Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

articulos

O Concello de Xove,, vai centralizar os actos do Antroido 2010 no sábado 13 de febreiro, día no que está previsto celebrar o DESFILE 2010 a partires das 17:00 horas. Para realización deste Desfile e para facilitar a participación no mesmo,  abreuse un período de inscrición, o cal xa está aberto dende hai uns días. Polo tanto, tódalas persoas, grupos, etc. que queiran inscribirse previamente no Desfile de Xove, inda o poden facer en:

-Concello de Xove, oficina do Técnico de Cultura (horario de oficina de 8:30 a 15:00 horas) ata o venres 12 de febreiro incluido, ou ben, chamando por teléfono ao Concello, número 982592001, preguntando polo Técnico de Cultura. Isto en canto á inscrición previa.

Pero a posibilidada de inscribirse no Desfile de Xove non remata aquí, dado que o mesmo día do desfile (13 de febreiro), no punto de saída ubicado na Nave-almacén situada ao carón do Campo Municipal de Fútbol de Xove, poderase inscribir dende as 15:00 ata as 16:30 horas. Dende as 16:30 ata as 17.00 horas non se permitirá ningunha anotación máis, e só se poderán recoller os dorsais daqueles que se inscribiran previamente  via telefónica ou presencial.

O Concello ten previsto que  tódolos/as  participantes (individual infantil, individual adulto, parellas, comparsa/grupos e carrozas) que se houberan inscrito previamente no desfile  (antes do 13 de febreiro) reciban un agasallo de parte da Organización. Os/as que se inscriban o mesmo día do desfile non terán dereito a este agasallo. O agasallo entregaráselles ao final do Desfile, entregando o ticket facilitado previamente pola Organización.

En canto ao Programa do Desfile deste 13 de febreiro, é o seguinte:

  • 16:00 h.- Pasarruas por Xove a cargo da Comparsa “A Pataqueirada” de Burela.
  • 17:00 h.- Saída do Desfile dende as inmediacións do Campo Municipal de Fútbol de Xove e chegada ao Centro Cívico.
  • 18:30 h. Baile Infantil de Disfraces con “Neoland” no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove. No intermedio deste Baile farase entrega dos premios do desfile en categoría individual infantil.
  • 22:30 h. Baile de Disfraces no Pavillón Municipal de Xove coa “ORQUESTA MASTER”. Nun intermedio deste Baile, farase a entrega dos premios do Desfile de Antroido.

A entrada, tanto ao Baile Infantil de Disfraces como o Baile do Pavillón, vai ser totalmente libre e gratuita.

Novo-->XeoPortal
OJO:No funciona en Firefox
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo