V Torneo de Padel San Bartolo de Xove

Durante o día de hoxe 3 de agosto de 2017 tivo lugar en Xove a  presentación do V TORNEO DE PADEL SAN BARTOLO de XOVE, neste acto estivo presente o alcalde do Concello de Xove, Demetrio Salgueiro, a concelleira de Deportes Cristina Iglesias xunto con Ivan Gonzalez da empresa IG10 que gestiona o torneo.

O torneo será dende o 14 ao 18 de agosto e terá as seguintes categorías: Open masculina, Open feminina e Open mixta. Repartiranse 1200€ de material deportivo en premios.A inscrición pódese facer na Oficina de Información Xuvenil do Concello de Xove ou ben nas instalación de IG10 en Burela. O sorteo será o día 11 ás 20:00 na pista de padel. Para información sobre o torneo: 982581381