Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte 
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
 |
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2025
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2025 (San Antón)
---> 1 de setembro de 2025 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS

* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
 |
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Rematadas as obras de “Mellora de accesos a explotacións agrarias do Concello de Xove”
- Detalles
-
Departamento de Obras
-
Creado en Lunes, 10 Outubro 2016 16:28
-
Última actualización en Lunes, 10 Outubro 2016 16:51
-
Publicado el Lunes, 10 Outubro 2016 16:28
Xa foron rematadas as obras de “Mellora de accesos a explotacións agrarias do Concello de Xove” (PEIM 2016) executadas en Labradela e Carballás por importe de 71.980,00 euros e financiadas pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural ao abeiro da resolución de 25 de xaneiro de 2016 e o Concello de Xove.

Consellos para a Mellora na Xestión de Residuos
- Detalles
-
Departamento de Obras
-
Creado en Viernes, 08 Xullo 2016 14:22
-
Última actualización en Viernes, 08 Xullo 2016 17:33
-
Publicado el Viernes, 08 Xullo 2016 14:22
NORMAS DE FUNCIONAMENTO DO SERVIZO DE RECOLLIDA DE MATERIAIS PARA O SEU TRASLADO AO PUNTO LIMPO
- Comunicar o aviso chamando ao Teléfono do Concello (982.59.20.01) e indicar o material do que se quere desfacer (mobles vellos, electrodomésticos inservibles), e a súa ubicación.
- Cando haxa avisos suficientes procederase dende o concello á súa retirada , empregando o Vehículo Municipal para darlle traslado ao punto limpo. servizo gratuito.
Para os veciños que queiran depositar directamente os materiais no punto limpo (Polígono Industrial de Camba), o horario é o seguinte:
- NO INVERNO: -Luns: de 8:00h. a 14:30h. -Martes a Venres: 8:00h. a 15:00h. -Sábados: 10:00h. a 13:00h.
- NO VERÁN: -Luns: de 9:00h. a 14:00h. - Martes a Venres: 9:00h. a 14:30h. -Sábados: 10:00h. a 13:00h.
Queda totalmente prohibido depositar nos contedores herba cortada, restos de animais mortos, restos de material de obra, neumáticos, de ser así, a empresa encargada da recollida do lixo, deixará sen baleirar ese contedor.
Para unha mellor e mais áxil recollida do lixo, debemos ter en conta:
-
- Contedor Verde: restos orgánicos.
- Contedor Amarelo: plásticos, latas e briks.
- Contedor Azul: papel e cartón.
- Contedor Verde redondo: vidro.
- Contedor Verde cadrado: aceite de cociña usado.
- Contedor Azul claro cadrado: roupa e calzado inservibles.
RECOLLE OS EXCREMENTOS DO TEU CAN E A TUA RESPONSABILIDADE!
Leer más:Consellos para a Mellora na Xestión de Residuos
EN FUNCIONAMENTO OS NOVOS ASEOS DO PARQUE DE XOVE
- Detalles
-
Departamento de Obras
-
Creado en Jueves, 30 Abril 2015 12:22
-
Última actualización en Jueves, 30 Abril 2015 12:25
-
Publicado el Jueves, 30 Abril 2015 12:22
O Parque Municipal de Xove, ubicado enfronte da Praza do Centro Cívico, conta dende agora cuns novos aseos. O Concello construiu nun lateral da parte traseira do Pavillón de Deportes uns locais adicados a este fin.O Parque é un lugar central en Xove; usado ao longo de todo o ano por moitísimas persoas, dende mamás e papás cos seus neos ata persoas maiores, xa que conta cunha área con aparellos de mellora física, ten dende agora uns novos aseos, adaptados a persoas con minusvalías. A posta en marcha destes servicios responde a unha demanda dos usuarios, os cales, dende agora, xa poderán disfrutar destas novas instalacións, facilitándolles ao mesmo tempo o uso e disfrute do propio Parque.

Eliminación dun punto negro do acceso á praia de esteiro
- Detalles
-
Departamento de Obras
-
Creado en Miércoles, 15 Abril 2015 14:22
-
Última actualización en Viernes, 17 Abril 2015 21:04
-
Publicado el Miércoles, 15 Abril 2015 14:22
Esta obra, denominada “Mellora de seguridade no núcleo de Ceranzos”, está incluída no POS (PLAN DE OBRAS E SERVIZOS) da Deputación. Conta a mesma cun investimento de 28.931,91 €uros, dos cales o noso Concello aporta 15.775,05 €uros, aportanto da Deputación o resto.
A estrada, que conduce á Praia de Esteiro e ten o seu inicio no cruce de A Vara, ten no núcleo de Ceranzos un punto negro, un auténtico tapón entre dúas casas, tan estreito que impide o paso de dous coches simultaneamente, dificultando tamén o paso dos autobuses escolares; estamos a falar dunha estrada que, sobre todo nos meses estivais, ten moito tráfico, xa que conduce a nosa praia de Bandeira Azul de Esteiro. Pois ben, dende o Concello decideuse eliminar este punto negro, incluíndoo no POS deste ano 2015.A obra, que se está executando nestes intres, consiste en eliminar unha das casas (que está abandonada dende hai anos) para así gañar espacio e facilitar o tránsito. A área vaise retranquear, quedando limitada cun muro de nova construcción. En definitiva, unha moi sustancial mellora desta estrada, que sen dúbida notarán os veciños e os moitos visitantes e usuarios da Praia de Esteiro.

Obras de mellora nas aula da Escola Municipal de Música de Xove
- Detalles
-
Departamento de Obras
-
Creado en Martes, 24 Marzo 2015 18:07
-
Última actualización en Martes, 24 Marzo 2015 18:37
-
Publicado el Martes, 24 Marzo 2015 18:07
Esta Escola, ubicada no antigo Colexio de Palmeiro, acaba de ser obxecto de importantes reformas nas súas aulas. A dinámica diaria de funcionamento da Escola, xunto coa intensa actividade da mesma, fixo necesaria a reforma dunha parte importante das aulas da mesma. Básicamente, o que se fixo foi dividir algunhas das aulas co fin de ampliar o número de espazos da Escola. Con isto preténdese aproveitar e rendabilizar máis os espazos existentes, adecuando os distintos espazos ás actividades propias da Escola.
Agora a Escola dispón de dous tipos de espazos, uns máis grandes con aulas destinadas a grupos numerosos para música en movemento, linguaxe musical, coro, orquestra,..., e outros máis pequenos para traballar individualmente ou con pequenos grupos de cámara. En definitiva, con estas obras preténdese MELLORAR O FUNCIONAMENTO DIARIO DA ESCOLA coa conseguinte MELLORA NA CALIDADE DOS ESTUDIOS MUSICAIS. Estas obras de adecuación foron realizadas polo personal de obras do propio Concello, contando cun investimento cercano aos 12.000 €.-
Aberto o prazo para solicitar Axudas a lucido exterior de Vivendas 2015
- Detalles
-
Departamento de Obras
-
Creado en Miércoles, 04 Marzo 2015 13:37
-
Última actualización en Miércoles, 04 Marzo 2015 21:42
-
Publicado el Miércoles, 04 Marzo 2015 13:37
A Xunta de Goberno Local do Concello, en sesión de data 25/2/015, acordou a aprobación das bases que rexerán a concesión de subvencións para o remate exterior (lucido de fachadas) de vivendas unifamiliares con mais de 5 anos de antigüidade,acondicionamento do entorno e accesos a vivendas unifamiliares no termino municipal desde vias de titularidade pública así como para a construcción ou acondicionamento de muros opacos de peche de solares no casco urbano de Xove.
CONVOCATORIA E BASES NO PORTAL TRANSPARENCIA -->
A finalidade destas subvencións é a de mellorar a estética das vivendas dos nosos veciños co fin de que se integren mellor na paisaxística rural, pero tamén se pretende mellorar o entorno das propias vivendas, facilitando o acceso das mesmas. A mellora da calidade das vivendas e os seus entornos contribúe significativamente á mellora da calidade de vida dos veciños que as habitan.
Prazo de presentación de solicitudes : Do día 2 de marzo ata o 12 DE XUÑO DE 2015 ( Ambalas dúas datas incluídas) .-IMPORTE MÁXIMO : 450€
Leer más:Aberto o prazo para solicitar Axudas a lucido exterior de Vivendas 2015
Telefónica leva INTERNET ós Núcleos Rurais do Concello
- Detalles
-
Departamento de Obras
-
Creado en Martes, 13 Maio 2014 14:18
-
Última actualización en Martes, 13 Maio 2014 14:42
-
Publicado el Martes, 13 Maio 2014 14:18
O director de Telefónica en Galicia visitou hoxe o concello para explicar as melloras introducidas trala conclusión do Plan de Banda Larga da Xunta
-
- Máis de mil setecentos veciños poderanse beneficiar do despregamento da tecnoloxía 3G-UMTS
- Dispoñen xa das mesmas ofertas que nas cidades, e en toda a área mellorou a cobertura de datos en mobilidade
- No conxunto de A Mariña, máis de 11.500 habitantes de 856 núcleos de poboación poden xa acceder a Internet
Máis de mil setecentos veciños de Xove poden acceder xa á Internet de calidade trala conclusión neste concello, por parte de Telefónica e dentro do Plan de Banda Larga da Xunta de Galicia, dos traballos de despregamento da tecnoloxía UMTS-3G. Os núcleos de poboación beneficiados no despregue son os de O Alto de Gago, Ancil, A Áspera, A Barxa, As Casas Longas, A Torre, Vilar, As Cancelas, Gondar, As Hedradas, O Loureiro, As Penas Agudas, O San Salvador, O Soutovello, Vilariño, A Aldea de Abaixo, A Aldea de Arriba, O Barreiro, O Carballo, As Cruces, O Portiño, Canelas, Portocelo, San Cristovo, Vilachá, Vilapol, A Abelá, O Canaledo, Cornide, Os Cortellos, Ferrol, Labradela, Lamas, O Pazo, Pazos, A Ponte do Carro, O Pradovello, Regosangüento, San Vicente, Soutorredondo, O Torrillón, Ventoselle, Vila, Vilela, Albarán, A Cabandela, O Cabo, Fontaíña, As Fontes, Xanarde, O Lagar, A Lagoela, Lodeiro, As Poceiras, A Torre, A Rocha, A Aceveda, O Bargo, Cabo de Vila, Camba, Campo Susao, Castelo, Ceranzos, O Cruceiro, Fontao, Illade, Os Loureiros, Pena, Pereiraboa, Prada, Reboredo, Toimil e A Vara. En todos eles pódese acceder xa á Internet con velocidades de 7 megas. É unha oferta de completo Hogar Dixital, pois Telefónica subministrará unha base wifi á que se poden conectar vías inalámbrica distintos dispositivos como o ordenador, o móbil ou a tableta. O director de Telefónica en Galicia, Manuel Alonso, trasladou hoxe os detalles do despregamento ao alcalde do municipio, Demetrio Salgueiro. Ambos compareceron posteriormente ante os medios para dar conta dos resultados obtidos polo plan en Xove. Tecnoloxía 3G .-A tecnoloxía empregada por Telefónica é a UTMS-3G na banda de 900 Mhz., con grande capacidade de propagación en zonas rurais orográficamente complexas. Deste xeito, ademais de poder contratar o acceso á Rede, a cobertura de datos en mobilidade mellorou sensiblemente no entorno dos devanditos núcleos de poboación, puidendo ser activada nalgúns casos por primeira vez. Para elo, Telefónica puxo en servicio dous novas estacións base en Xove, unha en Xuances e outra en As Cancelas, e dotou con tecnoloxía UMTS-900 as outras tres xa existentes en Camposusao, Xove e Mandela. A estas habería que sumar as de Penedo, O Castelo ou Leiro, que a pesar de estar en concellos limítrofes, tamén dan cobertura ao municipio.
O despregamento en Xove forma parte das actuacións do Plan de Banda Larga para dotar de cobertura a todos os galegos. Esta acción, adxudicada a Telefónica en setembro de 2011, ten como obxectivo facilitar o acceso á Rede de 11.300 novos núcleos de poboación galegos ubicados en zonas de Galicia de especial complexidade orográfica, e nos que viven 250.000 persoas.

Máis cobertura na comarca .- No conxunto da comarca de A Mariña, Telefónica facilitou xa o acceso a Internet a máis de oitocentos cincuenta núcleos de poboación de catorce concellos -Alfoz, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, O Valadouro, Barreiros, Ribadeo, A Pontenova, Trabada, Cervo, Ourol, O Vicedo, Viveiro y Xove-, o que supón que un total de 11.511 habitantes poidan actualmente conectarse a rede. Para elo, a Compañía conta con corenta e tres estacións con tecnoloxía UMTS-900 na comarca, as que habería que engadir oito máis previstas para entrar en servicio este ano.
Coa finalización do plan, Telefónica dotará de cobertura na Mariña a un total de 1.020 núcleos de poboación, o que beneficiará a 12.273 habitantes.
Máis do 97% dos galegos con acceso a Internet grazas ao Plan
O Plan de Banda Larga permitiu o acceso á Internet a máis de 710.000 galegos que carecían de cobertura en 2010. Grazas aos despregamentos do Plan a porcentaxe de poboación con cobertura pasou do 71% en 2009 ao 97% a día de hoxe.
A posta en marcha destas iniciativas está a conseguir que Galicia reduza a fenda interna entre as zonas rurais e urbanas. En 2010 a diferenza media na dispoñibilidade de acceso á banda larga entre as provincias do interior e as do eixo atlántico era do 20%, e grazas ao plan esta porcentaxe diminuiu en 2012 ata un 3,5%.
Mellorando ó acceso ó embalse do Torrillón
- Detalles
-
Departamento de Obras
-
Creado en Lunes, 05 Maio 2014 22:10
-
Última actualización en Lunes, 05 Maio 2014 22:25
-
Publicado el Lunes, 05 Maio 2014 22:10
As obras de MELLORA DO ACCESO AO EMBALSE DO TORRILLÓN están prácticamente rematadas, tal como puideron comprobar hoxe o alcalde Demetrio Salgueiro e o arquitecto técnico municipal Benigno Mon, na visita que realizaron ao lugar. Este embalse, situado no lugar do Torrillón, nun outo da parroquia de A Rigueira, é un dos principais lugares de captación de auga do Concello, captando as augas do Río Rigueira.
As obras consistiron na apertura dunha pista de 300 metros de longo ata cerca do encoro. Esta pista, que inicialmente era un pequeno sendeiro de escasamente 1 metro de ancho, agora é un vial de 4 metros de ancho, o que permite o paso de vehículos ata as inmediacións. No remate desta pista construiuse unha ampla zona que permite virar (dar a volta) aos vehiculos que se desplacen ata alí para realizar labouras de mantemento.
Dende o final da citada pista ata o encoro propiamente dito hai algo máis de 100 metros, de moi difícil acceso, xa que se trata dunha zona escarpada. A solución proposta e realizada foi crear unha pasarela metálica que sigue o curso da arribada ata chegar ao embalse.

Con esta actuación persíguese facilitar a chegada dos equipos de mantemento do encoro á súa proximidade, traballo que antes se facía moi penoso xa que había que transportar os citados equipos de mantemento a man durante unha longa distancia.
Outra característica importante desta obra foi o respecto polo entorno, xa que a zona onde se ubica o encoro ten unha floresta moi bonita e ben conservada, que queda a salvo, e posta en valor, grazas á pasarela instalada. Esta obra supuxo un investimento duns 36.000 €, que foron financiados integramente polo noso Concello.
Arranxo de pistas e camiños en Xove
- Detalles
-
Departamento de Obras
-
Creado en Viernes, 11 Abril 2014 10:08
-
Última actualización en Viernes, 11 Abril 2014 10:08
-
Publicado el Viernes, 11 Abril 2014 10:08
O Plan De Mellora De Camiños De Titularidade Municipal contempla no noso Concello actuacións, dentro do bienio 2013-2014, en 14 camiños e pistas municipais:
- Camiño de Bael, de acceso ao burgo de San Cristovo na Parroquia de Portocelo (1.929 metros).
- Camiño de San Cristovo, no núcleo interior do mesmo San Cristovo na Parroquia de Portocelo (50 metros).
- Camiño de Vila a Labradela na Parroquia de A Rigueira (3.183 metros)
- Camiño ao Club de Tiro de A Vara na Parroquia de Xuances (20 metros).
- Camiño de accesos a vivendas en Prada na Parroquia de Xuances (20 metros).
- Camiño de acceso ao depósito do Cruceiro na Parroquia de Xuances (606 metros).
- Camiño de San Cristovo e Portocelo na Parroquia de Portocelo (50 metros).
- Cruce dos camiños de acceso ao Portiño, Portocelo e San Tirso nas Parroquias de Morás e Portocelo (10 metros).
- Camiño de Sumoas a Lago nas Parroquias de Lago e Sumoas (1.860 metros).
- Camiño de acceso a casas en Lamaboa en Xove (57 metros).
- Entrada ao Campo de Fútbol de Lago na Parroquia de Lago (50 metros).
- Camiño en Morás na Parroquia de Morás (22 metros).
- Camiño de acceso en Illade na Parroquia de Xuances (94 metros).
- -Camiño de Beltrán a Vila nas Parroquias de Lago e A Rigueira (1.485 metros).
Estas obras abarcan a práctica totalidade do término municipal e xa comezaron, debendo estar rematadas e xustificadas antes do 30 de xuño deste ano.
Os traballos que se están a realizar son adaptados e específicos a cada unha das pistas; nas que menos deterioradas están realízanse tarefas simples de bacheo e reparación das partes máis danadas, e nas que pior aspecto presentan, afróntase unha intervención integral cun recubrimiento asfáltico total.
O investimento total destas obras é de 54.987, 240 €uros. Desta cantidade, o Concello de Xove aporta 9.543,240 €uros; os restantes fondos (45.444 €uros) foron cubertos da seguinte maneira:
- Fondos FEADER: 34.083 €uros.
- Ministerior de Agricultura, Alimentación e Medioambiente: 5.512,36 €uros.
- Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER): 5.848,64 €uros.
A coordinación deste Plan para Galicia corre a cargo do AGADER, que pertence á Consellería de Medio Rural e do Mar, contando, como xa apuntamos, co patrocinio de fondos europeos (FEADER) e do Ministerio de Agricultura.
Apertura prazo de Axudas para o remate exterior de vivendas....
- Detalles
-
Departamento de Obras
-
Creado en Miércoles, 02 Abril 2014 11:50
-
Última actualización en Viernes, 04 Abril 2014 14:14
-
Publicado el Miércoles, 02 Abril 2014 11:50
IMPORTE MÁXIMO DAS AXUDAS: 450 € ---- PRAZO DE PRESENTACIÓN: dende o 1 de abril ata o 30 de xuño.
O Concello de Xove desde fai anos puxo en marcha unha liña de axudas destinada dunha banda a paliar no posible o problema do “feísmo urbanístico “ e doutra banda a mellora-las condicións de habitabilidade das vivendas unifamiliares como unha medida máis tendente a evitar en xeneral o “ feísmo “ e en particular o despoboamento dos núcleos rurais do Concello.
Neste intre coa grave crisis económica que estamos a sufrir considerase axeitado facer desde o Concello un esforzo económico e restablecer para este exercicio as axudas para o remate exterior (lucido de fachadas) e acondicionamentos do entorno e dos accesos a vivendas unifamiliares con máis de cinco de anos de antigüidade dende as vías de titularidade publica engadindo como actuación subvencionable a construción e/ou acondicionamento de muros de peche no casco urbano de Xove por razóns de seguridade e salubridade públicas.
Debese salientar que o procedemento establecido por estas bases é o de concorrencia non competitiva que fixa a Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, de maneira que se concederán axudas aos solicitantes que cumpran cos requisitos para ser beneficiarias, na orde de presentacións das mesmas e ata o límite da contía presupostaria habilitada.

BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DAS AXUDAS MUNICIPAIS PARA O REMATE EXTERIOR (LUCIDO DE FACHADAS) E ACONDICIONAMENTOS DO ENTORNO E ACCESOS A VIVENDAS UNIFAMILIARES NO TÉRMINO MUNICIPAL CON MÁIS DE CINCO DE ANOS DE ANTIGÜEDADE DENDE AS VÍAS DE TITULARIDADE PUBLICA E PARA CONSTRUCCION OU ACONDICIONAMENTO DE MUROS OPACOS DE PECHE DE SOLARES NO CASCO URBANO DE XOVE .
Leer más:Apertura prazo de Axudas para o remate exterior de vivendas....
o Concello dona maquinaria ao IES Illa de Sarón
- Detalles
-
Departamento de Obras
-
Creado en Viernes, 13 Decembro 2013 14:02
-
Última actualización en Viernes, 13 Decembro 2013 14:19
-
Publicado el Viernes, 13 Decembro 2013 14:02
O IES Illa de Sarón de Xove conta, dende este curso 2013-2014, cun Ciclo formativo de Grado superior de “Programación da producción en moldeo de metais e polímeros”, que é o primeiro deste tipo que se implanta en España.

Pois ben, o noso Concello, que tamén colaborou e apoiou dende un principio a implantación deste ciclo no noso Concello, ven de realizar unha importante donación ao IES Illa de Sarón, concretamente dúas máquinas que veñen a completar a Aula Taller onde os alumnos/as do Ciclo realizan as prácticas. Unha serra eléctrica con carro de ferramentas anexo e un taladro de columna son as dúas máquinas que o Concello aportou, e que foron postas en marcha hoxe, nun acto que contou coa presenza do alcalde Demetrio Salgueiro e a Concelleira Dolores Meitín por parte do Concello, e pola Directora Oliva Cabaleiro e o Secretario José María Orol por parte do IES Illa de Sarón.
Esta donación supuxo un investimento de 3.500 €uros por parte do Concello, e, como dixo o alcalde, espérase que supoña unha mellora sustancial da Aula Taller e unha importante contribución á formación práctica dos alumnos/as do ciclo.
O título de Técnico Superior en Programación da producción en moldeo de metais e polímeros ofértase por primeira vez en Galicia no IES Illa de Sarón. A duración deste ciclo formativo de grao superior é de 2.000 horas e leva asociado 384 horas de formación práctica en empresa, correspondentes ao módulo de formación en centro de traballo (FCT). Este título inclúe catro calificacións profesionais completas e unha incompleta, o que proporciona unha alta formación e cualificación profesional de nivel 3.
Lóxicamente, na implantación deste ciclo tivo moito que ver a Consellería de Educación. O Conselleiro de Industria visitou hai uns meses as instalacións do IES coincidindo coa posta en marcha da Aula Taller deste ciclo, aula na que se instalaron unha serie de máquinas onde os alumnos realizan todo tipo de prácticas. Este ciclo conta tamén coa colaboración de Alcoa, que permite ao alumnado realizar parte da formación práctica de algúns módulos na empresa.
o Concello adquire unha nova desbrozadora para o departamento de obras
- Detalles
-
Departamento de Obras
-
Creado en Jueves, 21 Novembro 2013 12:13
-
Última actualización en Jueves, 21 Novembro 2013 12:16
-
Publicado el Jueves, 21 Novembro 2013 12:13
O Departamento de Obras do Concello ven de adquirir unha desbrozadora de brazo lateral recto, a cal se acopla a un tractor desbrozador. Esta nova desbrozadora, lóxicamente, sustitúe a unha vella que xa finalozou a súa vida operativa. Hoxe, o alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado do encargado de personal de obras, estivo vendo “in situ” o funcionamento desta nova desbrozadora, podendo comprobar unha mellora de prestacións respecto á vella; unha das melloras sinaladas é o maior alcance do brazo, que vai permitir rozar máis e mellor, e tamén chegar a zonas onde a vella non podía.
O investimento realizado nesta máquina foi de 40.000 €uros, séndolle adquirida á empresa Agrícola Curtis S.L. Desta cantidade total, o noso Concello aportou 12.000 €uros, correspondendo os restantes 28.000 €uros a unha subvención da Consellería de Presidencia, concretamente a liña de concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental, destinada a entidades locais de Galicia, que ven recollida nunha orde do pasado 13 de maio e que saiu publicada no DOG do 16 de maio deste ano.

Obra de mellora do acceso á Igrexa Parroquial de Vilachá
- Detalles
-
Departamento de Obras
-
Creado en Lunes, 16 Setembro 2013 16:18
-
Última actualización en Jueves, 20 Xaneiro 2022 11:14
-
Publicado el Lunes, 16 Setembro 2013 16:18
Esta obra tivo por obxecto a adecuación e acondicionamento do acceso ao entorno da Igrexa de Vilachá, na Parroquia de Portocelo, así como a restitución dos muros de mampostería existente, desmontados pola ampliación do vial.
Con esta intervención perseguíase mellorar o acceso dos veciños á Igrexa e ao seu entorno, o cal se conseguiu plenamente, xa que o novo acceso permite o paso de 2 vehículos simultáneamente, o que non ocurría antes. Ademáis, para mellorar e garantir a seguridade das persoas que accedan a esa área, dentro do vial creouse un espazo peonil diferenciado. Tamén son neste caso importantes os beneficios estéticos, dado que esta intervención realizouse no entorno da Igrexa de Vilachá; neste sentido, os traballos realizados manteñen o máximo respeto polo seu entorno, adecuándose e integrándose perfectamente co xa existente.

Leer más:Obra de mellora do acceso á Igrexa Parroquial de Vilachá
O Presidente da Deputación visitou obras en Xove
- Detalles
-
Departamento de Obras
-
Creado en Miércoles, 20 Marzo 2013 14:55
-
Última actualización en Miércoles, 20 Marzo 2013 16:18
-
Publicado el Miércoles, 20 Marzo 2013 14:55
Hai uns días informabamos de que estaba a traballar en Xove un equipo de riego da Deputación de Lugo, o cal foi lle concedido ao noso Concello. Este equipo realizou, e está a realizar, unha serie de traballos en distintos viais municipais, arranxándoos e rexenerándoos.
Estas obras están feitas en colaboración entre a Deputación e o Concello. A Deputación facilitou o equipo de riego (maquinaria), materiais e personal, e o Concello, pola súa banda, tamén colaborou con medios materiais e humanos.Debido a estes traballos, o Presidente da Deputación de Lugo José Ramón Gómez, acompañado polo Alcalde Demetrio Salgueiro, realizaron o pasado luns unha visita “in situ” a estas obras para comprobar o alcance e estado das mesmas.
Asimesmo falaron do arranxo dos viais de titularidade da Deputación, que en xeral atópanse no noso Concello en bastante mal estado. Por parte do Concello quedouse en realizar un estudio do estado dos viais da Deputación no termo municipal de Xove, aportando información do estado do firme do propio vial, densidade de tráfico, etc., co fin de establecer un orde de prioridades para o arranxo dos mesmos. Pola súa parte, o Presidente da Deputación comprometeuse a estudiar o informe que envíe o Concello, e mirar de que forma se pode abordar o antes posible a mellora dos citados viais de titularidade provincial.
Por último, por parte do Alcalde quérese agradecer á Deputación Provincial de Lugo esta colaboración para mellora das vías de comunicación de Xove.
Deputación e o Concello colaboran na rexeneración de viais municipais
- Detalles
-
Departamento de Obras
-
Creado en Jueves, 28 Febreiro 2013 18:27
-
Última actualización en Jueves, 28 Febreiro 2013 18:31
-
Publicado el Jueves, 28 Febreiro 2013 18:27
Dende hai cáseque un mes está a traballar en Xove un equipo de riego da Deputación de Lugo, o cal foi lle concedido ao noso Concello. Este equipo, que vai rematar o seu traballo o vindeiro venres 8 de marzo realizou, e está a realizar, unha serie de traballos en distintos viais municipais, arranxándoos e rexenerándoos.
Neste tempo xa foron varios os viais de titularidade municipal reparados, uns con tratamento parcial, incidindo nas partes máis abandoadas, e outros o foron integralmente, cubrindo toda a superficie do mesmo.
Dentro dos viais con reparacións parciais temos os seguintes:Varios accesos ao núcleo dos Carballás en Xove a Conexión entre Os Carballás e Aceveda e Varios viais nas parroquias de A Rigueira, Xuances e Portocelo.
Con tratamento integral temos a reparación do vial de prolongación do Camiño Real, o cal, por certo, foi visitado hoxe polo Alcalde Demetrio Salgueiro en compañía do aparejador municipal Benigno Mon. (Adxunto unha fotografía desta visita).
Estas obras están feitas en colaboración entre a Deputación e o Concello. A Deputación facilitou o equipo de riego (maquinaria), materiais e personal, e o Concello, pola súa banda, tamén colaborou con medios materiais e humanos.
Hai que decir que esta colaboración coa Deputación nestas obras está supoñendo un aforro considerable para o Concello.
Por parte do Alcalde, quérese agradecer á Deputación Provincial de Lugo esta colaboración para mellora dos viais de titularidade municipal.
PXOM. APROBACION DEFINITIVA
- Detalles
-
Departamento de Obras
-
Creado en Miércoles, 01 Agosto 2012 16:19
-
Última actualización en Lunes, 20 Agosto 2012 16:09
-
Publicado el Jueves, 02 Agosto 2012 16:19
Este PXOM contou con todo-los informes sectoriales favorables e no que foron estimadas máis do 90% das alegacións que no seu momento presentaron os veciños, está definitivamente aprobado co eido de servir de norma básica para a Ordenación do réxime do solo e o desenvolvemento urbano do termo municipal.
Xa se pode consultar na sección de Obras/Urbanismo. O formato usado é PDF, tanto as normas como os planos, polo que é necesario ter instalado un lector de pdf como Acrobat Reader, Foxit Reader, etc, e tamén é necesario familiarizarse ca opción de rotar os ficheros. consultas: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.
|
|
|
 |
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|