Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
|
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5
CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)
---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS
* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
|
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Contra a soidade: Xuntos no Nadal
07/Novembro/2011
Departamento de Servizos Sociais
-
Dado o carácter familiar que teñen estas festas na nosa comunidade, e tendo en conta a situación de soidade na que se atopan moitas das persoas maiores, pola carencia de familiares, perda do seu cónxuxe ou a emancipación dos fillos, a Secretaria Xeral de Política Social convoca un total de 240 prazas para participar neste Programa distribuidas da seguinte maneira:
- 1. Residenciade Tempo Libre do Carballiño: 70 prazas para a provincia da Coruña e 50 prazas para a provincia de Ourense
- 2. Residencia de Tempo Libre de Panxón: 70 prazas para a provincia de Pontevedra e 50 prazas para a provincia de Lugo.
O Programa contempla o aloxamento , en habitacións dobres e manutención en réxime de pensión completa, durante 10 dias (9 noites) que se computarán desde o momento de saída do lugar de orixe ata o momento da saída do centro no que se leva a cabo.
A saída desde os puntos de orixe (Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense) realizarase o dia 23 de decembro pola mañá e o regreso o dia 1 de xaneiro de 2012 despois do xantar.
Datas: Este programa vaise desenvolver nas datas comprendidas entre o 23 de decembro de 2011 e o 1 de xaneiro de 2012.
Persoas beneficiarias: Para ser beneficiario deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos:
- Ser maior de 65 anos ou de 60 sendo pensionista
- Residir na Comunidade Autónoma de Galicia
- Valerse por sí mesmo/a e non padecer trastornos mentais ou condutuais que poidan alterar a convivencia.
- Non estar acollido/a en ningún centro residencial
- Ter un nivel de ingresos económicos baixo
- Ter que pasar só/soa as datas de Nadal.
Para a selección dos participantes aplicaránse as solicitudes que reunan os requisitos, os criterios establecidos no anexo incluido na Circular, dándolle preferencia ás persoas que:
- participen no Programa a nivel individual, que realmente vivan soas e non teñan con quen pasar estas datas.
- teñan un menor nivel de ingresos económicos.
- non participaron neste ano en ningunha quenda do Programa de Turismo Social, nin en pasadas edicións do Programa Xuntos polo Nadal.
- Teñan máis idade.
Ainda obtendo unha puntuación que lles permita o acceso ao Programa, poderanse excluir aqueles solicitantes que xa participaron outros anos e non se adaptaron as normas de convivencia establecidas.
Servizos:
- Transporte desde o Centro Sociocomunitario que se lle indique na carta de adxudicación da praza.
- Aloxamento en cuartos compartidos e manutención das persoas participantes en réxime de pensión completa.
- Réxime alimenticio especial para as persoas que por prescrición médica o requiran e o acrediten debidamente.
- Actividades de animación sociocultural.
- Póliza colectiva de seguros.
Documentación:
- Solicitude
- Informe médico
- D.N.I.
- Tarxeta sanitaria
- Certificado de Pensión 2011
- Certificado de convivencia actualizado da persoa solicitante
Lugar de presentación: Servizos sociais municipais.
Prazo de presentación: Ata o 30 de novembro de 2011
Obradoiro sobre oratoria e comunicación verbal
07/Novembro/2011
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
O 11 de novembro, de 17:00 a 19:00 horas, terá lugar na OMIX o obradoiro " TÉCNICAS DE ORATORIA E COMUNICACIÓN VERBAL" , da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia. Este obradoiro está dirixido a rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 15 e 30 anos.
Os contidos desta actividade son, entre outros, o arte de falar en público, a confianza e seguridade persoal e a elaboración e exposición de discursos ou traballos para súa exposición en público. As persoas interesadas poden anotarse na OMIX ata o día 8 de novembro. As persoas participantes terán dereito a un diploma de asistencia, homologado pola Xunta de Galicia.
HOXE ABRE A EXPOSICIÓN "ELAS ENSINAN"
03/Novembro/2011
Turismo, Investigación Social e Muller
-
A exposición "ELAS ENSINAN" recolle as historias de vida de dezaoito maestras galegas que compartiron o interese pola educación das xeracións máis novas, ás que serviron de modelo profesional e vital. Esta exposición forma parte do Programa "Con Elas" da Secretaria Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.
