Alcoa manterá a producción nas fábricas de España

A dirección da empresa garante que manterá a produción nas fábricas da Coruña e San Cibrao

 A maioría formada por UGT e CC. OO. no comité de empresa da fábrica de Alcoa en San Cibrao decidiu á primeira hora da tarde desconvocar as mobilizacións programadas, entre elas a manifestación de mañá en Burela. A decisión foi tomada tras a reunión que esta mañá tivo lugar en Madrid e na que participaron os presidentes dos comités de empresa das fábricas de San Cibrao, A Coruña e Avilés, co presidente da multinacional do aluminio en España, José Ramón Camiño. «Camiño dixo que a orde ministerial establece o marco regulador que solicitaba Alcoa para facer que o contrato que negocien sexa competitivo para seguir producindo as fábricas de Primario», sinalou Combarro.
A principal «garantía» é que Alcoa retomou nos últimos días a formalización de pedidos para o próximo ano, «algo que estaba detido pola incerteza que había coa enerxía». En calquera caso, e a iniciativa da CIG, o comité pretende reunirse mañá coa dirección da fábrica mariñá para que os seus membros reciban a información que hoxe se facilitou aos presidentes dos comités.