nos fondos.

   Sustitución da cuberta de policarbonato.- Esta estaba en mal estado, e ademáis o último temporal de febreiro provocou que moitas chapas quedaran soltas ou con froxedades, provocando goteiras e desperfectos nas madeiras, impedindo un bó desenvolvemento das actividades. Debido a isto, procedeuse á sustitución das chapas por outras novas, traballos que foron realizados pola empresa Evox Vertical. O custo desta actuación foi de 45.113,64 €uros.

Mellora do aislamento acústico e térmico.- Primeiro procedeuse á retirada do aislamento existente, o cal foi sustituido por un panel de fachada tipo sándwich, fabricado con lana de roca de 50 mm de espesor, con cara interior microperforada, o cal proporciona absorción e aislamento acústico, e mellora o comportamento frente ao fogo e o aislamento térmico. Obra realizada por Iam Rumbo Instalaciones y Obras S.L. . O custo desta actuación foi de 45.252,87 euros.

   Instalacións de novas redes de protección nos fondos.- As vellas estaban moi deterioradas, moi estiradas e con múltiples roturas. A empresa que se encargou de sustituir as redes, as cales ocupan totalmente os dous fondo do pavillón, foi Instalaciones Bahiapark. O custo desta actuación foi de 6.031,85 €uros.

   Como resumen, o investimento total realizado nas tres actuacións do pavillón foi de 96.398,36 euros, financiados integramente polo noso Concello.

Renovada a Fonte Mol en Sumoas

O presente proxecto tivo por fin levar a cabo os traballos de restauración da FONTE MOL, coa sua edificación e lavadoiro, coa finalidade de dar servizo ao núcleo rural e parroquia de SUMOAS, integrándoa no seu entorno, aproveitando para sustituir as vellas pranchas de fibrocemento con amianto do tellado por unha nova cuberta, realizada con materiais tradicionais como madeira, tella e pizarra.

   A renovación foi total, non afectando únicamente ao tellado xa que tanto o muro que rodea a obra como a fonte-lavadoiro completa foron reconstruidos con materiais tradicionais, con varios tipos de pedra e Madeira

   A obra foi realizada pola empresa Construcciones SAA, contando cun presuposto final de 39.070,90 €, dos cales 23.529,13 €uros foron aportados polo noso Concello, correspondendo os   restantes 15.541,77 € a unha subvención do Fondo de Compensación Medioambiental da Xunta de Galicia.

Novo sistema de Licitación Electrónica (SILEX)

 Anuncio informativo para empresas e profesionais interesados en concorrer ás Licitacións convocadas polo Concello de Xove     

SILEX

O 9 de marzo de 2018 entrou en vigor a Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se transpoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014 (en adiante, LCSP). Dita Lei introduce importantes novidades nos procedementos de licitación, tanto para as entidades adxudicadoras como para as empresas que participan nas licitacións publicadas por estas. Neste sentido e aos efectos de facilitar a participación das empresas nos procedementos de licitación que vaia publicar o Excmo. Concello de Xove, mediante o presente anuncio dispóñense as seguintes recomendacións:

1.- Licitación Electrónica.- Unha das novidades máis relevantes nos procedementos de contratación é a obrigatoriedade de presentación electrónica de ofertas e, polo tanto, de licitar electrónicamente (D.A. 15ª LCSP).

Como consecuencia e, salvo excepcións, todas as licitacións promovidas polo Concello de Xove se efectuarán electrónicamente, empregándose o sistema de licitación electrónica da consellería de facenda da Xunta de Galicia (SILEX), regulado pola Orde de 28 de xullo de 2010. Cando un procedemento se licite polo tanto electrónicamente, a presentación de proposicións de forma física (papel, CD,…) a través de calquera rexistro administrativo ou oficina de correos dará lugar a exclusión do licitador. De igual xeito, as notificacións efectuaranse mediante comparencia electrónica e, con carácter excepcional, mediante dirección electrónica habilitada.

O SILEX é accesible desde a páxina da CONSELLERIA DE FACENDA, donde poden atoparse os distintos apartados que lles ofrecen a axuda precisa para facilitarlles a licitación: certificados electrónicos válidos, requisitos técnicos dos equipos informáticos, guia para comezar a licitar, así como un contorno de probas para efectuar simulacións.

2.- Inscrición no Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas clasificadas do sector público (ROLECSP) ou no Rexistro Xeral de Contratistas de Galicia (RXCG).- Outra das novidades importantes da LCSP é a aparición dun novo procedemento de licitación, o procedemento aberto simplificado (e a variante deste, o supersimplificado ou simplificado sumario), previsto no artigo 159, que pretende ser un procedemento que flexibilice e axilice a contratación.

Para participar neste tipo de procedemento esíxese que as empresas licitadoras estean inscritas no ROLECSP ou no rexistro oficial correspondente da Comunidade Autónoma, neste caso o RXCG, polo que se recomenda se realicen as xestións para a súa inscrición de maneira que non se impida a participación de empresas que non se atopen rexistradas.

Poden inscribirse nestes rexistros os datos de personalidade e capacidade de obrar, autorizacións e habilitacións, solvencia e clasificación empresarial, aos que se refire o artigo 339 da LCSP. O rexistro ten carácter electrónico e tanto as solicitudes de inscrición como a obtención de certificacións se tramitan de xeito telemático.

3.- PREGOS E RESTO DE DOCUMENTACIÓN CONTRACTUAL.- Poñemos no seu coñecemento que coa entrada en vigor da LCSP tanto os pregos de cláusulas administrativas particulares como os procedementos de contratación en sí mesmos sofren importantes novidades polo que se lles recomenda que os lean polo miúdo á hora de preparar as ofertas. Polo tanto e, a xeito de conclusión, aconséllase a todas as empresas e profesionais que desexen concorrer ás licitacións convocadas polo Concello de Xove que, dispoñendo do seu certificado dixital:

      • Tramiten a súa alta, ben no ROLECSP ou no RXCG
      • Descarguen nos seus equipos informáticos a Ferramenta de Licitación SILEX  *non funciona con Firefox por ahoraroll
      • Presenten unha oferta ficticia nos expedientes de probas publicados no contorno de probas, cun prazo razoable de antelación.
      • Examinen con detemento os pregos e en xeral toda a documentación do expediente de licitación
      • Non esgoten o prazo de presentación de ofertas, co gallo de evitar posibles problemas informáticos de última hora
      • Unha vez presentada a oferta e antes de finalizar, realicen unha copia de seguridade da documentación no seu equipo.

DDCERTIDIGI

 

Firma dun convenio para mellora do complexo do Centro Cívico

O Concello está a traballar en melloras enerxéticas, de renovación da envolvente térmica, das formas estéticas e da accesibilidade dos seis edificios que coforman actualmente o Complexo do Centro Cívico Municipal, co obxectivo de optar á obtención de fondo europeos FEDER (Programa POCS-Programa de axudas para proxectos de inversión que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono).

firmaconveniocivido18

   As instalacións do Centro Cívico, con 30 anos en funcionamento, foron froito nos anos 80 do pasado século, dun concurso aberto no que participaron máis de 20 equipos de arquitectura, contándose xa naquel momento coa asesoría do Colexio Oficial de Aquitectos de Galicia. Pois ben, despois de 30 anos de uso intensivo, as instalacións do Centro Cívico precisan dunha renovación profunda. Para realización da mesma preténdese contar cos mellores recursos e o mellor asesoramento externo.

   Neste sentido, o alcalde Demetrio Salgueiro acaba de asinar un Convenio con Raul José Veiga, Presidente do Colexio Oficial de Aquitectos de Galicia en Lugo. Extraemos os principais puntos do citado Convenio:

Objeto del convenio: El objeto del presente Convenio Marco es establecer el marco de colaboración entre el concello de Xove (en adelante Concello) y el Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (en adelante COAG), en orden a la convocatoria de la licitación de la auditoría energética de los seis edificios que conforman el complejo del centro cívico del municipio así como en orden a la convocatoria de un concurso de proyectos, a nivel de anteproyecto, para la renovación y remodelación de la plaza, renovación estética del conjunto edificado y de la accesibilidad que conforma dicho centro cívico para cuyo fin el concello de xove, desea contar con la colaboración del COAG para el asesoramiento en la:

Leer más:Firma dun convenio para mellora do complexo do Centro Cívico

Remata a obra de restauración da Fonte de Pereiraboa

Esta fonte, ubicada no burgo de Pereiraboa na parroquia de Xuances, atopábase nunha situación de total abandono. O Concello, seguindo a súa política de recuperación do seu patrimonio arquitectónico rural, decideu resturala;  esta iniciativa supón, ademáis da recuperación etnográfica da mesma, a dotación dun importante servizo a tódolos veciños do entorno, xa que, xunto coa fonte, tamén se recuperou o lavadoiro.

   Dentro das obras realizadas, destacamos:

q     Cambio da cuberta de uralita por pizarra.

q     Sustitución dos muros de mampostería por pedra granítica.

q     Sustitución do antigo lavadoiro de cemento e bloque por pedra granítica.

q     Sustitución da antiga soleira de hormigón por unha nova de pedra natural.

