Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte 
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
 |
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE - 2026
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 17 de FEBREIRO de 2026 (MARTES DE CARNAVAL)
---> 31 de AGOSTO de 2026 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS

* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|

|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
 |
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Campaña de Concienciación MedioAmbiental 2025
07/Xullo/2025
Concellería de Medio Ambiente
-
 

Actividades verán OMIX 2025
03/Xullo/2025
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Xa deron comezo as actividades de verán no Concello de Xove, organizadas polos Departamentos de Deporte, Xuventude e a Oficina de Información Xuvenil, cun alto grao de participación.
Nesta edición “Mañás Activas” conta con 56 participantes dende o día 1 de xullo ata o vindeiro 29 de agosto para a rapazada a partir de 10 anos.
Dentro da súa programación teñen robótica educativa, campamento dixital, multideporte e saídas a Roq Sport para gozar de actividades ao aire libre. Así como, unha viaxe a Oleiros o día 13 de agosto para gozar dunha mañá nas instalacións de Urban Planet. Tamén visitarán o Karting de Arifran o día 9 de xullo.
O programa de verán conta tamén con actividades deportivas para variado rango de idades como son full body, ximnasia para maiores, pilates, curso de pádel e multideporte.
Dentro da programación de Xuventude hai un campamento de tres días en Morás, unha excursión ao Urban Planet, unha visita ao Karting de Arifran e unha viaxe ao Aquapark de Cerceda. Completan a variada oferta de actividades de xuventude as monitorizadas por Roq Sport: parque de aventura, paintball e sup e big sup.
O Concello de Xove tamén oferta actividades para gozar en familia, os “Domingos a Remollo” na praia de Lago os días 6, 13, 20 de xullo e 3, 10 de agosto.


Rutas Guiadas Verán 2025
01/Xullo/2025
CONCELLO DE XOVE
-
XOVE PRESENTA A SEGUNDA EDICIÓN DAS RUTAS GUIADAS PARA ESTE VERÁN 2025
O Alcalde, Demetrio Salgueiro e a Concelleira de Turismo, Cecilia Duarte presentaron esta tarde o novo programa de rutas guiadas da empresa Rutas Galicia Norte, unha iniciativa turística e educativa que invita a veciños e visitantes a coñecer a riqueza natural, cultural e histórica do municipio.
O proxecto impulsado pola área de Turismo e Medio Ambiente, inclúe unha serie de percorridos a pé por paraxes naturais, sendeiros tradicionais e puntos de interese turístico. Estas rutas estarán acompañadas por un guía especializado, Boris Vilar Vidal, que ofrecerá explicación sobre a flora, fauna, xeoloxía e patrimonio local, promovendo o respeto polo entorno e o coñecemento do territorio.
Queremos destacar a importancia de fomentar un turismo sostible que poña en valor os recursos naturais e culturais do noso municipio, ao tempo que ofrecemos aos nosos veciños, a oportunidade de redescubrir o seu entorno máis cercano.
As rutas serán os seguintes días:
-
- VENRES 18 DE XULLO – RUTA DOS MUIÑOS DA RIGUEIRA, etnografía e crenzas dos habitantes do río.
- XOVES 24 DE XULLO – ACANTILADOS DE PAPEL, COSTA CON NARRATIVA, caza de baleas e a fascinante Ansarón.
- XOVES 7 DE AGOSTO – SAN TIRSO DE PORTOCELO, UN ENCLAVE ÚNICO, arqueoloxía e pareidolias en Roncadoira.
- XOVES 21 DE AGOSTO – ESTEIRO DE XOVE, XEOLOXÍA SINGULAR, a paisaxe de Muiñelo a Punta da Mansa.
A inscripción será gratuita e pódese facer dende xa a través do e-mail Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.
Con esta iniciativa, o Concello de Xove busca reforzar a identidade local, promover hábitos de vida saudables e dinamizar o turismo de natureza de forma sostible e respetuosa.

