Campeonato de España de Bolo Celta na Categoria Veteranos

Este sábado e domingo pasado disputouse, nos campos de bolos de Sumoas e Lago (Concello de Xove), o Campeonato de España de Bolos Celtas na categoría de veteranos.

PODIUM CATEGORIA PARELLAS

A esta ronda final chegaron 27 xogadores, despois das eliminatorias realizadas en Madrid, Asturias e Galicia. O Club de Bolos Xove meteu nesta ronda final a 4 xogadores (1 na categoría de superveteranos e 3 na categoría de veteranos).

Resultados por parellas: A participación dos xogadores do club local podese considerar aceptable, xa que Gines Rodriguez formando parella con Pedro Lago (club de bolos Estivada de Baiona) fixeronse co SUBCAMPEONATO DE ESPAÑA na modalidade de parellas, nunha apretada final con resultado de 6-5 para a parella de Gondomar (Campións) formada por Alberto Gonzalez (Club de Bolos San Cibran de Gondomar) e Alberto Rodriguez (Club de Bolos Xunqueira de Gondomar). Terceiros na modalidade de parellas foron Manuel Rouco (Club de Bolos Santiago de Parada) e Jose Rodriguez (Club de Bolos Mañufe)

Cuartos nesta modalidade foron Jose Almeda (Club de Bolos San Cibran de Gondomar) e Guillermo Fernandez (Club de bolos Ribatra de Ribadeo)

Na modalidade individual os resultados foron os siguientes:

CATEGORIA VETERANOS

1.- JOSE RODRIGUEZ (Club de Bolos Mañufe de Gondomar)

2.- JOSE RAMON DIOS (Club de Bolos Medialdea de Baiona)

3.- PEDRO LAGO (Club de Bolos Estivada de Baiona)

4.- MARCELINO RODRIGUEZ (Club de Bolos Xove)

CATEGORIA SUPERVETERANOS

1.- MANUEL GONZALEZ (Club de bolos Belesar Urgal de Baiona)

2.- REGINO VELASCO (Club de bolos Los Serenos de Tineo)

3.- JOSE RIESGO (Club de bolos La Panera de Cangas del Narcea)

4.- ALFREDO CAMPO (Club de bolos del Centro Asturiano de Madrid)