Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte 
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
 |
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2023
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove durante o ano 2022 son as seguintes:
---> 21 de febreiro de 2023 (Martes de Entroido)
---> 21 de agosto de 2023 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS

* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xullo
|
 |
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de decembro- Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Acción Verán 2011
09/Marzo/2011
Departamento de Servizos Sociais
-
A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, convoca a Campaña de Verán 2011, para favorecer que a xuventude empregue parte do seu tempo vacacional en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo. “Acción Verán” é un programa de actividades que teñen lugar durante os meses de xullo e agosto, tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas. Está composto por diferentes áreas, que comprende actividades de ocio para a xuventude e actividades de voluntariado en campos de traballo nacionais e extranxeiros.
- CAMPAMENTOS E INTERCAMBIOS BILATERAIS CON OUTRAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS: para mozos e mozas entre 9 e 17 anos. O prazo de solicitude está aberto dende o 8 ao 22 de marzo.
- ACTIVIDADES, dirixidas á mocidade de entre 18 e 35 anos. Reserva a partir do 8 de marzo.
- CAMPOS DE TRABALLO, nacionais e extranxeiros.
Para máis información, acudir á Oficina de Información Xuvenil do Concello.
Charla Informativa sobre a PAC (politica agraria común)
03/Marzo/2011
Delegación de Agricultura
-
O XOVES, 10 de marzo ás 20:00 h. (8 da tarde), terá lugar no salón de actos do Centro Cívico de Xove, unha charla informativa para informar da tramitación e das novidades da PAC (Política Agraria Común), para este ano 2011. Remedios Soto Lorenzo, xefa de sección da Oficina Agraria Comarcal de Viveiro, será a encargada da ponencia.
Mañá comeza o programa de actividades do Antroido 2011
03/Marzo/2011
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura e da Concellería de Servizos Sociais, presenta un amplo Programa de Actividades para este ANTROIDO 2011.
- Mañá VENRES 4 DE MARZO, pola mañá, teremos o primeiro acto do Antroido en Xove coa celebración da Festa do Antroido na Escola Infantil de Xove, na que van participar tódolos nenos/as da gardería municipal, e se o tempo o permite, que esperemos que sí, van realizar tamén un Pasarrúas por Xove. Organiza a Concellería de Servizos Sociais.
Leer más:Mañá comeza o programa de actividades do Antroido 2011
Visita do Presidente de Portos de Galicia aos portos de Morás, Burela e Foz
01/Marzo/2011
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Desenvolvemento da visita en Xove: (2/marzo/2011)
- 9:30 horas.- Saída cara o Concello de Xove
- 11:40 horas.- Chegada á Casa do Concello.
Reciben: Alcalde de Xove, Delegada Territorial Lugo 11:45 horas.- Saida cara o porto de Morás 12:00 horas.- Chegada ao porto de Morás.Reciben: Patrón Maior e membros do Cabildo, Enxeñeiro de Portos de Galicia, Gardapeiraos
- 12:05 horas.- Presentación e explicación, sobre paneis e percorrido polas instalacións portuarias
- 12:30 horas.- Atencion a medios de comunicación no porto
- 12:45 horas.- Fin da visita ao porto de Morás e saída a San Ciprián.
O Concello pide aumentar o número de horas do Servizo de Pediatría en Xove
28/Febreiro/2011
Departamento de Servizos Sociais
-
O Concello de Xove vai solicitar da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia un incremento das horas de pediatría que na actualidade se prestan no Centro de Saúde de Xove, debido , por unha banda, ao gran número de nenos/as do Concello e, por outra, como resposta á demanda social que existe neste sentido no termo municipal.
No Concello nos últimos anos prodúxose un importante incremento da natalidade, o que fai insuficiente o número de horas que o servizo de pediatría presta actualemente no Centro de Saúde de Xove, dahí que se crea necesario, e co fin de manter a calidade do servizo de pediatría, que se aumente o número de horas do mesmo. Deste xeito daríase tamén resposta á inquietude de moitos pais, que se están manifestando neste sentido, mostrando a súa preocupación pola insuficiencia do servizo actual.
Co fin de conseguir este obxectivo, o Alcalde Demetrio Salgueiro vai levar ao próximo Pleno unha moción, solicitando da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia que se incremente o número de horas do servizo de pediatría no Centro de Saúde de Xove.
IIª Festa do Cocido en Xove
28/Febreiro/2011
Departamento de Cultura e Comunicación
-
A ACIAM de Xove organiza un ano máis, e xa van dous, a FESTA DO COCIDO, a cal vai desenvolverse o SÁBADO 12 DE MARZO a partires das 7 DA TARDE.
Neste caso organiza a hostelería da ACIAM, concretamente os bares, cafeterías e restaurantes seguintes: CAFETERÍA A RODA, RESTAURANTE PEPE, BAR COCIÑA, PIZZERÍA A FUGA, RESTAURANTE O REFUGIO E CAFETERÍA CENTRO CÍVICO.
Para promocionar esta festa, a organización ten previsto servir racións a precios populares, concretamente a 8 EUROS. Cada ración vai incluir cachola, lacón, chourizo, garbanzos, grelos, costela, touciño, pito e ternera, máis pan; bebidas aparte.
Como dixemos, os organizadores contan empezar a servir racións a partir das 7 da tarde. Para disfrute e deleite de tódalas persoas que acudan á Festa, decir que os restauradores participantes estanse esmerando na selección de produtos, escollendo para este evento tanto as mellores carnes como as mellores verduras.
Por último, aproveitamos para animar a tódolos xovenses e mariñáns a acudir a esta festa do cocido, un dos pilares da nosa gastronomía.
Viaxe a Taboada da Escola de Maiores
25/Febreiro/2011
Departamento de Servizos Sociais
-
Onte, 24 de febreiro, 38 alumnos/as da Escola de Maiores de Xove e 2 acompañantes do Concello realizaron unha viaxe ao Concello de Taboada dentro do Programa de Viaxes Culturais. Xa en Taboada, estiveron acompañados poa Educadora Familiar e polo Tenente de Alcalde do Concello de Taboada.
O Programa da viaxe foi o seguinte:
- 07:30: Saída de Xove
- 10:30: Chegada e recibimento en Taboada.
- Durante a mañá visitaron: O Palacio dos Condes de Taboada, Casa de Moreda de Arriba, Igrexa de San Pedro de Bembibre e Club Nautico do Encoro de Belesar.
- Despois do xantar, visitaron a queixeiría Macan e a Casa de Turismo Rural Raimundo.
- 19:30: Regreso a Xove.
Entrega de diplomas do Curso de Atención Sociosanitaria
25/Febreiro/2011
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
Mañá, sábado 26 de febreiro, ás 12:30 horas no Salón de Plenos do Concello, vai ter lugar a ENTREGA DE DIPLOMAS DO CURSO DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA, acto que vai estar presidido polo Alcalde Demetrio Salgueiro. Ao mesmo están invitadas tódalas participantes do mesmo.
Este Curso desenvolveuse dende o 24 de maio ao 17 de novembro de 2011, e no mesmo participaron 15 mulleres. A situación actual das 15 persoas que realizaron este Curso, é a seguinte:
- 6 incorporáronse ao mundo laboral.
- 4 están estudiando FP.
- 1 coida a súa nai.
- 4 non están traballando.
En canto ao Curso, incluiu as seguintes Unidades de Competencia:
- DESENVOLVER INTERVENCIÓNS DE ATENCIÓN FÍSCA DOMICILIARIA DIRIXIDAS A PERSOAS CON NECESIDADES DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA (170 HORAS)
- DESENVOLVER INTERVENCIÓNS DE ATENCIÓN PSICOSOCIAL DOMICILIARIA DIRIXIDAS A PERSOAS CON NECESIDADES DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA (210 HORAS)
- DESENVOLVER AS ACTIVIDADES RELACIONADAS COA XESTIÓN E FUNCIONAMENTO DA UNIDADE CONVIVENCIAL (100 HORAS)
- PRÁCTICAS PROFESIONAIS NON LABORAIS (120 H.)
- TÉCNICAS DE BUSCA DE EMPREGO (15 HORAS).
- IGUALDADE DE OPORTUNIDADES (10 HORAS).
Reformas no Faro de Roncadoiro
25/Febreiro/2011
La Voz de Galicia [A Mariña]
-
O director da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, Emilio F. García García, e Demetrio Salgueiro, desprazáronse onte ata Punta Roncadoira para presentar a segunda fase das obras de acondicionamento da contorna do faro. O orzamento é de 86.480 euros e inclúe traballos previos de limpeza e roza, unha capa de asfalto na zona de rodaxe e a instalación dunha beirarrúa de pavimento de lousa e dúas pilonas retráctiles para facilitar o acceso dos vehículos ao faro.
Tamén está previsto recolocar o cartel informativo existente, instalar unha balaustrada de granito para evitar caídas pola pendente e bancos, e colocar un pretil que sirva de protección e asento na zona do faro. Tamén se mellorará o aspecto exterior da construción, co pintado e un zócalo de pedra.
Reunión do alcalde coa asociación de madeireiros de Lugo
24/Febreiro/2011
Delegación de Agricultura
-
Hoxe xoves 24 de febreiro, ás 11:00 horas na Sala de Xuntas do Alcalde, Demetrio Salgueiro acompañado pola Concelleira de Agricultura, Gandeiría e Montes, Dolores Meitín, mantiveron unha nova reunión coa Asociación de Madeireiros de Lugo.
O obxectivo desta reunión é seguir afondando nunha doble problemática: por un lado, a cuestión do estado no que quedan os viais municipais despois de ser sacada a madeira dos montes, xa que os viais sufren un deterioro por este uso; a outra cuestión afecta a ubicación da madeira dos montes, ousexa, ao acopio que os maderistas fan de madeira, en moitas ocasións na beirarúa das pistas.
Na reunión acordouse por parte do Concello manter unha reunión con todos os produtores de madeira que actúan no termo municipal de Xove co fin de seguir afondando na problemática e para tratar de darlle unha solución.
Amplo programa de actividades do Antroido 2011 en Xove
23/Febreiro/2011
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura e da Concellería de Servizos Sociais, presenta un amplo Programa de Actividades para este ANTROIDO 2011.
VENRES, 4 DE MARZO.- Festa do Antroido na Escola Infantil de Xove, na que van participar tódolos nenos/as da gardería municipal, e se o tempo o permite, que esperemos que sí, van realizar tamén un Pasarrúas por Xove. Organiza a Concellería de Servizos Sociais.
SÁBADO, 5 DE MARZO.- Este vai ser o día central do Antroido 2011 no noso Concello. O Programa para este día é o seguinte:
- 16:00 horas.- Pasarrúas a cargo da Charanga "A Pataqueirada de Burela", quens percorrerán e animarán as principais rúas de Xoe.
- 17:00 horas.- Desfile Antroido 2011. Sairá da Nave-Almacén situada ao carón do Campo Municipal de Fútbol, continuará por diante do IES Illa de Sarón e do Pedro Caselles ata sair á Avenida Deputación, continuando pola Avenida Deputación, desviámonos á dereita por Doutor Baamonde Illade, cortamos polo Camiño Real e chegamos ao Centro Cívico.
- 18:30 horas.- Rematado o Desfile, no Pavillón imos ter unha festa especial para os máis pequenos cun Baile Infantil de Disfraces, animado pola Discoteca Móvil Supernova. No intermedio deste Baile, a organización do Antroido fará entrega dos premios do Desfile en categoría Infantil Individual, e tamén do Concurso de Caretas de Antroido organizado pola Biblioteca Municipal de Xove.
- 22:30 horas.- Rematado o baile infantil, a partir da citada hora teremos no Pavillón Municipal un Baile de Disfraces para tódolos públicos animado pola Orquesta Panamá. Nun intermedio deste Baile a Organización entregará tódolos premios do Desfile de Antroido, menos lóxicamente o individual infantil, entregado no baile infantil.
A organización das actividades deste 5 de marzo corre a cargo da Concellería de Cultura.
- DOMINGO, 6 DE MARZO.- Este día a ACD Xove organiza a exhibición da súa primeira obra de teatro. Concretamente o Grupo de Teatro Amateur da ACD Xove vai por en escena a obra "Descubrindo a Chaplin" a partir das 18:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico.
- LUNS, 7 DE MARZO.- Pecharemos as actividades do Antroido 2011 coa celebración dun Torneo de Futbolín na OMIX, organizado pola Concellería de Servizos Sociais.
Tódalas actividades incluidas dentro deste Programa Antroido 2011 son de carácter totalmente gratuito. Por último, dende o Concello aproveitamos para invitar a tódolos xovenses e visitantes foráneos nestas datas, a participar nas múltiples actividades programadas.
Rematou o campionato de tute do Centro Social de Monte
21/Febreiro/2011
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Este Campionato, organizado polo Centro Social de San Isidoro de Monte, que contou coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Xove, comezou en novembro pasado, rematando a mediados deste mes de febreiro, e realizándose a entrega de Trofeos o pasado venres 18 de febreiro, nun acto presidido polo Alcalde Demetrio Salgueiro.
Ao campionato apuntáronse 12 parellas, que competiron todas contra todas, quedando ao final os seguintes gañadores:
- Campións: Carlos e Milucho.
- Subcampións: Severino e Pedro.
- Terceiros: Jose Montenegro e Andrés.
Antes da entrega, tódolos participantes no campionato gardaron un minuto de silencio por Servando Corvelle, un dos gañadores da edición pasada que faleceu. Con este minuto, os presentes quixéronlle render un pequeño tributo. Rematou esta edición do Campionato de Tute de Monte cunha cena de confraternidade, na que os presentes degustaron un gustoso e copioso cocido. Pola súa banda, o Centro Social de Monte quere agradecerlle a tódolos xogadores a súa participación, así como a colaboración realizada polo Concello de Xove.
R comeza o despregamento da súa rede de fibra óptica
18/Febreiro/2011
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Está previsto que medio millar de fogares e empresas de Xove dispoñan de conexión directa á rede de R para acceder aos servizos integrados de teléfono, internet de alta velocidade, televisión dixital e móbil R.
Xove pasará a formar parte do grupo de cidades e concellos galegos que dispoñen de conexión directa á rede de telecomunicacións de última xeración que o operador está a despregar en toda a comunidade autónoma.
R prevé levar os servizos integrados de teléfono, internet de alta velocidade, televisión dixital e móbil R a uns 500 fogares e locais empresariais do municipio. Cun investimento aproximado a medio prazo de 440.000 euros, R despregará 3 quilómetros de canalizacións e preto de 2 quilómetros e medio de fibra óptica en Xove. De feito, os traballos de obra civil para conectar fogares e empresas deste concello lugués á rede de R xa se realizaron nas rúas de Camiño Real, Lavandeiras, Estrada Regueira, Tomás Mariño Pardo e na urbanización Palmeiro e de contado desenvolveranse o resto das obras nos accesos a esta última zona residencial e na área de Deputación.
novos servizos: R, presente xa en 76 localidades da comunidade, continúa despregando a súa rede en Galicia para poder ofrecer, entre outras cousas, servizos de telecomunicacións cun acceso a internet de 100 megas de baixada e 5 megas de suba e cun caudal garantido do 80%. Así mesmo, grazas á nova e potente rede de fibra óptica que R está construíndo, rúa a rúa, os habitantes de Xove disporán de chamadas gratis a todos os fixos estatais e poderán contratar un servizo de televisión temática multicanle con calidade de imaxe e son dixitais por fibra óptica, máis de 90 canles, guía e miniguía electrónicas de programación e múltiples posibilidades de interactividade. O vídeo baixo demanda e máis a televisión en alta definición completarán este ano o servizo de televisión R. Por outra banda, tras pouco máis dun ano do lanzamento do servizo de móbil R, integrado na oferta de telecomunicacións do operador galego, R xa conta con preto de 90.000 liñas e é pioneiro neste mercado ao ofrecer chamadas gratis a móbiles de calquera operador dende o teléfono fixo para todos os seus clientes de televisión dixital e gratis a móbiles R para todos os seus clientes. web de R Cable e Telecomunicacións
Saiñas organiza a VIª Festa do Lacón en Xove
15/Febreiro/2011
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Un ano máis, e xa van seis, a ASOCIACIÓN CULTURAL SAIÑAS organiza en Xove a “VIª FESTA DO LACÓN”, importante acontecemento cultural-gastronómico que se vai desenvolver o vindeiro SÁBADO 19 DE FEBREIRO A PARTIR DAS 8 DA TARDE NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE XOVE.
Este envento, o mesmo ca pasados anos, está aberto a todo o público en xeral, dahí que nos gustaría que ao mesmo acudira o maior número de persoas. Temos previstas sobor de 300 racións, que van ser elaboradas “in situ”, no Pavillón, dahí que vai ser unha boa e moi barata opción para cenar ese día, e degustar un menú tan típico noso, e tan típico das datas nas que nos encontramos, moi perto do Antroido.
A RACIÓN vai costar 7´5 €uros, e a mesma vai incluir: SOPA, PATACA, CHOURIZO, LACÓN, PAN E BEBIDA. Os tickets para as racións hai que mercalos o mesmo día da Festa, na entrada do Pavillón.
Co estómago ben cheo, unha vez rematada a LACONADA, e para alixeirar a dixestión, temos preparado para tódolos/as asistentes unha FESTA RACHADA con baile a tope coa DISCO MÓVIL PEGASO.
Pola noite, durante a Festa Rachada, as persoas que colleron o tícket da ración van disfrutar tamén dunha chocolatada, que se vai repartir pola medianoite.
As persoas que veñan disfrutar con nós, van disfrutar durante os intermedios da Disco Móvil de SORTEOS DE DIVERSOS PRODUCTOS.
Como organizadores deste evento, queremos tamén agradecer a colaboración de: Concello de Xove, ACIAM Xove, Catycris, Caroa Moda, Establecementos Rey, A Medela C.B., Restaurante Pulpería o Refugio e Cesáreo Eijo.
Subcampeóns galegos de Fútbol Sala
11/Febreiro/2011
Departamento de Cultura e Comunicación
-

RECIBIMENTO DO EQUIPO DA MARIÑA SUBCAMPIÓN GALEGO DE FÚTBOL SALA NO CONCELLO DE XOVE, ACTO QUE FOI PRESIDIDO POLO ALCALDE DEMETRIO SALGUEIRO, QUEN LLE REALIZOU A ENTREGA AO EQUIPO DUN PRATO CO ESCUDO DO CONCELLO, E TAMÉN UN AGASALLO PARA CADA UN DOS COMPOÑENTES DO EQUIPO.
ESTE ACTO TIVO LUGAR HOXE DÍA 11 DE FEBREIRO ÁS 18:00 HORAS NO SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO DE XOVE.
RECIBIMENTO DO EQUIPO DA MARIÑA SUBCAMPIÓN GALEGO DE FÚTBOL SALA NO CONCELLO DE XOVE, ACTO QUE FOI PRESIDIDO POLO ALCALDE DEMETRIO SALGUEIRO, QUEN LLE REALIZOU A ENTREGA AO EQUIPO DUN PRATO CO ESCUDO DO CONCELLO, E TAMÉN UN AGASALLO PARA CADA UN DOS COMPOÑENTES DO EQUIPO.ESTE ACTO TIVO LUGAR HOXE DÍA 11 DE FEBREIRO ÁS 18:00 HORAS NO SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO DE XOVE.
|
|
|
 |
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|