* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xullo
I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de decembro- Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
Recepcionadas as obras de Roncadoiro
18/Maio/2011
Departamento de Obras
Hoxe sobor das 13:45 horas no Faro de Roncadoiro, na Parroquia de Portocelo en Xove, o Director da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao Emilio F. García García, acompañado do Alcalde de Xove Demetrio Salgueiro, da Concelleira de Cultura Dolores Meitín e outras autoridades, procedeu á recepción das obras realizadas nos últimos meses no Faro de Roncadoiro e o seu entorno.Nunha primeira fase, na que se investiron orredor de 300.000 € entre aAutoridade Portuaria e o noso Concello, procedeuse ao arranxo dos accesos ao Faro, aproveitando tamén para levar unha traída de luz ás instalacións do mesmo; ata ese intre, a electricidade do Faro cubríase cun xenerador.Nesta segunda fase, completáronse os traballos iniciados consistentes no acondicionamento do entorno do propio faro, adaptándoo para as visitas do público, dada a súa situación e o carácter paisaxístico da zona, así como para o uso dos técnicos que manteñen o seu funcionamento. As obras consistiron en mellorar a explanada onde remata a estrada que dá acceso ao faro, dotando o entorno dunha balaustrada para dar seguridade aos peatóns; tamén consturiron unhas aceras para separar o tráfico rodado do peatonal.
O Presuposto das obras da segunda fase rondan os 87.000 €uros, co cal o investimento realizado nas dúas fases do Faro de Roncadoiro e o seu entorno achéganse aos 400.000 €uros.
XVIIIº Torneo de Ximnasia Rítmica
18/Maio/2011
Departamento de Cultura e Comunicación
O sábado 21 de maio vai ter lugar no Pavillón Municipal de Deportes de Xove o XVIIIº TORNEO CONCELLO DE XOVE DE XIMNASIA RÍTMICA, unha das competicións deportivas de ritmica con máis solera da nosa Provincia. O Torneo, organizado polo Concello a través da Concellería de Cultura e a Escola Municipal de Ximnasia Rítmica, vai dar comezo ás 17:30 horas coa presencia de 8 equipos, as Escolas Municipais de: Xove, Lugo, Vilalba, Rábade, Outeiro de Rey e Guitiriz e os Clubs Senra de Lugo e Porta Norte de Burela, cunhas 170 ximnastas de prebenxamín a xuvenil. O Torneo, como é preceptivo, vai comezar antes da hora citada co quencemento e paso previo polo tapiz de tódalas participantes. Ás 17:30 horas vaise abrir coa EXHIBICIÓN “PROGRESIÓNS XIMNÁSTICAS” a cargo de tódalas alumnas da Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Xove. Rematada a exhibición, vai comezar acompetición propiamente dita coa modalidade de conxuntos da categoría pre-benxamín.
O orde de competición é o seguinte:
-Pre-Benxamín Conxuntos
-Benxamín Conxuntos
-Infantil Individual
-Alevín Conxuntos
-Cadete Individual
-Infantil Conxuntos
-Senior Individual
-Senior Individual Masculino
-Cadete Conxuntos
-Senior Conxuntos
Rematará o Torneo co desfile e a entrega de trofeos e medallas a tódolas participantes, acto que estará presidido polo Alcalde Demetrio Salgueiro.
10/Maio/2011
Departamento de Cultura e Comunicación
Óliver Escobar (Xove, 1979) acaba de publicar un capítulo sobre comunicación política no libro internacional Política e Emocións: O fenómeno Obama (Enlace: http://bit.ly/f0wdxG). O libro, que saíu á venda neste mes de Abril será presentado en diversas universidades en Escocia, Inglaterra, Alemaña, Estados Unidos e España. Óliver segue a traballar na Universidade de Edimburgo (Reino Unido). Podes ver máis información sobre o seu traballo no blog http://bit.ly/gBEQ3I (en inglés).
Campionato Provincial de Patinaxe Artístico
03/Maio/2011
Departamento de Cultura e Comunicación
A Concellería de Servizos Sociais organizou unha viaxe para as persoas maiores de 60 anos e xubiladas do Concello de Xove con destino á COSTA DO SOL cunha duración de 8 días. O pasado martes, 26 de abril, 78 persoas do noso concello partiron con destino a Torremolinos, acompañadas por tres técnicas municipais.
Durante a viaxe fixeron escala en Cáceres, onde disfrutaron dunha visita guiada á cidade extremeña. Unha vez instalados en Torremolinos, puideron realizar varias excursións a Málaga, Ronda, Marbella, Puerto Banús e Granada. As entradas á Catedral e Casa Picasso en Málaga e a Alhambra en Granada estaban incluidas no coste da viaxe. As diferentes visitas contaron co servizo de dous guías locais.
As persoas, que participan nesta viaxe, regresarán mañá martes, día 3 de maio, despois de facer noite en Salamanca e visita á cidade.
