Día da XUVENTUDE en Xove

2136062235

 

Este próximo SÁBADO, 31 DE AGOSTO, vaise desenvolver en Xove, ao longo de todo o día, o DÍA DA XUVENTUDE, cun amplo abanico de actividades dirixidas a tódolos rapaces e rapazas.

Pola mañá de 11:00 a 14:00 e pola tarde de 16:00 a 20:00 horas imos ter: scalextric xigante, wii, rocódromo, “a busca do tesouro”, actividades de orientación,…etc. Estas actividades van desenvolverse no Centro Xuvenil de Xove e no seu entorno no aparcamento do Centro de Saúde.

Xa pola noite, a partires das 23:00 horas, poderemos disfrutar de “NoiTeXove” cun espectacular concerto da ORQUESTRA PANORAMA, acompañados pola Disco Móbil MM. Esta actividade vai ter lugar na Praza do Centro Cívico.

A Concellería de Xuventude invita a tódolos rapaces e rapazas da Mariña, así como visitantes na nosa Comarca nestas datas estivais, a asistir gratuitamente a tódalas actividades programadas neste Día da Xuventude.