Poderase visitar no concello de Xove, na Sala de Exposicións do Centro Cívico dende o 3 ao 16 de novembro, en horario de 18:00 a 21:00 horas.
e tamén....
XORNADA INFORMATIVA "PREVENCIÓN E MELLORA DA SEGURIDADE DOS NOSOS MAIORES"
O próximo xoves, día 10 de novembro, terá lugar no Salón de Actos do Concello de Xove ás 11:00 horas, a xornada informativa "PREVENCIÓN E MELLORA DA SEGURIDADE DOS NOSOS MAIORES". Esta actividade ten como obxectivo informar ás perosas maiores sobre estafas, timos, roubos, situacións de maltrato familiar, que poidan sufrir en algún momento dado. Esta xornada informativa forma parte do Plan Maior de Seguridade da Dirección Xeral da Policía e Garda Civil, dirixida á prevención e mellora da seguridade, e vai ser impartida polo Garda Civil, D. José Antonio Arias Fernández.
Leer más:HOXE ABRE A EXPOSICIÓN "ELAS ENSINAN"
Area recreativa no Centro Social de Sumoas
03/Novembro/2011
Concellería de Deporte e Turismo
-
Acondicionamento dun área recreativa no centro social de sumoas, con creación de espazos para xogos tradicionais.
Onte, 2 de novembro, o Alcalde Demetrio Salgueiro, xunto co Concelleiro de Obras José Manuel González e a Concelleira de Deportes Cristina Iglesias realizaron unha visita ao Centro Social de Sumoas, onde acaban de rematar as obras de acondicionamento dun ÁREA RECREATIVA, QUE INCLÚE ESPAZOS PARA XOGOS TRADICIONAIS, no entorno do Centro Social.
Esta obra, que tiña un orzamento total de 49.907,83 euros, contou cunha subvención da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza de 39.926´60 €uros, sendo o resto aportado polo Concello.
A obra realizada incide en dous espazos diferentes do entorno do Centro Social:
- Área de Xogos Infantís: aquí realizouse un acotamento e acondicionamento deste espazo, que incluiu a instalación dun chan de corcho en toda a área.
- Área de Xogos Tradicionais: a parte máis importante de todo o proxecto realizouse neste espazo. Recordamos aquí que a intervención nesta área responde a unha demanda dos veciños e practicantes dos deportes autóctonos do Concello, máis concretamente, dos numerosos xogadores/as deste deporte no noso Concello. Non podemos olvidarnos de que Xove é un dos Concellos de Galicia que máis traballan e invisten neste deporte tradicional, como así o amosa o Torneo que organiza tódolos anos ou as boleras das que dispoñen tódolos centros socias municipais.
Os traballos realizados nesta área, foron:
- Realización dunha estrutura de Madeira cuberta, así como a habilitación do terreo cos seus complementos para a práctica do xogo propiamente dito. Neste sentido, dentro desta área vai unha bolera para práctica da modalidade de bolos de Xove e outra para práctica dos chamados bolos celtas, que é a modalidade única que comparten tódolos clubs de Galicia.
- Disposición dunha zona de zahorra compactada na totalidade do espacio destinado ao xogo, a cal vai cuberta cunha capa de terra, presentando unha superficie de herba.
- -Construcción dun muro de separación da Área de Xogos Infantís da zona de Xogos Tradicionais.
- -Colocación dunha rede de 30 metros de longo por 5 de outo para protección do entorno durante o desenvolvemento do xogo.
- -Disposición de gradas para ubicación de xogadores e público.
- -Disposición de dous proxectores na zona de xogo e alumeado na zona interior cuberta.
Por último, decir que dende o Concello se lle quer agradecer á Xunta de Galicia, e máis concretamente á Consellería de Presidencia, a concesión desta importante subvención, a cal lle vai permitir a tódolos usuarios do Centro Social de Sumoas unha mellora na calidade dos seus servizos, e a tódolos xogadores/as de bolos do Concello un espazo que estamos seguro vai ser unha referencia dentro da praxis deste deporte.
Concerto na residencia da terceira idade
28/Outubro/2011
Departamento de Servizos Sociais
-
Hoxe celébrase en Xove a XIXª FESTA DA TERCEIRA IDADE, e con tal motivo o Concello programou unha serie de actividades. Ademáis das actividades organizadas pola Concellería de Servizos Sociais, a Concellería de Cultura sumouse organizando un pequeno concerto para tódolos/as residentes na RESIDENCIA DA TERCEIRA IDADE SAN BARTOLO DE XOVE.
