Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte 
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
 |
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE - 2026
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 17 de FEBREIRO de 2026 (MARTES DE CARNAVAL)
---> 31 de AGOSTO de 2026 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS

* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|

|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
 |
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Mellora da pavimentación e seguridade vial en gondar
- Detalles
-
Departamento de Obras
-
Creado en Miércoles, 26 Novembro 2025 18:49
-
Última actualización en Miércoles, 26 Novembro 2025 18:49
-
Publicado el Miércoles, 26 Novembro 2025 18:49
O Concello de Xove ven de arranxar a pista que une o burgo de Gondar, na parroquia de Monte, co límitrofe concello de Viveiro. Este acceso era moi demandado por veciños do lugar e por gandeiros e propietarios de parcelas que tiñan un acceso dificultoso para levar a cabo as tarefas agrícolas e gandeiras ou incluso acceder aos montes da sua propiedade.
Desta maneira o asfaltado do vial e a limpeza das cunetas conseguiron un ancheamento importante que vai facilitar o tránsito de vehículos e de maquinaria e redundará na seguridade vial da zona. Estas obras de acondicionamento foron levadas a cabo pola empresa Carferlo SL e supuxeron unha inversión total de 66.187 €.
Para este acondicionamento contouse cunha axuda de AGADER ao abeiro do programa Camiña Rural para o período 2025-2026 de 53.454 €. Trátase dunha iniciativa da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia para mellora e manter os camiños rurais e deste xeito con este plan pretendiase financiar obras que incluisen o reforzo do firme e a mellora da seguridade viaria e tamén camiños que deran acceso a parcelas agrícolas. Deste xeito ao acollerse o concello de Xove a este programa foi considerable o aforro que supuxo para as arcas municipais.

Obra de mellora do vial ó Portiño de Morás
- Detalles
-
Departamento de Obras
-
Creado en Martes, 11 Novembro 2025 17:48
-
Última actualización en Martes, 11 Novembro 2025 17:49
-
Publicado el Martes, 11 Novembro 2025 17:48
Éste luns vense de recepcionar a obra de pavimentación e mellora do vial que vai dende Xove hacia o Portiño de Morás, concretamente a estrada LU-P- 2601 ao seu paso por Sumoas. Esta obra foi realizada ao abeiro do Plan Único de Cooperación cos Concellos da Deputación de Lugo de 2024. O importe total da obra ascendeu a 145.628,33 euros e contouse con unha axuda da Deputación de 94.726,89 eur. A cantidade restante correu a cargo das arcas municipais e as obras consistiron en unha capa de aglomerado en quente que fai un firme consistente de reforzo do xa existente e a maiores a ampliación e mellora dunha zona de paso estreito que había en Sumoas, xusto nun tramo moi angosto entre casas concretamente no lugar de Poceiras. A obra levouse a cabo coa empresa- Construcciones y Canalizaciones José Saa S.L.

Este ancheamento do vial complementouse con un muro de contención conseguindo deste xeito liberar un punto negro de tráfico e dándolle máis seguridade ó vial tanto para o abundante tráfico que frecuenta como aos veciños da zona, que a maiores poden disfrutar pola marxe dun sendeiro que facilita a circulación a pé dos usuarios na ruta dende o pobo de Xove ata as inmediacións da igrexa de Sumoas.
Con éste acondicionamento os 2 kilómetros dende Xove a Sumoas da estrada LU-P-2601 quedan nun bon estado, fundamental para a seguridade vial posto que deste xeito redúcese o risco de accidentes e mellora a seguridade de conductores e peóns.
Ademáis deste xeito vaise facilitar a movilidade e o transporte; de aí tamén a importancia que lle da o concello a realizar un mantemento regular das estradas.
Comezan as obras de construcción do Parque Deportivo
- Detalles
-
Departamento de Obras
-
Creado en Martes, 08 Agosto 2023 09:20
-
Última actualización en Martes, 08 Agosto 2023 09:30
-
Publicado el Martes, 08 Agosto 2023 09:20
"En marcha la construcción en Xove del parque deportivo y de ocio más completo de Galicia".
El desmonte de la parcela de 9.000 metros cuadrados está listo y en breve comenzará la ejecución de los circuitos de «pumptrack» o «skate»
O futuro parque situarase nunha parcela que antiguamente estaba destinada a usos agrícolas e o proxecto arrancará no 2023 cun orzamento que superará os 820.000 euros.
Este parque estará situado na contorna da avenida da Deputación e a que actualmente é unha zona forestal e pradaría. Serán 9.014 metros cadrados divididos en 2.205 de zona verde, 1.378 de accesos como sendas e beirarrúas, 1.462 de zonas viais e aparcadoiros, e 3.969 metros cadrados de zonas lúdicas como os circuítos de skatepark, pumptrack ou calistenia.
O espazo contará cunha zona de aparcadoiro con estacionamento dotada de todos os servizos precisos para autocaravanas, un skatepark con forma de bowl aberto enfocado ao uso de patíns, scooters, skate e bmx e con zona de street; e un pumptrack enfocado tanto as bicicletas como a skates, patíns e scooters cun nivel experto pero accesible a todos.
 

Melloras na EDAR do Parque Empresarial de Camba
- Detalles
-
Departamento de Obras
-
Creado en Viernes, 04 Novembro 2022 14:09
-
Última actualización en Viernes, 04 Novembro 2022 14:09
-
Publicado el Viernes, 04 Novembro 2022 14:09
Melloras Ambientais e operacionais na EDAR do Parque Empresarial de Camba
Esta obra de mellora da EDAE do Polígono de Camba tivo unha triple vertente:
1º.- Renovación dos equipos de aireación dos reactores biolóxicos existentes.
2º.- Instalación dun sistema integral de automatización e control.
3º.- Rehabilitación do entorno e dos elementos de peche da EDAR, así como a urbanización do entorno das instalacións.
Esta importante obra, que vai mellorar moito a eficiencia da depuradora existente, foi realizada pola empresa Hicogal Tecnologías S.L..
O investimento final total foi de 94.915,85 €, financiado polo noso Concello (20%) e pola Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia (80%)

Arranxo de viais municipales 2022
- Detalles
-
Departamento de Obras
-
Creado en Jueves, 11 Agosto 2022 13:17
-
Última actualización en Jueves, 11 Agosto 2022 13:23
-
Publicado el Jueves, 11 Agosto 2022 13:17
A obra consisteu, básicamente, no acondicionamento e mellora de varios viales de acceso aos núcleos de Prada e Illade na Parroquia de Xuances e na Barxa na Parroquia de Lago.
Segundo o anterior, inda que abordadas de forma conxunta, podemos diferenciar tres actuacións distintas:
-
- 1.- Mellora do vial Prada-Praia de Esteiro (1609 mts) e ramal (330 mts), que supón 1.939 mts. de estrada, cun ancho variable entre 3,70 e 4 mts.
- 2.- Mellora do vial de acceso a Illade (946 mts) e ramais (629 + 500 mts), que supón 2.075 mts, cun ancho variable entre 3 e 4,7 mts.
- 3.- Mellora o vial de a Barxa á Praia de Lago (979 mts), cun ancho variable entre 4,50 e 11 mts.
Falamos dun total de 4.993 mts. de viais aos cales primeriro se lles realizou unha limpeza, para pasar posteriormente a darlle unha capa de asfaltado en quente, rematando a actuación coa completa sinalización horizontal (pintado do vial) e vertical da carretera. Esta obra, que conta cun investimento importante de 205.300,70 €uros, mellora a seguridade dos desprazamentos nas áreas intervidas; deste xeito, os accesos ás Praias de Lago e Esteiro, así como a unha boa parte da parroquia de Xuances, melloran sustancialmente, proporcionando unha maior comodidade aos usuarios nos seus desprazamentos. A financiación, compartida polo Concello e a Deputación, foi a seguinte: -Concello: 12.064,70 € -Deputación: 193.236,00 €

Arranxo do vial a Canelas e Portocelo
- Detalles
-
Departamento de Obras
-
Creado en Martes, 19 Xullo 2022 13:52
-
Última actualización en Martes, 19 Xullo 2022 13:54
-
Publicado el Martes, 19 Xullo 2022 13:52
Investidos 197.000 Euros no vial a Canelas e Portocelo.- Trátase dunha obra englobada dentro do Plan Único 2021 da Deputación Provincial. O proxecto consisteu en acondicionar e mellorar o vial que une os núcleos de Portocelo e Canelas coa Estrada Provincial LU-2601. Trátase dun vial de 1.980 mts, cunha anchura media de algo máis de 3 metros, moi usado e con bastante tráfico, mesmo no verán onde é moi utilizado polas autocaravanas. Debido a súa antigüidade o pavimento atopábase moi deteriorado, presentando estreiteces en algúns tramos.
Resumidamente, a actuación neste vial consisteu primeriro nunha limpeza de todo o vial, para pasar posteriormente a darlle unha capa de asfaltado en quente; posteriormente dotouse a estrada cunha cuneta de 60 cm revestida de formigón. A actuación neste vial rematou coa completa sinalización horizontal (pintado do vial) e vertical, a cal acaba de finalizarse.
Grazas a esta actuación o vial pasou a ter 5 metros de ancho, frente aos 3 mts iniciais, dotando tamén o vial con algunhas zonas de sobreancho. Esta obra, que conta cun investimento importante de 197.230 €uros, vai permitir unha maior comodida e unha mellor seguridade nos desprazamentos.
A financiación, compartida polo Concello e a Deputación, foi a seguinte:Concello: 12.064,70 € e dende a Deputación de Lugo: 185.165,30 €

PLAN PROVINCIAL UNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2021
- Detalles
-
Departamento de Obras
-
Creado en Viernes, 25 Febreiro 2022 09:10
-
Última actualización en Lunes, 24 Outubro 2022 09:11
-
Publicado el Viernes, 25 Febreiro 2022 09:10

Proxectos de Aforro e Mellora Enerxética na Administración Local 2021
- Detalles
-
Departamento de Obras
-
Creado en Jueves, 14 Outubro 2021 00:27
-
Última actualización en Jueves, 14 Outubro 2021 09:26
-
Publicado el Jueves, 14 Outubro 2021 00:27
Polo Concello de Xove ó abeiro do financiamento obtido do INEGA ó abeiro da Resolución do <<<<<<< pola que se establecen as bases reguladoras e anunciase a convocatoria en réxime de concurrencia competitiva de Subvencións para a Creación, Mellora e Ampliación de Pequenas Infraestructuras Mediante Proxectos de Aforro e Eficiencia Energética na Administración Local, confinanciadas co FEADER no marco do PDR de Galicia 2014-2020, estánse a executar as seguintes obras:
- Mellora do alumeado público en Palmeiro cun Orzamento total de 13.409,03 €, e unha subvención de 10.056,77 €.
- Mellora do alumeado público en Ancil cun Orzamento total de 28.459,97 €, e unha subvención de 21.344,98 €.

Obra: MELLORAS FUNCIONAIS DA EDAR DO POLIGONO INDUSTRIAL CAMBA
- Detalles
-
Departamento de Obras
-
Creado en Viernes, 08 Outubro 2021 11:15
-
Última actualización en Lunes, 07 Febreiro 2022 10:34
-
Publicado el Viernes, 08 Outubro 2021 11:15

- Obra: MELLORAS FUNCIONAIS DA EDAR DO POLIGONO INDUSTRIAL CAMBA

- Orzamento Total: 57.129,58 € (IVE INCLUIDO)
- Subvención Concedida por Augas de Galicia (UNIÓN EUROPEA-FONDOS FEDER) : 50.000,00 €
- Adxudicatario das Obras: HICOGAL TECNOLOGÍAS S.L.
- Prezo de Adxudicación: 60.500,00 € (IVE INCLUIDO)
- Prazo de Adxudicación: 3 MESES
Obra: MELLORAS FUNCIONAIS E DE TRATAMENTO DA ETAP DE MONTEBELLE.
- Detalles
-
Departamento de Obras
-
Creado en Martes, 21 Setembro 2021 11:15
-
Última actualización en Jueves, 20 Xaneiro 2022 11:22
-
Publicado el Martes, 21 Setembro 2021 11:15

- Obra: MELLORAS FUNCIONAIS E DE TRATAMENTO DA ETAP DE MONTEBELLE.

