“CONECTA COA CULTURA” no Concello de Xove.

anelCONECTA COA CULTURA

Este luns, 2 de agosto, ás 11 da mañá o Concello de Xove dentro do programa “Conecta coa Cultura”, incluído na programación de verán da Concellería de Xuventude propuxo unha obra de Raquel Queizas titulada O segredo do tendal que tivo lugar na praza das árbores, con aforo limitado e seguindo as normas de prevención ante o covid-19.

 A protagonista contanos que preparou este espectáculo para presentar a tradición oral á nova xeración de nativos dixitais e que se inspirou nas lembranzas de moitas tardes escoitando as historias de súa avoa mentres tendían a roupa ao sol de agosto.