   Tódala actuación foi realizada co máximo respecto ao enterno natural e arquitectónico, empregándose elementos de construcción como a pizarra natural e morteiro tradiconal.  

O presuposto da obra foi de 30.619,96 €, contándose cunha subvención de 16.133,69 € da Dirección Xeral de Administración Local da Consellería  de Presidencia, con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental.

 

Posta en servizo da "vía de altas prestacións" ó seu paso por Xove

O presidente da Xunta  fixo a inauguración do  primeiro tramo do corredor do norte de Lugo co compromiso de avanzar na variante de Viveiro. lembrou que esta "esperada" infraestrutura supón "un paso importante na conectividade do norte da provincia de Lugo co resto da Comunidade".

Feijóo garantiu o compromiso da Xunta coa Mariña Lucense e de continuar as obras "cara á Coruña". Para iso, recoñeceu, a gran dificultade agora desta vía é Viveiro", cuxa variante aínda non conta cun trazado de consenso. "A Variante de Viveiro ten que ser o próximo obxectivo da Xunta", dixo o presidente, que se comprometeu a presentar un novo trazado "que represente para todos unha solución" e que permita "chegar a acordo".

Durante o acto de inauguración, o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, lembrou que esta infraestrutura para a Mariña é unha "demanda histórica" e unha "necesidade" para "unha das comarcas con máis potencial económico da provincia".

A Fonte Maior de Vilachá, completamente renovada polo Concello

O noso Concello ven abordando dende hai anos a recuperación de elementos arquitectónicos tradicionais e, dentro deles, as nosas fontes, son centro de especial atención, como é o presente caso, no que unha das fontes máis antigas e con maior uso do noso Concello, a FONTE MAIOR DE VILACHÁ, foi obxecto dunha importante renovación.

Esta fonte, que presentaba unha dobre estructura xa que incluía fonte e lavdoiro, estaba cuberta co fin de poder realizar labouras na mesma durante todo o ano. Nos últimos anos a fonte foise deteriorando progresivamente, a estrutura que a recubría prácticamente desapareceu e o lavadoiro atopábase totalmente inservible. Todas estas razóns levaron ao Concello a deseñar un plan integral de recuperación da fonte (fonte máis lavadoiro) e tamén o seu contorno, xa que se habilitou un cómodo acceso á mesma.

Os traballos realizados consistiron na limpeza dos distintos elementos pétreos, cando estes presentaban boas condicións, como no caso da fonte. En canto ao  lavadoiro e a cuberta, prácticamente houbo que realizalos de novo, iso sí, seguindo a tipoloxía tradicional e con elementos e materiales autóctonos, respectando sempre o espíritu pre-existente.

O investimento total da obra foi de 27.588,10 €uros, dos cales o Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia aportou 16.795,42 €, sendo o resto por conta do noso Concello.

A renovación desta fonte súmase á recuperación do patrimonio arquitectónico que o Concello de Xove ven realizando progresivamente nos últimos anos e que tamén abrangue outros elementos coma muiños (posta en valor dos mesmos coa creación da Ruta dos Muiños da Rigueira), edificios relixiosos e o seu contorno (por por un exemplo, teríamos a Igrexa de Xuances), e un longo etc.

Dende o Concello considéranse importante estas actuacións, e tamén prioritarias, xa que, de non actuar a tempo, moitas destas arquitecturas rurais  perderíanse para sempre; non cabe dúbida que un dos deberes de calquer administración, e neste caso a local, é a de preservar o noso patrimonio e transmitilo nas mellores condicións para as xeneracións vindeiras.

Por suposto, non nos olvidamos da parte práctrica da obra, xa que a partires de agora tódolos veciños de Vilachá e o seu contorno poderán disfrutar desta Fonte Maior. O mellor mantemento para preservar este conxunto para o futuro será o seu uso contínuo por parte dos veciños.

 

Obras para a mellora da accesibilidade

 O abeiro da orde de 21 de Xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ós concellos galegos, destinadas á mellora da accesibilidade nos edificios e espazos de uso público, cofinanciadas polo programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Galicia 2014/2020, e se procede á sua convocatoria para os anos 2016 e 2017, con data 24 de novembro de 2016 tense concedido pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia unha subvención por importe de 10.133,30 € da actuación Area do Centro Cívico, Reforma do Aparcadoiro, Zona Frontal, Area_1 (19 prazas).

cartel

.histórico de noticias.

Novo-->XeoPortal
Videos Pleno
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo