Con este sitio web o Concello de Xove, como entidade de Administración Local contratante desexa asegurar a transparencia e o acceso público na actividade contractual dunha maneira clara para o cidadán.
A entrada en vigor da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, supón un impulso á utilización dos medios electrónicos, informáticos e telemáticos na contratación pública.
Nese marco legal, unha das liñas fundamentais de actuación diríxese a millorar os sistemas de información sobre a actividade contractual, creando novas figuras, como o Perfil do contratante e as Plataformas de Contratación que, a través de Internet, serán ferramentas de gran axuda para o coñecemento e seguimento dos procedementos contractuais abertos ou en curso e mesmo de coñecer posibilidades de negocio co sector público.
O Concello de Xove integrase a través da plataforma que a Xunta de Galicia dispón para este fin, que se atopa en http://www.contratosdegalicia.es, e que para facilita-lo os interesados en contratos co Concello de Xove, está aqui íntegrada, polo que de forma directa xa se poden consultar soamente os que pertencen ó Concello de Xove.
Consultas: Luís M. Fernández del Olmo, Secretario do Concello
Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. 982-592001