Un novo campo Multideportivo en Xove

O Concello de Xove acaba de por en marcha unha nova instalación lúdico-deportiva; trátase do novo CAMPO MULTIDEPORTIVO que se acaba de construir  no interior do Parque Municipal de Xove, ubicado no entorno do Centro Cívico.

CAMPO_MULTIDEPORTIVO_2

A decisión de contruir esta instalación veu motivada polo propio uso desa zona do parque, xa que os nenos/as e rapaces/as  de Xove xa viñan utilizando ese espacio para actividades deportivas. Visto isto, dende o Concello abriuse a posibilidade de ordenar esa zona, primeiro para favorecer o seu uso deportivo, e segundo para evitar molestias aos demáis usuarios do parque. Ao acotar esa parcela, os usuarios van ver mellorado moito esa área, polo que as súas prácticas lúdico-deportivas van ser mellores e máis intensas.
Baloncesto, fútbol sala, tenis, voley, etc., van poder ser practicados nesta nova instalación, dunha forma totalmente libre xa que, inda que se trata dunha instalación vallada, dispón dun acceso libre e permanente, xa que non ten portas de peche.
Esta instalación prefireuse construir con herba artificial e non con cemento, xa que deste xeito se respeta o entorno e suelo natural do parque, que na súa maioría e herba.
Aproveitando a súa apertura ao público, o Alcalde Demetrio Salgueiro e a Concelleira de Deportes Cristina Iglesias, realizaron unha visita hoxe pola mañá á instalación.
A obra, denominada “Acondicionamento de  Área no Parque Infantil de Xove”, contou cun orzamento total de 25.834´92 €uros, dos cales o Concello aportou o 30% (7.750´48 €uros), sendo o resto 70%  (18.084´44 €uros) fondos alleos, concretamente aportados pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional. Neste sentido, o Alcalde sinalou a súa gratitude á Consellería pola participación neste proxecto, que sen dúbida vai facer moi felices aos nenos/as e rapaces/as de Xove, e a todos aqueles que visiten o noso principal parque público.