XXV Torneo Concello de Xove de Ximnasia Rítmica

No pavillón municipal de deportes de Xove celebrouse o XXV torneo Concello de Xove de ximnasia rítmica (I fase promoción provincial e fase provincial escolar de X. Rítmica), unha das competicións deportivas de rítmica con máis solera da nosa Provincia. O Torneo, organizado polo Concello a través da Concellería de Deporte e a Escola Municipal de Ximnasia Rítmica, xunto con XOGADE (Secretaría Xeral para o Deporte/Delegación Provincial de Deporte da Xunta) e a Federación Galega de X. Rítmica, comezou ás 10:00 horas, no Pavillón Municipal de Deportes de Xove, coa presencia de 11 equipos e sobre 400 ximnastas en competición: Asociación Deportiva Aixa, Club Filigrana, Club Gimnasia Rítmica Becerreá, Club Garvity, Club Quicela, Club Violeta, Club Ximnasia Viveiro, Club Xirandela, Escola Ximnasia Areoura, Escola De Ximnasia Porta Norte E Escola Municipal De Xove.   Unhas 700 persoas encheron o Pavillón e disfrutaron con este xa tradicional campionato de Rítmica.    Finalizada a competición desenvolveuse unha exhibición a cargo dunhas 40 nenas (o grupo das máis pequenas) da Escola Municipal de Xove de X. Rítmica.

CAMPIONATO XIMNASIA RÍTMICA EN XOVE 12

Para rematar, procedeuse á entrega de medallas, acto no que participaron o alcalde Demetrio Salgueiro, as concelleiras de deporte, cultura servizos sociais Cristina Iglesias, Dolores Meitín e Ana Abad, o Delegado Provincial de Deportes Manolo Cadramón, o Presidente da Federación Galega de X.Rítmica José Manuel Estévez e o Provincial Antonio Álvarez.