Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

 

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE   2025 

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove  son as seguintes:

---> 13 de xuño de 2025 (San Antón)

---> 1 de setembro de 2025 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  

CERTI TRANS2

25 * CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN  PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA
PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

vehiculos

  • Imposto Municipal de Vehículos :   Entre o 15 de abril  e o  15 de xuño   (datas aproximadas)
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN (PXOM): Aprobación definitiva

 Este PXOM  contou con  todo-los informes sectoriales favorables  e no que foron estimadas máis do 90% das alegacións que no seu momento presentaron os veciños, está definitivamente aprobado co eido de servir de norma básica para a Ordenación do  réxime do solo e o desenvolvemento urbano do termo municipal. <<<<<

 

planxeralDefinitiva
Xa se pode consultar na sección de Obras/Urbanismo.
O formato usado é  PDF, tanto as normas como os planos, polo que é necesario ter instalado un lector de pdf como Acrobat Reader, Foxit Reader, etc, e tamén é necesario familiarizarse ca opción de rotar os ficheros.
consultas: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.

Importante obra do Concello na Rúa Pumariño

A obra, denominada SOTERRAMENTO DE LÍNEAS ELÉCTRICAS NA RÚA PUMARIÑO,  comezouse o 26 de setembro, rematándose a finais do pasado  ano. Contou a mesma cun presuposto (prezo de adjudicación) de 161.453 €uros, dos cales a Consellería de Economía e Industria aportou 55.692´5 €uros, sendo aportados os restantes 105.760´5 €uros polo noso Concello.
Basicamente, a obra consisteu no seguinte: -Ampliación da Rua a un ancho de 7 metros, 6 de calzada e 1 metro de beirarúa (acera). -Execución dunha beirarua por un lateral. -Desprazamento da rede de recollida de augas pluviais. -Dotación dunha nova iluminación pública -Dotación dun firme de aglomerado á rua.-Recuperación e mellora dos antiguos muros que limitan coa rua, dado que se trata dun dos núcleos tradicionais de Xove .-Soterramento das liñas eléctricas existentes de alumeado e baixa tensión.

pumarino

Estas dúas últimas actuacións axudan a unha mellor vista paisaxística do entorno.  Uns muros antigos de pedra ben cuidados e a  eliminación por soterramento das liñas eléctricas que citamos antes, contribúen a facer do entorno un lugar máis bonito e agradable.Trátase esta dunha obra importante, que modifica dun xeito sustancial a entrada ao barrio de Pumariño, cunha mellora grande do acceso,  co fin de facilitar as entradas e saídas na zona. Ademáis a obra dota a este tramo de rua (duns 120 metros) de tódolos servizos, dos cales, lóxicamente, se van beneficiar tódolos veciños do entorno.

Recepcionadas as obras de Roncadoiro

roncadHoxe sobor das 13:45 horas no Faro de Roncadoiro, na Parroquia de Portocelo en Xove,  o Director da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao Emilio F. García García, acompañado do Alcalde de Xove Demetrio Salgueiro, da Concelleira de Cultura Dolores Meitín e outras autoridades, procedeu á recepción das obras realizadas nos últimos meses no Faro de Roncadoiro e o seu entorno.Nunha primeira fase, na que se investiron orredor de 300.000 € entre a Autoridade Portuaria e o noso Concello, procedeuse ao arranxo dos accesos ao Faro, aproveitando tamén para levar unha traída de luz ás instalacións do mesmo; ata ese intre, a electricidade do Faro cubríase cun xenerador.Nesta segunda fase, completáronse os traballos iniciados consistentes no acondicionamento do entorno do propio faro, adaptándoo para as visitas do público, dada a súa situación e o carácter paisaxístico da zona, así como para o uso dos técnicos que manteñen o seu funcionamento. As obras consistiron en mellorar a explanada onde remata  a estrada que dá acceso ao faro, dotando o entorno dunha balaustrada para dar seguridade aos peatóns; tamén consturiron unhas aceras para separar  o tráfico rodado do peatonal.

O Presuposto das obras da segunda fase rondan os 87.000 €uros, co cal o investimento realizado nas dúas fases do Faro de Roncadoiro e o seu entorno achéganse  aos 400.000 €uros.

