X Encontro de Palilleiras

O X Encontro de Palilleiras do Concello de Xove  terá lugar  5 de outubro no pavillón municipal. Co ánimo de que este encontro sexa unha demostración do encaixe de bolillos, invitamos a todas as asociacións e vendedores artesanais a que nos acompañen neste día.

As asociacións ou grupos de palilleiras e palilleiras particulares poden confirmar a súa asistencia ao Encontro contactando directamente con Lucía ou Ana (tfno Concello 982 59 20 01) ou enviando por e-mail a súa solicitude.
As persoas interesadas en vender os seus produtos poden facer a inscrición e a reserva do seu posto de venda (máximo 6 metros) enviando a debidamente cumprimentada a solicitude ao correo electrónico  Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..
Entenderase admitida a solicitude cando reciba o correo electrónico confirmando a reserva. Pódese dispor de postos formados por taboleiros de 2,50 x 0,80 m. Se así o desexa, no momento de efectuar a súa inscrición deben informar da reserva dun   ou dous taboleiros.No caso de reservar metros, a persoa interesada deberá traer as súas propias mesas.
O prazo de inscrición ao Encontro estará aberto desde o día 19 de agosto ao   20 de setembro de 2019.