Saiñas participará no Festival Nacional....

A Asociación Cultural Saiñas, sairá hoxe venres de viaxe para Jumilla (Murcia) para participar no Festival Nacional Cidade de Jumilla, que se celebrará ata o martes día 15 de agosto. Desplazaranse 30 membros da Asociación, entre músicos e bailadores. Dito Festival é un dos máis importantes a nivel Nacional, participando grupos de toda a xeografía Española.

Saiñas vai participar por primeira vez, e agardamos deixar unha grata impresión e mostrar a toda España os nosos traxes e bailes tradicionais.