- Orzamento Total: 57.129,58 € (IVE INCLUIDO)
- Subvención Concedida por Augas de Galicia (UNIÓN EUROPEA-FONDOS FEDER) : 50.000,00 €
- Adxudicatario das Obras: AQUA-NOR AGUAS DEL NOROESTE S.L.
- Prezo de Adxudicación: 45.132,37 € (IVE INCLUIDO)
- Prazo de Adxudicación: 3 MESES
Melloras realizadas no Pavillón Municipal de Deportes de Xove
- Detalles
-
Departamento de Obras
-
Creado en Martes, 07 Xullo 2020 13:26
-
Última actualización en Martes, 07 Xullo 2020 13:30
-
Publicado el Martes, 07 Xullo 2020 13:26
De todas as instalacións sociais, deportivas e culturais do Concello, seguramente o Pavillón Municipal de Deportes sexa, senón a máis usada, si unha das máis utilizadas para realizar actividades de todo tipo. Asociacións e clubs danlle un uso regular e intensivo, ao cal temos que sumarlle a realización de cursos, clinics e eventos varios ao longo de todo o ano. Lóxicamente, o uso intensivo produce un desgaste nos distintos materiais que componen a instalación. Non podemos olvidarnos que é unha instalación con máis de 30 anos de funcionamento pleno. Debido a isto, por parte do Concello procedeuse nos últimos meses a realizar unha serie de obras interiores e exteriores no Pavillón co fin de polo ao día.

Tres foron as cuestións abordadas nos últimos meses no pavillón:
-
- Sustitución da cuberta de policarbonato.
- Mellora do aislamento acústico e térmico.
- Instalacións de novas redes de protección nos fondos.
Sustitución da cuberta de policarbonato.- Esta estaba en mal estado, e ademáis o último temporal de febreiro provocou que moitas chapas quedaran soltas ou con froxedades, provocando goteiras e desperfectos nas madeiras, impedindo un bó desenvolvemento das actividades. Debido a isto, procedeuse á sustitución das chapas por outras novas, traballos que foron realizados pola empresa Evox Vertical. O custo desta actuación foi de 45.113,64 €uros.
Mellora do aislamento acústico e térmico.- Primeiro procedeuse á retirada do aislamento existente, o cal foi sustituido por un panel de fachada tipo sándwich, fabricado con lana de roca de 50 mm de espesor, con cara interior microperforada, o cal proporciona absorción e aislamento acústico, e mellora o comportamento frente ao fogo e o aislamento térmico. Obra realizada por Iam Rumbo Instalaciones y Obras S.L. . O custo desta actuación foi de 45.252,87 euros.
Instalacións de novas redes de protección nos fondos.- As vellas estaban moi deterioradas, moi estiradas e con múltiples roturas. A empresa que se encargou de sustituir as redes, as cales ocupan totalmente os dous fondo do pavillón, foi Instalaciones Bahiapark. O custo desta actuación foi de 6.031,85 €uros.
Como resumen, o investimento total realizado nas tres actuacións do pavillón foi de 96.398,36 euros, financiados integramente polo noso Concello.
Renovada a Fonte Mol en Sumoas
- Detalles
-
Departamento de Obras
-
Creado en Jueves, 18 Xuño 2020 12:31
-
Última actualización en Jueves, 18 Xuño 2020 12:34
-
Publicado el Jueves, 18 Xuño 2020 12:31
O presente proxecto tivo por fin levar a cabo os traballos de restauración da FONTE MOL, coa sua edificación e lavadoiro, coa finalidade de dar servizo ao núcleo rural e parroquia de SUMOAS, integrándoa no seu entorno, aproveitando para sustituir as vellas pranchas de fibrocemento con amianto do tellado por unha nova cuberta, realizada con materiais tradicionais como madeira, tella e pizarra.

A renovación foi total, non afectando únicamente ao tellado xa que tanto o muro que rodea a obra como a fonte-lavadoiro completa foron reconstruidos con materiais tradicionais, con varios tipos de pedra e Madeira
A obra foi realizada pola empresa Construcciones SAA, contando cun presuposto final de 39.070,90 €, dos cales 23.529,13 €uros foron aportados polo noso Concello, correspondendo os restantes 15.541,77 € a unha subvención do Fondo de Compensación Medioambiental da Xunta de Galicia.
Novo sistema de Licitación Electrónica (SILEX)
- Detalles
-
Departamento de Obras
-
Creado en Martes, 02 Abril 2019 13:35
-
Última actualización en Martes, 02 Abril 2019 17:07
-
Publicado el Martes, 02 Abril 2019 13:35
Anuncio informativo para empresas e profesionais interesados en concorrer ás Licitacións convocadas polo Concello de Xove

O 9 de marzo de 2018 entrou en vigor a Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se transpoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014 (en adiante, LCSP). Dita Lei introduce importantes novidades nos procedementos de licitación, tanto para as entidades adxudicadoras como para as empresas que participan nas licitacións publicadas por estas. Neste sentido e aos efectos de facilitar a participación das empresas nos procedementos de licitación que vaia publicar o Excmo. Concello de Xove, mediante o presente anuncio dispóñense as seguintes recomendacións:
1.- Licitación Electrónica.- Unha das novidades máis relevantes nos procedementos de contratación é a obrigatoriedade de presentación electrónica de ofertas e, polo tanto, de licitar electrónicamente (D.A. 15ª LCSP).
Como consecuencia e, salvo excepcións, todas as licitacións promovidas polo Concello de Xove se efectuarán electrónicamente, empregándose o sistema de licitación electrónica da consellería de facenda da Xunta de Galicia (SILEX), regulado pola Orde de 28 de xullo de 2010. Cando un procedemento se licite polo tanto electrónicamente, a presentación de proposicións de forma física (papel, CD,…) a través de calquera rexistro administrativo ou oficina de correos dará lugar a exclusión do licitador. De igual xeito, as notificacións efectuaranse mediante comparencia electrónica e, con carácter excepcional, mediante dirección electrónica habilitada.
O SILEX é accesible desde a páxina da CONSELLERIA DE FACENDA, donde poden atoparse os distintos apartados que lles ofrecen a axuda precisa para facilitarlles a licitación: certificados electrónicos válidos, requisitos técnicos dos equipos informáticos, guia para comezar a licitar, así como un contorno de probas para efectuar simulacións.
2.- Inscrición no Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas clasificadas do sector público (ROLECSP) ou no Rexistro Xeral de Contratistas de Galicia (RXCG).- Outra das novidades importantes da LCSP é a aparición dun novo procedemento de licitación, o procedemento aberto simplificado (e a variante deste, o supersimplificado ou simplificado sumario), previsto no artigo 159, que pretende ser un procedemento que flexibilice e axilice a contratación.
Para participar neste tipo de procedemento esíxese que as empresas licitadoras estean inscritas no ROLECSP ou no rexistro oficial correspondente da Comunidade Autónoma, neste caso o RXCG, polo que se recomenda se realicen as xestións para a súa inscrición de maneira que non se impida a participación de empresas que non se atopen rexistradas.
Poden inscribirse nestes rexistros os datos de personalidade e capacidade de obrar, autorizacións e habilitacións, solvencia e clasificación empresarial, aos que se refire o artigo 339 da LCSP. O rexistro ten carácter electrónico e tanto as solicitudes de inscrición como a obtención de certificacións se tramitan de xeito telemático.
3.- PREGOS E RESTO DE DOCUMENTACIÓN CONTRACTUAL.- Poñemos no seu coñecemento que coa entrada en vigor da LCSP tanto os pregos de cláusulas administrativas particulares como os procedementos de contratación en sí mesmos sofren importantes novidades polo que se lles recomenda que os lean polo miúdo á hora de preparar as ofertas. Polo tanto e, a xeito de conclusión, aconséllase a todas as empresas e profesionais que desexen concorrer ás licitacións convocadas polo Concello de Xove que, dispoñendo do seu certificado dixital:
-
-
- Tramiten a súa alta, ben no ROLECSP ou no RXCG
- Descarguen nos seus equipos informáticos a Ferramenta de Licitación SILEX *non funciona con Firefox por ahora

- Presenten unha oferta ficticia nos expedientes de probas publicados no contorno de probas, cun prazo razoable de antelación.
- Examinen con detemento os pregos e en xeral toda a documentación do expediente de licitación
- Non esgoten o prazo de presentación de ofertas, co gallo de evitar posibles problemas informáticos de última hora
- Unha vez presentada a oferta e antes de finalizar, realicen unha copia de seguridade da documentación no seu equipo.

Firma dun convenio para mellora do complexo do Centro Cívico
- Detalles
-
Departamento de Obras
-
Creado en Martes, 10 Xullo 2018 16:44
-
Última actualización en Martes, 10 Xullo 2018 16:54
-
Publicado el Martes, 10 Xullo 2018 16:44
O Concello está a traballar en melloras enerxéticas, de renovación da envolvente térmica, das formas estéticas e da accesibilidade dos seis edificios que coforman actualmente o Complexo do Centro Cívico Municipal, co obxectivo de optar á obtención de fondo europeos FEDER (Programa POCS-Programa de axudas para proxectos de inversión que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono).

As instalacións do Centro Cívico, con 30 anos en funcionamento, foron froito nos anos 80 do pasado século, dun concurso aberto no que participaron máis de 20 equipos de arquitectura, contándose xa naquel momento coa asesoría do Colexio Oficial de Aquitectos de Galicia. Pois ben, despois de 30 anos de uso intensivo, as instalacións do Centro Cívico precisan dunha renovación profunda. Para realización da mesma preténdese contar cos mellores recursos e o mellor asesoramento externo.
Neste sentido, o alcalde Demetrio Salgueiro acaba de asinar un Convenio con Raul José Veiga, Presidente do Colexio Oficial de Aquitectos de Galicia en Lugo. Extraemos os principais puntos do citado Convenio:
Objeto del convenio: El objeto del presente Convenio Marco es establecer el marco de colaboración entre el concello de Xove (en adelante Concello) y el Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (en adelante COAG), en orden a la convocatoria de la licitación de la auditoría energética de los seis edificios que conforman el complejo del centro cívico del municipio así como en orden a la convocatoria de un concurso de proyectos, a nivel de anteproyecto, para la renovación y remodelación de la plaza, renovación estética del conjunto edificado y de la accesibilidad que conforma dicho centro cívico para cuyo fin el concello de xove, desea contar con la colaboración del COAG para el asesoramiento en la:
Leer más:Firma dun convenio para mellora do complexo do Centro Cívico
Remata a obra de restauración da Fonte de Pereiraboa
- Detalles
-
Departamento de Obras
-
Creado en Lunes, 23 Outubro 2017 19:10
-
Última actualización en Lunes, 23 Outubro 2017 19:16
-
Publicado el Lunes, 23 Outubro 2017 19:10
Esta fonte, ubicada no burgo de Pereiraboa na parroquia de Xuances, atopábase nunha situación de total abandono. O Concello, seguindo a súa política de recuperación do seu patrimonio arquitectónico rural, decideu resturala; esta iniciativa supón, ademáis da recuperación etnográfica da mesma, a dotación dun importante servizo a tódolos veciños do entorno, xa que, xunto coa fonte, tamén se recuperou o lavadoiro.
Dentro das obras realizadas, destacamos:
q Cambio da cuberta de uralita por pizarra.
q Sustitución dos muros de mampostería por pedra granítica.
q Sustitución do antigo lavadoiro de cemento e bloque por pedra granítica.
q Sustitución da antiga soleira de hormigón por unha nova de pedra natural.
Tódala actuación foi realizada co máximo respecto ao enterno natural e arquitectónico, empregándose elementos de construcción como a pizarra natural e morteiro tradiconal.

O presuposto da obra foi de 30.619,96 €, contándose cunha subvención de 16.133,69 € da Dirección Xeral de Administración Local da Consellería de Presidencia, con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental.
Posta en servizo da "vía de altas prestacións" ó seu paso por Xove
- Detalles
-
Departamento de Obras
-
Creado en Viernes, 13 Xaneiro 2017 09:33
-
Última actualización en Martes, 17 Xaneiro 2017 22:28
-
Publicado el Viernes, 13 Xaneiro 2017 09:33
O presidente da Xunta fixo a inauguración do primeiro tramo do corredor do norte de Lugo co compromiso de avanzar na variante de Viveiro. lembrou que esta "esperada" infraestrutura supón "un paso importante na conectividade do norte da provincia de Lugo co resto da Comunidade".
Feijóo garantiu o compromiso da Xunta coa Mariña Lucense e de continuar as obras "cara á Coruña". Para iso, recoñeceu, a gran dificultade agora desta vía é Viveiro", cuxa variante aínda non conta cun trazado de consenso. "A Variante de Viveiro ten que ser o próximo obxectivo da Xunta", dixo o presidente, que se comprometeu a presentar un novo trazado "que represente para todos unha solución" e que permita "chegar a acordo".
Durante o acto de inauguración, o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, lembrou que esta infraestrutura para a Mariña é unha "demanda histórica" e unha "necesidade" para "unha das comarcas con máis potencial económico da provincia".
|
|
|
|
 |
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|