Copa de Galicia Pumptrack 2025 ´Xove
01/Xullo/2025
CONCELLO DE XOVE
-
Este sábado, 5 de xullo: II G.P Concello de Xove. Copa de Galicia Pumptrack 2025 Este ano o Concello de Xove xunto con Sportskids, volven organizar unha das probas da Copa de Galicia Pumptrack 2025 a cal este ano e puntuable para o ranking da Real Federación Española de Ciclismo e non deixarán indiferente a ninguén, denominada COPA DE GALICIA PUMPTRACK 2025 - II G.P CONCELLO DE XOVE O Pumptrack de Xove e dos mais punteiros de Galicia e actualmente está entre os 3 favoritos de todos os riders galegos. O Concello de Xove un ano máis aposta por esta modalidade de ciclismo e por traer xente de toda España e Portugal. Desde o Concello e desde a Organización esperan que todos os ciclistas que se desprazarán para a proba, vindos de toda a xeografía española e portuguesa, gocen dun gran evento. A proba poderá ser seguida en vivo a través de Youtube, asi que non vos perdades unha das mellores probas do panorama galego.

Curso de Apicultura en Xove
30/Xuño/2025
Delegación de Agricultura
-
Ven de rematar no Concello de Xove un intenso curso de 30 horas de duración acerca da Selección e cría de raíñas.
A través da Consellería de Medio Rural, da Axencia Galega da Calidade Alimentaria AGACAL, do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e do FEADER, a CASA DO Mel de Goente (As Pontes) impartiu un curso de Selección e cría de raíñas na aula de formación do Concello de Xove en horario de 9 a 14 h e durante 6 intensos días durante os cales, ademáis da parte práctica nun colmenar en Villalpol, na parroquia de Portocelo, trataron o seguinte temario:
- 1. Ciclo de vida das abellas
- 2. Identificación dos distintos estados larvarios
- 3. Selección
- 4. Cría de Abázcaros
- 5. Métodos de división de colmeas
- 6. Métodos de cría de raíñas
- 7. Taslarve
- 8. Formación de colmea criadora (método Cloake)
- 9. Formación de núcleos e paquetes de abellas
- 10. Marcaxe de raíñas
- 11. Métodos de introdución de raíñas
O alumnado quedou encantado e á espera de máis cursos debido á gran afección pola apicultura que hai pola zona.

FOTOGRAFÍA DOS ASISTENTES Ó CURSO

Comeza o Programa Concilia Verán 2025
30/Xuño/2025
CONCELLO DE XOVE
-
O pasado luns deu comezo no Concello de Xove o programa Xove Concilia Verán, para un total de 90 nenos/as anotadas durante os meses de verán, ata a primeira semana de setembro. O programa está cofinanciado pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade, dentro do Plan Corresponsables.
O Concello de Xove, a través do Departamento de Servizos Sociais, Sanidade, Muller e Políticas de Igualdade, e do seu servizo de conciliación denominado, Xove Concilia, ofrece un servizo de conciliación familiar para nenas e nenos de 3 a 10 anos, de luns a venres, de 8:45 a 14:00 h. O servizo, levado a cabo por monitoras e monitores profesionais, conta con actividades lúdicas e educativas de calidade, que promoven valores saudables na ocupación do tempo libre durante o período das vacacións escolares de verán.
A Conciliación e a Corresponsabilidade nos usos do tempo son eixes principais e transversais nas políticas sociais do Municipio, desde onde se trata de avanzar cara unha organización social favorable a que mulleres e homes compaxinen en igualdade a esfera privada e a profesional. Deste xeito, desde o Concello de Xove póñense en marcha servizos públicos como o Xove Concilia, que trata de favorecer a conciliación nos períodos anuais de vacacións escolares, prestando apoio á xestión dos tempos familiares e laborais dos proxenitores.
Entregados os premios do concurso do Día das Letras Galegas
17/Xuño/2025
CONCELLO DE XOVE
-
A Concelleira de Cultura entregou hoxe no CEIP Pedro Caselles Rollán os premios do concurso organizado pola Biblioteca Pública Municipal para o alumnado dos dous centros educativos de Xove, o CEIP mencionado con anterioridade e o IES Illa de Sarón, con motivo da celebración o 17 de maio do Día das Letras Galegas. A relación de premiados/as é a seguinte:
EDUCACIÓN INFANTIL:
1º PREMIO: (Nº 7) María García Val
2º PREMIO: (Nº 15) Elsa Baño Bouza
3º PREMIO: (Nº 14) Brais Pereira Castro
1º e 2º EDUCACIÓN PRIMARIA:
1º PREMIO: (Nº 13) Jimena Paleo Enríquez
2º PREMIO: (Nº 19) Anaïs Romero Suárez
3º PREMIO: (Nº 21) María Moreira Rego
3º e 4º EDUCACIÓN PRIMARIA:
1º PREMIO: (Nº 11) Jesús López Franco
2º PREMIO: (Nº 17) Martina Mariño Ferrería
3º PREMIO: (Nº 6) Pablo García Val
5º e 6º EDUCACIÓN PRIMARIA:
1º PREMIO: (Nº 12) Alba Maseda Franco
2º PREMIO: (Nº 9) Aya El Omari
3º PREMIO: (Nº 16) Eva Cancela Trastoy
E.S.O.:
1º PREMIO: (Nº 18) Marcos Mariño Ferrería
2º PREMIO: (Nº 22) Carla Casabella Puñal
3º PREMIO: (Nº ) DESERTO
Parabéns a todos/as!
Imaxes do San Antonio 2025
16/Xuño/2025
Turismo, Investigación Social e Muller
-
Proba de sirenas no Depósito de Lodos Vermellos...
16/Xuño/2025
CONCELLO DE XOVE
-
O MARTES, día 17 de xuño de 2025, ás 10 da mañá, vaise a realizar unha proba das sirenas do Depósito de Lodos Vermellos de Alcoa Europe que, no caso de producirse un incidente grave, actuaría como elemento de aviso á poboación.
Esta proba vai servir para avaliar o seu correcto funcionamento así como dar a coñecer o seu son aos cidadáns.
Máis aló destes sinais acústicos, a actividade dos veciños non se verá afectada, e poden continuar coas súas actividades habituais.
A información é seguridade. Grazas pola súa colaboración.
Teatro para toda a familia
11/Xuño/2025
Departamento de Cultura e Comunicación
-

Documental: Xove, democracia nuclear
04/Xuño/2025
CONCELLO DE XOVE
-

--> O Concello de Xove veu de organizar, coa colaboración do IES Illa de Sarón, a proxección do documental de Pedro Lechuga “Xove, democracia nuclear”, sobre a mobilización contra o proxecto de construción dunha central nuclear no municipio xovense nos anos setenta.
Na proxección que tivo lugar onte, luns 10 de xaneiro, ás 16:45 h.no Salón de Actos, aparte do alumnado do IES de Xove e profesorado do centro, tamén asistiu máis público interesado na temática.

Fogueiras de San Xoan e San Pedro 2025
29/Maio/2025
Delegación de Agricultura
-

Romaría ó San Antonio Ventureiro da Rigueira 2025
27/Maio/2025
Turismo, Investigación Social e Muller
-
Xa podes inscribirte para facer a romaría ó San Antonio Ventureiro o próximo 13 de xuño e recibir a Ventura e o lirio branco cando chegues á igrexa da Rigueira. O prazo de inscrición remata o mércores 11 de xuño, ás 13:00 h (para que nos dea tempo a encargar as flores).

Mañás Activas 2025
26/Maio/2025
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Aberto o prazo de inscrición para o programa Mañás Activas ata o 14 de xuño.
A inscrición para este programa pode facerse de forma telemática pola sede electrónica do Concello de Xove ou de forma presencial na OMIX.

Xove Concilia Verán 2025
20/Maio/2025
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Aberto o prazo de inscrición no programa Xove Concilia Verán ata o 7 de xuño na OMIX.
|
|
|
|
 |
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|