Axudas para lucido de fachadas 2011

IMG_2526Xa está aberto o prazo para solicitar axuda para :
  •  REMATE EXTERIOR DE VIVENDAS UNIFAMILIARES (LUCIDO DE FACHADAS) CON MÁIS DE 5 ANOS DE ANTIGÜEDADE.
  • ACONDICIONAMENTO DOS ACCESOS A VIVENDAS UNIFAMILIARES DENDE AS VIAS DE TITULARIDADE PÚBLICA

Plazo de presentación de solicitudes: ata o  30 de xuño de 2011

Subvención máxima: 300€.


Soterramento das infraestruturas eléctricas na rúa lavandeiras


Mediante estas obras preténdese desenvolver os traballos de soterramento das infraestruturas eléctricas da Rúa Lavandeiras de Xove. Conta esta importante obra cun investimento total de 171.607´34 €uros, dos cales a Consellería de Industria aporta  a cantidade de 106.562´54 €uros, sendo aportados os restantes 65.044´80 €uros o noso Concello.
Consisten estas obras en :
  • -Desconexión do alumeado existente, así como a desmontaxe dos 8 báculos que actualmente compoñen o alumeado deste vial.
  • -Demolición das beirarrúas existentes así como excavación de gabias para o novo tendido eléctrico soterrado.
  • -Disposición do novo tendido, de acordo coas prescricións do vixente Regulamento, e as indicacións da Compañía suministradora.  Formigonado, relleno de gabias e compactado do chan para dispoñer a base de formigón para as beirarrúas.
  • -Disposición das novas beirarrúas.
  • -Reposición das luminarias existentes e posta en funcionamento do suministro de enerxía eléctrica na totalidade do vial.
 
Con estas obras consíguense varios obextivos:
  • -Mellorar estéticamente a Rúa Lavandeiras.
  • -Acomodar ao Regulamento Electrotécnico de Media e Baixa Tensió as instalacións eléctricas  deste entorno.
  • -Dotar de novas aceras á Rúa, dando cumprimento ao Decreto da Xunta de Galicia 35/2000 de Eliminación de Barreiras Arquitectónicas.
En definitiva, unha mellora moi sustancial desta Rúa que vai redundar no beneficio de tódolos xovenses, especialmente os que a habitan.

Obra de adecuación Mercado Semanal Tradicional

As obras deste proxecto, cuxo título completo é "ADECUACIÓN MELLORA E AMPLIACIÓN DO ENTORNO DO MERCADO SEMANAL TRADICIONAL DE XOVE" ,comezáronse hai algo máis dunha semana; as mesmas entran dentro do PLAN RECOMERCIA da Consellería de Industria, da cal reciben unha importante subvención.
ADECUACIN_MERCADO_SEMANAL_DE_XOVE_A
Conta a obra, que vai modificar o entorno que limita o Centro Cívico e o Parque de Xove, cun investimento de 58.795´10 €uros, dos cales a Consellería de Industria aporta 44.096´33 € a través do citado Plan, correspondéndolle ao noso Concello os 14.698´77 €uros restantes.
As obras consisten en :
  • -Demolición das beirarrúas existentes, bastante deterioradas e cun ancho insuficiente, con ampliación das mesmas a 2 metros por cada marxe e así dar cumprimento ás diferentes Normativas referidas a barreiras arquitectónicas, así como habilitación de zonas de aparcamento.
  • -Adecuación do abastecemento de auga potable nunha das zonas.
  • -Canalización e bases para unha futura iluminación do ámbito desta praza a habilitación da se pretende para o mercado semanal tradicional.
  • -Sinalización horizontal e vertical do ámbito e Praza na que se sitúa o mercado semanal.
Esta obra, que mellora o espazo de ubicación do Mercado Semanal Tradicional de Xove, tamén facilita unha reoordenación deste espazo, xa que se pode considerar como unha primeira intervención para peatonalizar esta área de unión entre a Praza do Centro Cívico e o Parque.

O Concello subvencionou o arranxo exterior de fachadas.

fachada2sO Pleno do noso Concello, celebrado o 12 de maio de 2008, aprobou as Bases  Reguladoras das subvencións municipais para o remate exterior (lucido de fachadas) de vivendas unifamiliares de máis de cinco anos de antiguidade.

Foron obxecto desta subvención as obras de remate das fachadas (lucido das mesmas). Para este fin, no devandito Pleno acordouse adicar a esta iniciativa unha cantidade de 3.000 €uros, a razón de 300 €uros de subvención por solicitude. Aberto o prazo de solicitude dende o 15 de abril ata o 30 de xuño de 2009, viuse que a cantidade consignada era insuficiente, polo que houbo que suplementar esta cantidade, prácticamente doblala.

En total foron aprobadas 18 solicitudes, a razón de 300 €uros por solicitude, temos que esta iniciativa supúxolle ao noso Concello a cantidade total de 5.400 €uros.

Obras realizadas dentro do "Plan E" no Concello


VallasyCarteles-Plan_EEstas son as obras realizadas polo Concello dentro do Plan Español de Estímulo da Economía e do Emprego:

  • URBANIZACIÓN DA PROLONGACIÓN DO CAMIÑO REAL DENDE ACCESO GRUPO ESCOLAR ATA RUA OS CHOZOS

Estamos a falar da nova rúa que vai dende Rúa Acceso a Grupo Escolar ata a Rúa Os Chozos nunha primeira fase, obra que conta cun investimento de 178.739 €uros a cargo do Plan E, e nunha segunda  fase vai dende a Rúa dos Chozos a rúa que vai ao IES, parte que conta cun investimento de 50.000 €uros a cargo do Concello.

Trátase  dunha obra que na súa 1ª fase, a que contempla o PLAN “E”, está totalmente rematada, tal como se pode apreciar na fotografía que acompaña a esta información. A obra consisteo na construcción dunha nova rúa, con novas aceras con rebaixes para accesos minusválidos, saneamento, novas farolas, así como o soterramento do cableado eléctrico, aproveitándose para incluir pasos de “R” e “Telefónica”.

  • AMPLIACIÓN DO PASO SUBTERRÁNEO DE FEVE NA CARRETERA DE REGOSANGUENTO

O noso Concello realizou unha importante obra de acceso á Parroquia de A Rigueira. Trátase da abertura dun novo paso subterráneo de acceso ao burgo de Regosanguento na Parroquia de A Rigueira.

Dende hai moitos anos, concretamente dende que se construiu a via de FEVE hai cáseque 50 anos,  contábase cun pequeno paso de acceso a Regosanguento, o cal vai por debaixo da vía do tren e polo mesmo só cabe un vehículo, tendo que realizar unha pronunciada curva, o cal presenta un alto nivel de perigosidade.

Esta obra, integrada dentro do Plan E, contou cun presuposto de 227.775´73 €.

Esta obra compleméntouse coa ampliación do ancho do vial dende a estrada xeral ata Regosanguento, obra que está foi realizada tamén pola empresa Puentes e Calzadas, e financiada integramente polo Concello con 187.375´91 €.

  • MELLORA E ACONDICIONAMENTO DA URBANIZACIÓN  PALMEIRO

Consistiron estas obras en traballos de reposición de aceras e  reposición de alumeado e aglomerados nas zoas de aparcamentos e viais da maior parte da Urbanización. Financiada con fondos do Plan E, contou cun presuposto de 230.996´83 €.

Precisamente, nestes intres,  estase a rematar a 2ª Fase da obra, cun investimento, neste caso para as arcas municipais de 207.100 €. Polo tanto, estamos a falar dunha inversión total (de máis de catrocentos mil euros) moi importante que supón, en definitiva, unha completa e renovada imaxe de toda a Urbanización Palmeiro, estando  a Primeira Fase englobada dentro do Plan “E”, pertencendo a 2ª Fase integramento ao Concello.

A banda larga sen fios xa está operativa no Polígono de Xove

WOA_1_BrowserDende mañá martes, 10 de novembro, o Polígono Industrial de Camba en Xove, conta con BANDA LARGA operativa.

O Concello de Xove subscribiu hai uns meses un convenio de colaboración coa Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia para dotar do servizo de acceso á INTERNET DE BANDA LARGA SEN FIOS ao Parque Empresarial de Xove.

Co fin de levar a cabo dita instalación dende o Concello púsose a disposición da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia un espazo de  7x5 metros (35 metros cadrados) no Parque Empresarial de Xove.  Unha vez preparado o terreno, a citada Fundación  levou a cabo en Dito espazo a instalación da infraestrutura precisa para dotar ao Parque Empresarial de Xove do servizo de telecomunicacións de banda larga sen fios.

Leer más:A banda larga sen fios xa está operativa no Polígono de Xove

.histórico de noticias.

Novo-->XeoPortal
Videos Pleno
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo