VI Torneo de Padel San Bartolo de Xove

Hoxe venres 3 de agosto en Xove, tivo lugar a presentación do VI TORNEO DE PADEL SAN BARTOLO de XOVE, neste acto estivo presente o alcalde do Concello de Xove, Demetrio Salgueiro, a concelleira de Deportes Cristina Iglesias xunto con Ivan Gonzalez da empresa IG10 que gestiona o torneo e Álvaro Juárez coordenador do mesmo.

O torneo será dende o 20 ao 24 de agosto e terá as seguintes categorías: Open masculina, Open feminina e Open mixta. Repartiranse 1500€ de material deportivo en premios.A inscrición pódese facer na Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Xove ou ben nas instalación de IG10 en Burela.O sorteo será o día 17 ás 20:00 na pista de padel.Para máis información sobre o torneo: 982581381