Festas de San Isidoro de Monte
25/Marzo/2011
Departamento de Cultura e Comunicación
Un ano máis a Comisión de Festas de Monte, formada porTonio, Enrique, Pepito, Fino, Antonio e Felipe, organiza as FESTAS PATRONAIS DA PARROQUIA EN HONRA A SAN ISIDORO os vindeiros 1, 2 e 3 de ABRIL de 2011, con arranxo ao seguinte programa:
VENRES, 1 DE ABRIL: Vai comezar esta Festa cunha Verbena a partires das 9 da noite coa formación musical: "ABANICO".
SÁBADO, 3 DE ABRIL:
-12:00 Horas.- MisaSolemne na Igrexa Parroquial e Procesión en Honra a San Isidoro.
-14:00 horas.-Sesión Vermú con "MASTER".
-15:00 horas.-Xantar Veciñal, aberto a tódolos públicos, servido pola Empresa Villapol nunha carpa cuberta. Neste xantar, ademáis dos veciños, poderá participar calquer persoa de fora previa adquisición no Centro Social da Parroquia dun ticket de 20 euros.
-17:00 horas.-Verbena con: "MASTER" e "DÚO DE GALICIA". Para esta verbena, a Comisión ten preparados 3 trofeos para as tres mellores parellas de baile.
DOMINGO, 4 DE ABRIL:
-10:00 horas.- Ruta de Sendeirismo "Penasagudas á Cruz do Pao da Vella", organizada pola Comisión de Festas".
-Despois do Xantar, Verbena co: "DÚO GALICIA".
A Comisión de Festas dispón dunha CARPA na cal se realizarán os bailes dos tres dias da festa.
A Comisión quere agradecerlle a tódalas institucións,empresas e particulares que dalgunha maneira axudaron, a súa colaboración coas nosas Festas Patronais.
Programa de cursos de idiomas no extranxeiro
21/Marzo/2011
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
O programa de Cursos de idiomas no extranxeiro, pon á disposición da xuventude galega a posibilidade de viaxar a diferentes lugares do mundo, co obxectivo de poder aprender e perfeccionar unha nova lingua, e enriquecer a convivencia intercultural.
Recóllese unha amplia selección de cursos internacionais en máis de 100 prestixiosas escolas de idiomas, situadas en diferentes países.
Inglés, francés, alemán, italiano, portugués e ruso son os idiomas que se poden estudiar en diferentes países como Reino Unido, Irlanda, Canadá, Estados Unidos, Francia, Alemania, Italia, Portugal ou Rusia, entre outros.
Nos pdfs que hay a continuación, detállanse as características de cada curso e descripcións das localidades onde se desenvolven, para que os xóvenes interesados poidan adquirir unha primeira información que lles permita desenvolverse en un ambiente internacional multicultural.
Para mais información na OMIX do Concello ou na páxina de Xuventude.net
Rematou a temporada de bolos de Xove
21/Marzo/2011
Departamento de Cultura e Comunicación
O pasado sábado 19 DE MARZO tivo lugar na Bolera do Centro Social de Sumoas a ViIIª COPA DE BOLOS "CONCELLO DE XOVE", competición coa que a Concellería de Cultura do Concello puxo punto final a temporada 2010-2011 de bolos. Despois disto, haberá que esperar ata o mes de outubro deste ano para comezar unha nova temporada.
15/Marzo/2011
Departamento de Cultura e Comunicación
O Alcalde Demetrio Salgueiro e a Concelleira de Cultura Dolores Meitín recibiron hoxe no Salón de Plenos a un grupo de alumnos/as, acompañados dunha profesora, procedentes da zona de Orleans en Francia.
celebrado o Dia Internacional Da Muller Traballadora
14/Marzo/2011
Departamento de Servizos Sociais
adicado este ano ás “emigrantes retornadas”
A homenaxe que se ven celebrando no Concello con motivo do Día Internacional da Muller traballadora tivo lugar este ano onte domingo 13 de marzo ás 17:30 no Salón de Actos do Centro Cívico. No mesmo participaron orredor das duascentas mulleres.
Comezou o acto coa videoproxección do documental “Emigrantes Retornadas” elaborado pola Delegación da Muller e o Departamento de Servizos Sociais do Concello. A continuación, e despois dunhas verbas do Alcalde Demetrio Salgueiro, procedeuse a realizar unha homenaxe a tres mulleres emigradas. Das moitas mulleres emigradas e que retornaron a Xove, escolléronse as máis lonxevas das que emigraron fora de España a tres continentes distintos, concretamente a Europa, América e África.
Estas tres mulleres homenaxeadas foron:
Dna. Nélida Fernández Quelle, que marchou no ano 1957 cara Arxentina cando contaba só con 23 anos de idade. Fixo a viaxe na compaña da súa irmá, e unha vez en Bos Aires gañouse a vida traballando como parte do servizo de casas da alta sociedade porteña, e tamén no taller do costura do Hospital Británico. Voltou a Xove no ano 1987.
Dna. Mª Isabel Dosinda Rey Álvarez, que partiu cara Suiza no ano 1962, cando tiña 29 anos, na compaña do seu marido. Con formación en peritaxe mercantil, pronto pasou de traballar na planta dunha empresa de lavandería ás súas oficinas, onde desempeñou o seu posto con éxito durante sete anos, ata que atopou outro traballo máis preto do seu domicilio nunha empresa de material de oficina. Voltou a Xove no ano 1977, trala morte da súa nai.
Dna. Antonia Rey Casariego, que se foi no ano 1967 cara Liberia, no continente africano, acompañando ao seu marido. Ela nun principio ocupouse das tarefas domésticas, pero pronto voltou a exercer o seu oficio de costureira, a través da confección e o arranxo de roupa para clientes particulares. Voltou a Xove no ano 1975, principalmente para que os seus fillos recibisen unha educación de mellor calidade.
Elas son tan só unha mostra do carácter emprendedor das mulleres do municipio. Dende o Concello de Xove queremos renderlles a nosa admiración e afecto a todas elas.
Como remate deste Día, tódalas participantes puideron disfrutar dunha chocolatada.
CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE SUMOAS (12 MARZO 2011 )
14/Marzo/2011
Departamento de Cultura e Comunicación
Tarde chuviosa e moi desapacible, o que fixo que dificultara moito o xogo. -44 inscritos, 27 na Liga Senior, 10 na Sub 18 e 7 na Liga Feminina. Última tirada desta XXIIª edición do campionato de bolos do Concello.
Precisamente, ao remate desta temporada, desexamos darlle as grazas á Autoescuela Mundial pola colaboración que nos 10 últimos anos mantivo con este campionato.
11/Marzo/2011
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
Onte, xoves 10 de marzo, ás 15:00 horas na Sala de Ordenadores da OMIX de Xove tivo lugar a entrega de Diplomas do Curso de Informática organizado pola ACIAM de Xove, curso que contou coa colaboración da Concellería de Servizos Sociais a través da aula de informática da OMIX. No mesmo participaron exclusivamente socios/as da ACIAM Xove. Tratouse dun curso básico de informática, onde se traballou con programas básicos como Word, Excel, etc.
A entrega foi presidida polo Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado pola Concelleira de Servizos Sociais Ana Abad.
Dia internacional da muller traballadora
09/Marzo/2011
Departamento de Cultura e Comunicación
A homenaxe que se ven celebrando no Concello con motivo do Día Internacional da Muller traballadora terá lugar este ano o domingo 13 de marzo ás 17:30 no Salón de Actos do Centro Cívico, e realizarase, coma os outros anos, unha chocolatada (que será a cuarta) para todas as mulleres do municipio. Este ano, o acto está adicado as Emigrantes Retornadas do concello de Xove. Dende a Delegación Municipal da Muller e o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Xove invítase a participar a todas aquelas mulleres que queiran aproximarse o domingo a esta pequena reunión. Debido ao grande número de emigrantes retornadas que atopamos no municipio, decidimos que, aínda que este día é para todas elas, as homenaxeadas sexan as máis lonxevas. Así, renderase homenaxe as veciñas:
Dna. Nélida Fernández Quelle, que marchou no ano 1957 cara Arxentina cando contaba só con 23 anos de idade. Fixo a viaxe na compaña da súa irmá, e unha vez en Bos Aires gañouse a vida traballando como parte do servizo de casas da alta sociedade porteña, e tamén no taller do costura do Hospital Británico. Voltou a Xove no ano 1987. Dna. Mª Isabel Dosinda Rey Álvarez, que partiu cara Suiza no ano 1962, cando tiña 29 anos, na compaña do seu marido. Con formación en peritaxe mercantil, pronto pasou de traballar na planta dunha empresa de lavandería ás súas oficinas, onde desempeñou o seu posto con éxito durante sete anos, ata que atopou outro traballo máis preto do seu domicilio nunha empresa de material de oficina. Voltou a Xove no ano 1977, trala morte da súa nai. Dna. Antonia Rey Casariego, que se foi no ano 1967 cara Liberia, no continente africano, acompañando ao seu marido. Ela nun principio ocupouse das tarefas domésticas, pero pronto voltou a exercer o seu oficio de costureira, a través da confección e o arranxo de roupa para clientes particulares. Voltou a Xove no ano 1975, principalmente para que os seus fillos recibisen unha educación de mellor calidade. Elas son tan só unha mostra do carácter emprendedor das mulleres do municipio. Dende o Concello de Xove queremos renderlles a nosa admiración e afecto a todas elas.
Entrega de trofeos Futbolin
09/Marzo/2011
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
O día 7 de marzo, celebrouse na OMIX do Concello de Xove un Torneo de Futbolín, no que participaron 9 parellas de idades comprendidas entre os 12 e os 21 anos. Este torneo, organizado pola Delegación Municipal de Xuventude, vense celebrando dende fai anos e conta con gran participación entre a mocidade de Xove.
Nesta ocasión, a parella formada por Adam Suárez e Lander Donoso, foron os ganadores, que recibiron como premio unha mochila trolley. Os subcampións, Adrián Díaz Bruzos e Youssef Housni, tamén contaron cun agasallo.
Durante a final e para a entrega de premios estiveron presentes Demetrio Salgueiro, Alcalde de Xove, e a Concelleira de Xuventude, Ana Abad.