O concerto, celebrado ás 11:30 horas no hall de entrada da Residencia, contou coa presenza do Alcalde Demetrio Salgueiro e a Concelleira Dolores Meitín, así como a maioría dos residentes. No Concerto participaron tres profesores da Escola Municipal de Música de Xove:
Iria Pigueira (violín), Manuel Fernández (violín) e Xulia Nogueira (chelo).
Exposición 25 anos do Hospital da Costa
28/Outubro/2011
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Onte abriuse en Xove a exposición itinerante sobre os 25 ANOS DO HOSPITAL DA COSTA, exposición formada por 16 paneis que percorren a vida do noso Hospital ao longo do último cuarto de século. Esta exposición estivo ata agora en Viveiro, e dende ontes vai estar na Praza do Centro Cívico, debaixo da pasarela do Pavillón Municipal dos Deportes.
Festa do Samaín / obradoiros oratoria na OMIX
25/Outubro/2011
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
FESTA DO SAMAÍN EN XOVE
Dende a Oficina de Información Xuvenil do Concello de Xove estase a organizar a FESTA DO SAMAÍN, que se levará a cabo os días 28 e 29 de outubro en horario de 16:30 a 19:00 horas. Nesta festa poderán participar os rapaces e rapazas do concello de idades comprendidas entre os 9 e os 18 anos. O Programa desta Festa é o seguinte:
- Día 28: baleirado de calabazas e decoración da OMIX.
- Día 29: xogos divertidos de terror e medo
OBRADOIRO SOBRE ORATORIA E COMUNICACIÓN VERBAL
O 11 de novembro, de 17:00 a 19:00 horas, terá lugar na OMIX o obradoiro " TÉCNICAS DE ORATORIA E COMUNICACIÓN VERBAL" , da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia. Este obradoiro está dirixido a rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 15 e 30 anos. Os contidos desta actividade son, entre outros, o arte de falar en público, a confianza e seguridade persoal e a elaboración e exposición de discursos ou traballos para súa exposición en público. As persoas interesadas poden anotarse na OMIX ata o día 8 de novembro. As persoas participantes terán dereito a un diploma de asistencia, homologado pola Xunta de Galicia.
Formación das Mesas Electorais para as eleccións xerais
24/Outubro/2011
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Celebrado o Pleno Municipal as 16.30 horas de hoxe, 24 de outubro de 2011, a composición das mesas electorais para as próximas eleccións xerais resultan da seguinte forma:
Mesa: CENTRO SOCIAL DE ( A VARA-TOIMIL)
Titulares :
- Presidente/a:SOFIA CANOURA FRANCO con D.N.I.:34882123R
- 1º Vocal: YOLANDA BERMUDEZ ALONSO con D.N.I.:34637427W
- 2º Vocal: RUBEN SANCHEZ VILLARQUIDE con D.N.I.:33999015R
Suplentes :
1º Suplente de Presidente/a: MARÍA DEL MAR ANGULO GARETA con D.N.I.:25162346R
2º Suplente de Presidente/a: FRANCISCO SALGUEIRO COCIÑA con D.N.I.:33995219T
1º Suplente de 1º Vocal: MARIA IRIS CASTRO MEITIN con D.N.I.:33839067H
2º Suplente de 1º Vocal: CAMILO JOSE REGO ALBO con D.N.I.:77596946Y
1º Suplente de 2º Vocal: DOLORES REGO ALBO con D.N.I.:33997121Q
2º Suplente de 2º Vocal: JUAN CARLOS RODRIGUEZ FERNANDEZ con D.N.I.:77592872A
Mesa: CENTRO CÍVICO DE XOVE
Titulares :
- Presidente/a: MONSERRAT LAGE FERNANDEZ con D.N.I.:33991478P
- 1º Vocal: LAZARO PRIETO LESTAO con D.N.I.:77596960C
- 2º Vocal: MARIA ROSALBA FORMOSO ESCUDERO con D.N.I.:32652837J
Suplentes :
1º Suplente de Presidente/a: ANA ISABEL CODESAL BAAMONDE con D.N.I.:09277944C
2º Suplente de Presidente/a:SAUL BARRO BARRO con D.N.I.:77593754B
1º Suplente de 1º Vocal: ANA MARIA FERNANDEZ RANCAÑO con D.N.I.:30591475A
2º Suplente de 1º Vocal: JOSE ANTONIO SANTOS COCIÑA con D.N.I.:33993959M
1º Suplente de 2º Vocal: LUIS LOPEZ DIAZ con D.N.I.:33825155K
2º Suplente de 2º Vocal: ELISEO ANTONIO FERNANDEZ LOUZAO con D.N.I.:77591689Q
Mesa:ANTIGUA ESCUELA DE VILACHÁ
Titulares :
- Presidente/a: INES RAMOS CASAS con D.N.I.:34637114B
- 1º Vocal: JESUS ANGEL DOMINGUEZ MEITIN con D.N.I.:33993611W
- 2º Vocal: RAMIRO JOSE COCIÑA OROL con D.N.I.:33995443V
Suplentes :
1º Suplente de Presidente/a: JOSE PABLO SANCHEZ FERNANDEZ con D.N.I.:33303239K
2º Suplente de Presidente/a: SILVIA RODRIGUEZ BARREIRO con D.N.I.:77594491N
1º Suplente de 1º Vocal: MARIA BEGOÑA BEN CASAS con D.N.I.:33998210R
2º Suplente de 1º Vocal: NOEMI ROMERO BEN con D.N.I.:34880015D
1º Suplente de 2º Vocal: FRANCISCO JOSE SALGUEIRO FERNANDEZ con
2º Suplente de 2º Vocal: MARIA SOLEDAD ORTEGA ABRUNEDO con D.N.I.:32753267W
Mesa:AGRUP. ESCOLAR GULPILL.-RIGUEIRA
Titulares :
- Presidente/a: MARTA CODESIDO FERNANDEZ con D.N.I.:34880960B
- 1º Vocal: CECILIA DUARTE FERNANDEZ con D.N.I.:34635156P
- 2º Vocal: JESUS PETEIRA CILLERO con D.N.I.:32617571Y
Suplentes :
1º Suplente de Presidente/a: DOMINGO ANES FERNANDEZ con D.N.I.:71867020R
2º Suplente de Presidente/a: MARIA ISABEL PUÑAL BLANCO con D.N.I.:33300043E
1º Suplente de 1º Vocal: SONIA REY BALSEIRO con D.N.I.:33997075Q
2º Suplente de 1º Vocal: M CARMEN MARIÑO MASEDA con D.N.I.:33998796N
1º Suplente de 2º Vocal: JESUS FERNANDEZ GARCIA con D.N.I.:33836102C
2º Suplente de 2º Vocal: SANTIAGO ITURIZA ROLLE con D.N.I.:01922326D
Mesa: AGRUPACIóN ESCOLAR DE XOVE
Titulares :
- Presidente/a: MARIA TERESA RODRIGUEZ SALGUEIRO con D.N.I.:77597278Q
- 1º Vocal: JOSE MODESTO RODRIGUEZ CAMPO con D.N.I.:77596664T
- 2º Vocal: ALEJANDRO QUELLE GOMEZ con D.N.I.:33999560V
Suplentes :
1º Suplente de Presidente/a: EMILIO ROMERO PAREJO con D.N.I.:32411675Y
2º Suplente de Presidente/a: NATALIA FERNANDEZ ALVAREZ con D.N.I.:77593929W
1º Suplente de 1º Vocal: YESICA MARTINEZ CORDIDO con D.N.I.:34880887F
2º Suplente de 1º Vocal: Mª DOLORES LOPEZ GONZALEZ con D.N.I.:33991558L
1º Suplente de 2º Vocal: MARIA CONCEPCION QUELLE ABAD con D.N.I.:34635663D
2º Suplente de 2º Vocal: PILAR PRIETO PRIETO con D.N.I.:33992876A
En uns días recibirán as notificacións correspondentes, podendo formular alegación perante a Xunta Electoral de Zona de Mondoñedo.
Sede de la Junta Electoral de Zona: Juzgados, Alcántara, S/N 27740 MONDOÑEDO
Horario, días laborables: De lunes a viernes de 09:00 a 14:30 horas .- Martes y jueves de 16:30 a 18:30 horas
Teléfonos: 982. 88.91.87 Fax: 982.88.91.88
mais informacion na web
Ultimos pasos para a aprobación do Plan Xeral de Ordenación
19/Outubro/2011
La Voz de Galicia [A Mariña]
-
Se non xorden inconvenientes, nunhas semanas Xove será o primeiro municipio mariñán en contar con Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), tras unha longa espera que se prolongou durante case unha década.
Os edís debatían onte en pleno a aprobación definitiva do novo documento urbanístico, ao que se lle engadiron hai uns días as últimas modificacións requiridas pola Xunta, quedando listo así para enviar á Dirección Xeral de urbanismo, para que a aprobación sexa efectiva e poida entrar en vigor, aínda que «a curto prazo», deberá ser adaptado ás últiumas disposicións da Lei do Solo, ?«a do litoral xa vai contemplada»?, aínda que segundo o alcalde, o popular Demetrio Salgueiro (PP), non provocará unha nova suspensión de licenzas.
Salgueiro destacou do documento que se manteñen os núcleos rurais contemplados na anterior achaiadura, «ainda que se reduciron nalgunhas zonas, ou 95% seguen respectándose», pero sobre todo destacou que «por fin imos ter máis chan industrial, unha dás urxencias que había para poder ampliar ou polígono de Camba actual». Así, segundo explicou o primeiro edil de Xove, o municipio «gaña» máis de douscentos mil metros cadrados de chan que se destinan á ampliación dese espazo de asentamento para empresas, «que aínda que haberá que facer un plan parcial para desenvolvelo, dános un só industrial moi necesario porque ou actual está esgotado».
Pola súa banda, horas antes do pleno, o grupo municipal do BNG recordaba cales foron algunhas das alegacións que esta formación presentou no seu momento ao plan. Entre outras citou a revisión das aliñacións no núcleo urbano de Xove, a ampliación dos núcelos tradicionais de Portocelo e Canelas, a revisión e actualización do catastro, a inclusión do Castro dá Rigueira, da igrexa de Monte e da de Portocelo na áreas de interese arqueolóxico, e a «correcta» delimitación dos límites xeográficos entre os municipios de Xove e Viveiro. Tamén contempla a posibilidade futura de ampliar a vía de Feve.
Feira de Gando en San Isidoro de Monte
18/Agosto/2011
Delegación de Agricultura
-
O vindeiro MÉRCORES, 24 de AGOSTO, coincidindo co día de San Bartolo, terá lugar a tradicional FEIRA DE GANDO vacuno e cabalar en San Isidoro de Monte, no sitio coñecido como Penasagudas. A organización deste inmemorial evento corre a cargo da Comunidade de Veciños “Costa de Laxamoura”, os cales levan varios meses traballando para que todo esté a punto para este día. Conta a Feira co importante patrocinio do Concello de Xove e a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia. O Programa da Feira é o seguinte:
- 10:00 horas: Recepción do gando no Campo da Feira.
- 12:00 horas: misa solemne na Igrexa Parroquial de San Isidoro.
- 14:00 horas: Sesión Vermú co “DUO GALICIA”.
- 18:00 horas: Verbena co “DUO GALICIA”.
Leer más:Feira de Gando en San Isidoro de Monte
San Bartolo 2011: actividades 19 agosto
18/Agosto/2011
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O Programa do San Bartolo segue a súa ruta, e así mañá, 19 de agosto, teremos as seguintes actividades:
Pola mañá:
-11:00: XIMNASIA PARA TOD@S na Praza do Concello.
Pola tarde:
-De 16:30 a 20:30 horas:
-SCALEXTRIC XIGANTE E XOGOS NA PLAY. Na OMIX.
-ROCÓDROMO E CIRCUITO DE KARTS E PEDAIS. Diante da OMIX.
-20:00 horas: GRAN SARDIÑADA.
-21:15 horas: XXVIIIº FESTIVAL DE SAIÑAS: “MUIÑEIRA” no Pavillón Municipal de Deportes.
Pola noite:
-Verbena coa orquestra “LA OCA”.
Encontro de Palilleiras
18/Agosto/2011
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Hoxe, xoves 18 de agosto, tivo lugar, no Salón de Plenos do Concello a Presentación do IIº ENCONTRO DE PALILLEIRAS EN XOVE, na cal participaron as seguintes persoas:
- DEMETRIO SALGUEIRO RAPA, ALCALDE DE XOVE.
- ANA ABAD LÓPEZ, CONCELLEIRA DE SERVIZOS SOCIAIS, XUVENTUDE, MULLER E IGUALDADE DO CONCELLO DE XOVE.
- MERCEDES BARRO BARRO, PROFESORA DE BOLILLOS.
- CARMEN GARCÍA FERNÁNDEZ, PROFESORA DE BORDADO.
Saiñas organiza unha nova edición do seu Festival de Verán
17/Agosto/2011
Concellería de Deporte e Turismo
-
Un ano máis, e xa van 28, Saiñas organiza o seu tradicional FESTIVAL, que este ano na súa XXVIIIª Edición denomínase “MUIÑEIRA”. O Festival vai ter lugar no Pavillón Municipal de Deportes de Xove o venres 19 de agosto a partires das 21:15 horas. No Festival van participar tódolos grupos da Asociación; en orde de idade: “Cacharelas” os máis peques, “Ñáñaras”, “Saiñas”, “Perteganzos”, grupo de cantareiros/as e grupo de gaitas e percusión. Para rematar, decir que a entrada é totalmente libre e gratuita. Dende a Asociación aproveitamos para facer unha invitación a tódolos xovenses e mariñanos, así como a tódolos visitantes nesta Festas Patronais.
Mañá comezan as Festas de Lago
07/Xullo/2011
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Mañá, venres 8 de xullo, van comezar as FESTAS PARROQUIAIS DE LAGO, no Concello de Xove, cunha GRAN SARDIÑADA a partires das 8 DA TARDE NO CAMPO DA FESTA, e á que están invitados tódolos xovenses e visitantes da Parroquia nestes dias; Para os que non o saiban, estamos a falar dunha das mellares sardiñadas que actualmente, e dende moitísimos anos, se organizan na Provincia de Lugo. Como continuación da Sardiñada, unha gran verbena coa orquestra “ESTRELLA” e outra agrupación musical. Xa o sábado 9 de xullo, DIA ADICADO Á VIRXE DO CARME, pola mañá teremos unha Misa Solemne e sesión vermú a cargo de “ATENAS”. Xa pola noite, verbena coas orquestas “ATENAS” e “PANAMÁ”.O domingo 10 de xullo, DIA ADICADO Á SAN ANTÓN, teremos pola mañá Misa Solemne e sesión vermú a cargo de “TROLE”. Xa pola noite, para rematar a Festa, a orquestra “TROLE” será a encargada da Verbena.
Taller de memoria en Xove
04/Xullo/2011
Departamento de Servizos Sociais
-
Hoxe, en horario de 10:00 a 11:30 horas, comezou a primeira sesión do TALLER DE MEMORIA EN XOVE, actividade dirixida a persoas maiores de 60 anos que desexen mellorar a súa memoria. Para isto, a profesora do Taller Angélica Casabella, ensínalles unha serie de técnicas que os asistentes poden poñer en práctica dunha maneira fácil na súa vida cotiá.
Ao taller apuntáronse 29 persoas, algúns procedentes da Escola de Maiores e outros novos que asisten por primeira. O lugar onde se celebra o taller é o Centro de Día, ubicado nun baixo da Residencia de San Bartolomeu. O horario é de 10:00 a 11:30 horas de luns a venres.
As 29 persoas, por cuestións de operatividade, están divididas en tres grupos de 10. Cada taller dura 8 sesións, con dúas sesións á semana no caso dos dous primeiros grupos. O grupo A vai os luns e xoves, o grupo B os martes e venres e o grupo C os mércores. Este último grupo, onde están incluidos as persoas máis maiores, acude só os mércores, polo que o seu taller vaise desenvolver os meses de xullo e agosto.
A Escola Municipal de Ximnasia Rítmica ...
04/Xullo/2011
Concellería de Deporte e Turismo
-
O pasado venres 1 de xullo un grupo de ximnastas da Escola Municipal de Xove, acompañados pola Concelleira de Deportes Cristina Iglesias, asistiron á primeira xornada dos XXVIIº Campionatos de España Individual de Rítmica, que durante os dias 1, 2 e 3 de xullo se celebraron no Pazo dos Deportes de Riazor en A Coruña.
Esta viaxe, na que as nosas nenas pudieron contemplar a evolución das mellares ximnastas de España, foi organizada pola Concellería como actividade final de remate de Curso.
Para rematar, decir que a Concellería de Deportes está a traballar xa na preparación do curso vindeiro, ousexa, curso 2011-2012. A inscrición para este vindeiro curso vai ser durante todo o mes de agosto, tendo que presentar as solicitudes no Rexistro Xeral de Entrada do Concello.
|
|
|
|
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|