Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

 

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove  son as seguintes:

---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)

---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  

CERTI TRANS2

25 * CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN  PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA
PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

  • Imposto Municipal de Vehículos :   Entre o 15 de abril  e o  15 de xuño   (datas aproximadas)
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

Concurso: "Confección dun Anagrama para o Deporte Municipal"


O Concello de Xove, consonte ao previsto na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia, e no que sexa de aplicación, os RD 887/2006, de 21 de xullo e Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, e ao obxecto de incentivar a participación cidadá no deseño de logos institucionais, establece as normas reguladoras da participación, as axudas económicas e dos premios que se outorgarán aos participantes que interveñan nos citados actos, de acordo coas seguintes BASES REGULADORAS....

BASES REGULADORAS

PRIMEIRA.- DEFINICIÓN DO OBXECTo.- Constitúe o obxecto das presentes bases a regulación do procedemento aplicable para o outorgamento do premio do concurso de deseño dun anagrama, logo ou similar do Deporte Municipal organizado polo Concello de Xove.

SEGUNDA.- REQUISITOS DOS PARTICIPANTES.- Poderá participar no concurso e ser beneficiario deste premio calquera persoa que practique algunha modalidade deportiva dentro das diferentes Asociacións Deportivas inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións así como nas Escolas Deportivas Municipais.

A documentación a presentar será a seguinte:

  • - Ficha de inscrición establecida ao efecto con número de Rexistro.
  • - Fotocopia do DNI do autor-a
  • - Certificación expedida pola asociación deportiva ou departamento de deportes do Concello (no caso das Escolas Municipais) no que conste que o participante está rexistrado como socio.
  • - Anagrama, logo ou similar en formato impreso e/ou dixital.
  • - Ficha Técnica (breve descrición do logo ou anagrama)
  • - No caso de participantes menores de idade, deberase entregar ademais unha fotocopia do DNI do pai/nai/titor-a.

TERCEIRA.- NORMAS DE ELABORACIÓN DO ANAGRAMA OU LOGO.

- Temática: O anagrama, logo ou similar deberá estar relacionado coa Actividades Física e o Deporte.

- Os deseños deberán ser orixinais e inéditos realizados polos propios participantes. En ningún caso se aceptarán deseños copiados ou realizados por persoas distintas das participantes. No caso de que a organización comprobe algunha irregularidade na presentación dos deseños (copias ou non autoría) suporá a inmediata eliminación do participante no concurso.

- Cada participante poderá entregar un único deseño.

 REQUISITOS DESEÑOS PRESENTADOS EN PAPEL:

  •   Máximo 4 cores
  •   Tamaño máximo formato impreso: 50x40cm

 REQUISITOS DESEÑOS PRESENTADOS EN FORMATO DIXITAL:

- Mínimo 300 puntos por polgadas.

CUARTA.- COMPOSICIÓN DO XURADO

O xurado estará composto por dous membros de cada unha das Asociacións Deportivas Inscritas no Rexistro Municipal, así como os representantes da Xunta de Goberno Local do Concello de Xove.

QUINTA.- CRÉDITO ORZAMENTARIO

A contía máxima destinada ao presente premio é de 100€ (partida 341.481 do Estado de Gastos do Orzamento Municipal para 2014)

SEXTA.- PREMIO

Haberá unha única categoría.

O premio consistirán nun lote de libros, material escolar ou deportivo valorado en 100 euros.

O autor cederá tódolos seus dereitos sobre a súa obra ao Concello de Xove. O anagrama, logo ou similar premiado será seleccionado como Logo institucional do Deporte do Concello de Xove.

 SÉTIMA.- PROCEDEMENTO DE ENTREGA DE PREMIOS

Unha vez rematado o prazo de entrega, o xurado reunirase durante o mes de Xuño e levantará acta na que conste o premiado.

Sobre a acta do xurado, emitirase informe-proposta polo responsable do Departamento de Deportes do Concello de Xove, que se elevará á Xunta de Goberno Local, órgano competente para a concesión dos premios.

O fallo do xurado darase a coñecer durante a semana na que se realice a presentación da Iª GALA DO DEPORTE DO CONCELLO DE XOVE.

A entrega do premio ao gañador farase coincidir coa celebración de dita Gala.

 OITAVA.- PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

A presentación da ficha de inscrición supón a aceptación incondicional das presentes bases e das condicións, requisitos e obrigas contidas nestas.

A concorrencia ao proceso de concesión de subvencións implicará a manifestación tácita do consentimento inequívoco ao tratamento de datos de carácter persoal e a súa publicación de acordo co previsto na Lei Orgánica 15/99, de 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais será estritamente á xestión e tramitación do expediente correspondente.

DISPOSICIÓN FINAL.-As presentes Bases permanecerán en vigor para os vindeiros exercicios en tanto en canto non se chegue a un acordo entre xurado na elección do anagrama, ou non se acorde a súa modificación ou derogación expresas.

A Xunta de Goberno Local, por unanimidade en votación ordinaria acorda:

  • 1º.- Aprobar as bases reguladoras da concesión de Premios do Concurso de Confección de un anagrama para o deporte municipal, así como a convocatoria para o exercicio 2014
  • 2º.- Autorizar o gasto de 100,00 euros con cargo á partida 341.481 do Estado de Gastos para o exercicio de 2014.
  • 3º.- Ordear a súa publicación na páxina web municipal e mediante anuncios no taboleiro de anuncios do concello ou calquera outro medio.
  • 4º.- Aproba-la convocatoria do concurso de referencia, nos termos e condicións que a seguir se relacionan:

CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE PREMIOS DO CONCURSO DE CONFECCIÓN DUN ANAGRAMA PARA O DEPORTE MUNICIPAL

O Concello de Xove, dentro do marco das competencias que ten atribuídas pola lexislación vixente ten como obxectivo potenciar a participación cidadá no deseño de logos institucionais, e realiza para tal fin a convocatoria de premios do Concurso de Confección de un anagrama para o deporte municipal, coas seguintes especificacións:

1.- Entidade adxudicadora

a.- Organismo: Xunta de Goberno Local do Concello de Xove

b.- Departamento que tramita o expediente: Concellería de Deporte

2.- Obxecto

Concesión de premios do concurso de confección de un anagrama para o deporte municipal

3.- Orzamento e tramitación anticipada do gasto

A contía máxima prevista destinada aos presentes premios é de 100,00 €, con cargo á partida 341.481 do Estado de Gastos do Orzamento Municipal.

4.- Contía dos premios

Haberá unha única categoría.

O premio consistirán nun lote de libros, material escolar ou deportivo valorado en 100 euros.

O autor cederá tódolos seus dereitos sobre a súa obra ao Concello de Xove. O anagrama, logo ou similar premiado será seleccionado como Logo institucional do Deporte do Concello de Xove.

 5.- Requisitos dos participantes

Poderá participar no concurso e ser beneficiario deste premio calquera persoa que practique algunha modalidade deportiva dentro das diferentes Asociacións Deportivas inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións así como nas Escolas Deportivas Municipais.

A documentación a presentar será a seguinte:

- Ficha de inscrición establecida ao efecto con número de Rexistro.

- Fotocopia do DNI do autor-a

- Certificación expedida pola asociación deportiva ou departamento de deportes do Concello (no caso das Escolas Municipais) no que conste que o participante está rexistrado como socio.

- Anagrama, logo ou similar en formato impreso e/ou dixital.

- Ficha Técnica (breve descrición do logo ou anagrama)

- No caso de participantes menores de idade, deberase entregar ademais unha fotocopia do DNI do pai/nai/titor-a.

 Toda esta documentación entregarase no Rexistro de Entrada do Concello de Xove coa data límite do 31 de maio de 2014 inclusive.

6.- Procedemento de entrega de premios

Unha vez rematado o prazo de entrega, o xurado reunirase durante o mes de Xuño e levantará acta na que conste o premiado.

Sobre a acta do xurado, emitirase informe-proposta polo responsable do Departamento de Deportes do Concello de Xove, que se elevará á Xunta de Goberno Local, órgano competente para a concesión dos premios.

O fallo do xurado darase a coñecer durante a semana na que se realice a presentación da Iª GALA DO DEPORTE DO CONCELLO DE XOVE.

A entrega do premio ao gañador farase coincidir coa celebración de dita Gala.

 8.-Outras informacións. Concelleira de Deporte e Turismo. Tlfo. 982.59.20.01

 

 

 

.histórico de noticias.

Novo-->XeoPortal
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo