C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Turismo Xove
Administración Local
Deporte
Urbanismo
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

As Oficinas Xerais están situadas na planta baixa do edificio da Casa do Concello e sirven de acceso ós demáis departamentos. Aquí están ubicados os seguintes servizos:

Rexistro de Entrada e Saída

O Rexistro Xeral, aberto de 9 a 14 horas, para a presentación de documentación dirixida a calquera dependencia municipal, estando completamente informatizado por medio da plataforma creada pola empresa adicada á administracion Local (EsPublico).

Sede Electrónica do Concello

Printer-128x128

pódense realizar distintos trámites co Concello, ainda que para elo sexa imprescindible ou un Certificado Dixital expedido pola FNMT ou o DNI electrónico correctamente configurado e co lector correspondente. A Lei 30/1992 de Réximen Xurídico das Administracións Pública e do Procedemento Administrativo Común, regula o acceso dos cidadáns para  presentar solicitudes, escritos ou  comunicacións en calquera órgano das administracións públicas; e  polo que o Rexistro do Concello de Xove, a través do convenio xa formalizado ó efecto, pode exercer de rexistro de entrada para o resto das administracións públicas.   

Portelo Único da Xunta de Galicia

Permite presentar nas oficinas do Concello a documentación administrativa dirixida á Xunta de Galicia.  Horario:   de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas  As funcións que comprende son: Rexistro Xeral de escritos, solicitudes ou comunicacións dirixidas a calquera organo da Administración Autonómica de Galicia. Información xeral da Administración Autonómica de Galicia. Información particular sobre aqueles expedientes administrativos tramitados por instancia perante a Administración Autonómica de Galicia, nos que o solicitante sexa o interesado. Acceso ao Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma.  Lexislación: Lei 30/1992 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e procedemento administrativo común. Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia e Admón. Pública e a F.E.G.A.M.P.  Orde do 14/02/01 pola que se dispón o comezo da actividade administrativa a efectos de Rexistro Xeral de documentación dirixida á Xunta de Galicia, no Concello da Xove e outros.

Engadir tamén  os  expedentes de licencias e obras, os certificados do padrón de habitantes, a  información sobre  Rustica, Urbana , Vehículos, etc.

Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo