Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

 

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove  son as seguintes:

---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)

---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  

CERTI TRANS2

25 * CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN  PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA
PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

  • Imposto Municipal de Vehículos :   Entre o 15 de abril  e o  15 de xuño   (datas aproximadas)
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

concurso Letras Galegas 2012

O Concello de Xove pon en marcha un ano máis o CONCURSO LETRAS GALEGAS 2012. pazandrade

Con motivo da celebración do DIA DAS LETRAS GALEGAS, adicado este ano a VALENTÍN PAZ ANDRADE, a Biblioteca Municipal de Xove convoca dous Concursos, un Literario e outro de Artes Plásticas, destinados ambos a nenos/as e rapaces/as do noso Concello, dende preescolar de 3 anos a 4º de ESO. Con isto, dende o Concello de Xove preténdese, por unha banda,  un apoio á língua galega, e por  outra, estimular á nosa xuventude naquelas artes máis relacionadas cos seus estudios académicos....

 

BASES DO CONCURSO

 

CONCURSO LITERARIO: Os participantes neste Concurso poderán optar libremente por:

-Realizar poesía: poemas  de medida e tema libres.

-Escribir un relato ou conto: de tema libre.

-Facer unha redacción: obligatoriamente sobre a vida e/ou obra de VALENTÍN PAZ ANDRADE

No Concurso Literario poderán participar nenos/as a partires de 1º de Primaria ata 4º de ESO, ambos incluidos. Lóxicamente, os nenos/as de preescolar de 3, 4 e 5 anos están excluidos deste Concurso por razóns obvias.

CONCURSO DE ARTES PLÁSTICAS: Neste caso, os participantes poderán optar libremente por:

-Realizar un debuxo: de tema e composición libres.

-Realización dun cómic: obligatoriamente sobre a vida e/ou obra de VALENTÍN PAZ ANDRADE.

As técnicas a empregar tanto en debuxo como en cómic, quedan á elección do autor, podendo empeñarse mesmo o “collage”.

-Lóxicamente, e non podería ser doutra maneira tratándose dun Concurso adicado ás Letras Galegas, o idioma empregado en tódolos traballos presentados será obrigatoriamenente o galego.

-Os traballos deberán presentarse en folios, tamaño A4, por unha soa cara, figurando na parte posterior dos mesmos, ousexa, na cara que queda en branco, o nome e apelidos, idade, curso e colexio ou instituto do  participante.

-En calquer dos dous concursos, cada traballo que se presente non poderá ocupar máis de dous folios por unha soa cara. En ningún caso se poderá realizar o traballo (poesía, redacción, debuxo, cómic, etc.) polas dúas caras dun mesmo folio.

-Calquer participante poderá participar nas modalidades que desexe, ousexa, poderá presentar máis dun traballo, podendo participar, por poñer exemplo, cunha poesía, cunha redacción, cun debuxo e cun cómic. Non hai límite, xa que o que a organización pretende é que se realice o maior número de traballos posible.

- A  recepción  dos  traballos,  que  haberá que entregar obligatoriamente na Biblioteca Municipal de Xove, rematará o VENRES 4  DE  MAIO ÁS  20:30 HORAS.

-Os cursos participantes neste Concurso,  son: 3 anos, 4 anos, 5 anos, 1º de Primaria, 2º de Primaria, 3º de Primaria, 4º de Primaria, 5º de Primaria, 6º de Primaria, 1º de ESO, 2º de ESO, 3º de ESO e 4º de ESO. A Organización otorgará tres premios  (un primeiro, un segundo e un terceiro) por curso para cada un dos Concursos; polo tanto,  para cada curso haberá 6 premios (3 para o Concurso Literario e 3 para o de Artes Plásticas), agás para os de preescolar (nenos/as de 3, 4 e 5 anos), que terán 3 premios por curso, dado que  só poden participar  no Concurso de Artes Plásticas.

O  fallo  do   Xurado  será  dado  a  coñecer   oportunamente   para  que   os premiados   poidan  acudir   á  entrega   dos  premios,   os  cales   consistirán   en DIPLOMA ACREDITATIVO  e  un  LOTE  DE  LIBROS/MATERIAL ESCOLAR.  A  entrega de premios terá lugar no Salón  de  Actos  do  Centro  Cívico  no  dia  e  hora  que  a Organización  decida,  tendo  esta  que comunicalo coa suficiente antelación.

 

 

.histórico de noticias.

Novo-->XeoPortal
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo