Campus Gimnasia Rítmica Xove 2013

A Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Xove  xunto co Club Rítmica Violeta e o Filigrana Club Gimnasia Rítmica organizan o CAMPUS GIMNASIA RÍTMICA XOVE 2103, que conta coa colaboración do Concello de Xove. O mesmo vaise desenvolver no noso Concello dende o 22 ao 26 de xullo, ámbolos dous días incluidos.

Para participación neste Campus haberá que confirmar a asistencia antes do 1 de xullo, tendo que presentar, xunto coa solicitude de inscrición, a seguinte documentación: fotocopia do DNI ou libro de familia e fotocopia da tarxeta sanitaria.  A reserva de praza pode facerse nos seguintes teléfonos:

Ana Iglesias: 675 15 47 04 .- Cristina Iglesias: 699 32 82 27.- Paula Iglesias: 687 17 76 86

Xa no que é o propio Campus, dentro das actividades que se van a desenvolver no mesmo, temos: técnica corporal e de aparatos, danza contemporánea máis expresión corporal, ballet e Pilates aplicado á rítmica, obradoiros de maquillaxe, perruquería, etc.

 O profesorado vai estar formado, por: -Ana Iglesias, Técnico superior de ximnasia rítmica. -Paula Iglesias,  Entrenadora Rexional de ximnasia rítmica e Monitora de Pilates. -Yaiza Vilela, Técnico Superior  en actividades físicas e deportivas. -Cristina Iglesias, Licenciada en INEF e Xuiz de ximnasia rítmica. -José Ángel Casás, Técnico en técnicas de coreografía e interpretación para danza clásica e contemporánea.