CAMIÑO DO MAR
Xa está marcado o Camiño do Mar no noso Concello, esta é unha antiga ruta do Camiño de Santiago que estamos intentando recuperar na zona da Mariña lucense. Está sinalizado cunhas frechas de cor amarelo.
Ten un percorrido de 16,59km polo noso concello, entra por Vilar na parroquia de Lago ata a praia de Esteiro en Xuances (de este a oeste), dende aquí, segue direción  a Faro (Viveiro), con esta ruta podese visitar algúns dos lugares máis fermosos do noso concello.