Surf este fin de semana!!

Esta fin de semana, 9 e 10 de xuño, celébrase o “II Open Surf Esteiro” na praia de Esteiro (Xuances). Esta proba é a terceira da Liga FESURFING (campionato NACIONAL), e será tamén puntuable para o Circuito Galego e o Fesurfing Junior Series, na categoría sub. 18. As categorías que puntúan son as Open (feminino e masculino). Ademais tamén haberá competición nas modalidades de bodyboard e paddleboard. Todos os surfistas federados que desexen participar poden inscribirse ata o xoves 7 de xuño ao mediodía no seguinte enlace:  https://bit.ly/2skdkUO