Formación da nova corporación municipal
O Sábado 11 de xuño, as 10 horas celebrouse o pleno de constitución da corporación municipal  despois de celebradas as eleccións de 22 de maio de 2011, coa composición seguinte:

Despois da toma de posesión de D. José Demetrio Salgueiro Rapa, como Alcalde-Presidente do Concello, os portavoces dos grupos políticos efectuaron unha  intervención do xeito seguinte:
.... manifesta o Alcalde o seu agradecemento a todos e cada un dos veciños de Xove que depositaron a súa confianza na candidatura do Partido Popular, manifestando que asume a enorme responsabilidade que supón ser Alcalde do Concello de Xove, e que por suposto gobernará para todos e cada un dos veciños, estando desde este mesmo momento ó dispor de todos eles, e de tódolos membros da Corporación. Os obxectivos fundamentais da acción de goberno durante os próximos 4 anos será seguir mellorando as infraestruturas e os Servizos Públicos, e sobre todo intentar paliar a lacra do paro, fundamentalmente no que afecta ós xovenes, recoñecendo que nuns momentos de crise, esixirán un traballo e unha dedicación absolutas.

O grupo municipal do BNG,  o final da súa intervención sinalaba que  sabe distinguir moi ben que unha cousa é ser un sabio (destes háichevos moi poucos) e outra moi diferente é ser un sabido ou un sabichón (estes son os que nunca se trabucan e mais os que pensan que son máis listos que os demais). Por iso, porque o temos claro, a nosa posición será a que vimos desenvolvendo desde bastante antes de entrarmos en política: escoitar a todo o mundo.Desexámoslles a todos vostedes moita sorte para a vindeira lexislatura. É un desexo sincero do noso grupo, do Bloque Nacionalista Galego.
Polo Sr. Santos Vázquez felicitase ó Sr. Alcalde e o seu grupo, sinalando a súa colaboración para todo aquelo que supoña un beneficio para os veciños de Xove.
TODO O CONTIDO NA ACTA DA SESION PLENARIA-- SECCION CONCELLO DIXITAL