I Marcha BTT organizada polo Club Ciclista Komando Xoviético de Xove

Odomingo día 29 de outubro, vaise celebrar a I Marcha de BTT en Xove, organizada polo Club Ciclista Komando Xoviético de Xove. Dita marcha é a primeira gran ruta que fai dito clube, de reciente creación, e conta co patrocinio do Concello de Xove e varios locais comerciais da zona. Agora mesmo conta cunha participación de uns 150 ciclistas inscritos, os cales farán unha ruta por varias parroquias do Concello de Xove.Ás 9:30 horas, o Sr. Alcalde de Xove, D. Demetrio Salgueiro, dará a saída a tódolos participantes na Praza do Concello, que farán un percorrido duns 33 Kms, chegando outra vez á Praza do Concello sobre as 14:00 horas. Unha vez rematada a proba, disfrutarán todos os participantes dunha comida no Pavillón de Deportes de Xove.A organización disporá unha zona de habituallamento na Área Recreativa de Faro Roncadoiro, para que os participantes repoñan forzas.

https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=20518926