Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte 
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
 |
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2023
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove durante o ano 2022 son as seguintes:
---> 21 de febreiro de 2023 (Martes de Entroido)
---> 21 de agosto de 2023 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS

* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xullo
|
 |
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de decembro- Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Curso de Informática para agricultores
16/Setembro/2021
Delegación de Agricultura
-
CONVOCA UNHA ACCIÓN DE FORMACIÓN PROFESIONAL E ADQUISICIÓN DE COMPETENCIAS SOBRE: MANEXO DA OFICINA AGRARIA VIRTUAL E SEDE ELECTRÓNICA
DESTINADA ÁS PERSOAS VINCULADAS PROFESIONALMENTE COS SECTORES PRODUTIVOS RELACIONADOS COA AGRICULTURA,GANDERÍA,INDUSTRIA AGROALIMENTARIA E CADEA FORESTAL-MADEIRA,OU CON EXPECTATIVA DE INCORPORACIÓN, EN ESPECIAL MOZOS E MOZAS DO MEDIO RURAL GALEGO.
LUGAR DE REALIZACIÓN:AULA DE INFORMÁTICA :CENTRO XUVENIL DE XOVE
CONCELLO:XOVE DURACION HORAS: 4 nº DE DIAS : 1
DATA DE INICIO 6 e 7/10/2021 DATA DE FINALIZACION:6 e 7/10/2021
PRESENTAR AS SOLICITUDES, PREFERENTEMENTE, NAS UNIDADES IMPARTIDORAS ORGANIZADORAS DAS ACCIÓNS FORMATIVAS.
OBXECTIVOS: Iniciar a agricultores e gandeiros na comunicación electrónica coa Administración:
PROGRAMA:A Oficina Agraria Virtual: Acceso. Gandería: Consultas. Libro de explotación. Altas e baixas,etc.
Sede electrónica da Xunta: Facer unha solicitude electrónica, carpeta do cidadán, Notifica.gal, presentar documentación requerida, etc.
PRAZAS LIMITADAS. PARA ANOTARSE E MÁIS INFORMACIÓN NO DEPARTAMENTO DE AGRICULTURA DO CONCELLO DE XOVE 982592001.
III RALLYE MARIÑA LUCENSE
11/Setembro/2021
CONCELLO DE XOVE
-
Curso Informática (redes locales)
08/Setembro/2021
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-

PREMIO MEJOR VIDEOCLIP 2021: VELENO
08/Setembro/2021
CONCELLO DE XOVE
-
O realizador burelense Adrián Canoura vén de gañar un premio importante ao mellor videoclip, un festival alternativo pero que se consolidou plenamente nestes anos.
O videoclip musical leva por título «Veleno», e pertence a Baiuca, que precisamente ofrecía un concerto en Viveiro o pasado mércores. Baiuca, nome baixo o que está o intérprete Alejandro Guillán, mestura música tradicional con electropop.
O videoclip realizado e dirixido por Adrián Canoura foi gravado en San Tirso de Portocelo, en Xove, onde están as ruínas do antigo asentamento celta, que agora se intenta recuperar, co Cantábrico ao fondo. O videoclip conta coa colaboración ademais do popular músico asturiano Rodrigo Cuevas , innovador e «rompedor» de clixés. Parabén ao novo realizador burelense, ao que desexamos éxitos.
XII CAMPIONATO BOLOS
06/Setembro/2021
CONCELLO DE XOVE
-
Apasada fin de semana celebrouse en Xove (Campo de xogo de Sumoas) o XII Campionato feminino de bolo celta, con grande éxito do equipo de XOVE.
Clasificación INDIVIDUAIS:
- Campiona de España: Sandra Suárez, do club de bolos Los Serenos de Tineo (Asturias).
- Subcampiona: Blanca Lago do club de bolos A Estivada de Baiona.
- Terceira clasificada: Julia López, do club de bolos Xove (Lugo).
- Cuarta clasificada: Paula López do club de bolos Portameán de Baiona.
Clasificación PARELLAS:
- Campiona de España, a parella formada por Belén Meitín, de bolos Xove, e Belén Rodríguez, de bolos Rego de Baiona.
- Subcampiona, Lara Rodríguez de bolos Xove e Patricia García, de bolos Portameán de Baiona.
- A terceira parella clasificada foi, Sandra Suárez, de bolos Los Serenos de Tineo-Asturias e María Isabel Sánchez, de bolos San Miguel de Gondomar.
- Cuartas clasificadas, Carmen Roca, de bolos Xove e Laura González, de bolos Camos de Nigrán.
PARABÉNS a todas as xogadoras, en especial ás do noso Clube de bolos XOVE, por tódolos éxitos!!!
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA PARA O CURSO ESCOLAR 2021-2022
02/Setembro/2021
Departamento de Cultura e Comunicación
-

Dende o Departamento de Cultura do Concello de Xove informamos que xa está aberto o prazo para a preinscrición na Escola Múnicipal de Música para o curso 2021-2022.
Poden facer a preinscición durante todo o mes de setembro cubrindo unha ficha no Rexistro Municipal en horario de oficina e posteriormente nos primeiros días de outubro saíra publicada a lista de admitidos.
----> FICHA DE PRE-INSCRICIóN <------
Exposición Itinerante do proxecto LIFE in Common Land
25/Agosto/2021
CONCELLO DE XOVE
-
Vai estar aberta ao público na sala de exposicións da Oficina de Turismo de Xove entre el 24 y el 31 de agosto, en horario de 11:00h a 14:00h, a Exposición Itinerante do proxecto LIFE in Common Land.-

Convocatoria e bases 1 praza de Limpadora
23/Agosto/2021
Departamento de Recursos Humanos
-
1 PRAZA DE LIMPADORA DE INSTALACIÓNS MUNICIPAIS, POLO SISTEMA DE CONCURSO-OPOSICIÓN LIBRE
- OBXECTO DA CONVOCATORIA. O obxecto desta convocatoria é proceder a convocar o proceso selectivo para a provisión con carácter temporal mediante o concurso-oposición de unha praza de limpadora de carácter temporal durante catro meses que se xustifica na acumulación de tarefas existente por atoparse en periodos vacacionais o persoal adscrito ao servizo de limpeza.
- CARACTERÍSTICAS DA PRAZA. GRUPO: AP NIVEL C.D.: 10 NÚM. DE PRAZAS TEMPORAIS: 1

- DENOMINACIÓN: LIMPADORA DE INSTALACIÓNS MUNICIPAIS
- XORNADA DE TRABALLO: Xornada parcial (24 horas semanais de luns a sábado). Horario de tarde de luns a venres e de mañá os sábados
- DURACIÓN DO CONTRATO: Ata o 31-12-2021
- COMETIDO FUNCIONAL: O cometido funcional será o sinalado na vixente Relación de Postos de Traballo ou, no seu caso, disposición que a substitúa. Asemade, a persoa ocupante realizará as funcións que lle sexan atribuídas por calquera outra norma ou polo correspondente superior xerárquico.
- RETRIBUCIÓNS: As retribucións a percibir serán as corresponden á praza consonte ao establecido nos art. 23 e seguintes do vixente Convenio Colectivo do Persoal Laboral do Concello de Xove .
- CONVOCATORIA E BASES LIMPADORA * SOLICITUDE
- Resolución de Alcaldía COA Lista de Admitidos A determinación de lugar, DATA E hora de celebración.-
- ACTA TRIBUNAL LIMPADORA
- PLANTILLA CORRECTORA
Monitor de Ximnasia 2021.- Consolidación de Emprego Temporal
23/Agosto/2021
CONCELLO DE XOVE
-
Fánse públicas as bases e solicitude de Monitor de Ximasia 2021 como Consolidación do Emprego Temporal .- O prazo para presentar as solicitudes comenza o 19 de abril de 2021 y remata ás 24 horas do 7 de xuño de 2021.
Auxiliar Servizos Sociais 2021.- Consolidación de Emprego Temporal
23/Agosto/2021
CONCELLO DE XOVE
-
Fánse públicas as bases e solicitude de Auxiliar Servizos Sociais 2021 como Consolidación do Emprego Temporal .- O prazo para presentar as solicitudes comenza o 19 de abril de 2021 y remata ás 24 horas do 7 de xuño de 2021.
Ghazafelhos
22/Agosto/2021
CONCELLO DE XOVE
-

Vilamor
20/Agosto/2021
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Dende o Concello de Xove enviamos información de unha película que se vai proxectar na praza do Centro Cívico de Xove este xoves, 26 de agosto a partir das 22:00 h da noite. Xove foi seleccionado dende a Rede de Dinamización Lingüística para acoller unha sesión de "Cine na rúa" de Via Láctea Films. A proxección do filme "Vilamor"será acompañada da presentación e posterior coloquio co director Ignacio Vilar. Esta proposta ao aire libre proxectarase en pantalla xigante e garantindo a maior calidade da mesma e sobre todo as normas de seguridade e prevención covid 19.

ACTIVIDADE ACUÁTICA CON CON ROQ SPORT 2021
19/Agosto/2021
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Hoxe día 19 de agosto ás 10:30 horas, 18 rapaces e rapazas de Xove de idades comprendidas entre os 10 e 16 anos desprazáronse ata o embarcadoiro de Portochao para gozar dunha actividade acuática en canoas e táboas de sup e big sup polo río Landro con Roq Sport acompañados polas técnicas de xuventude Silvia Rodríguez Barreiro e Mónica López Sanjurjo xunto co grupo de voluntariado xuvenil que participa no programa “Conect@ co Voluntariado”.
Esta viaxe está organizada pola Oficina de Información Xuvenil do Concello de Xove dentro do programa de actividades do verán “Conect@ Verán”.

VIII TORNEO DE PADEL SAN BARTOLO DE XOVE
18/Agosto/2021
Concellería de Deporte e Turismo
-
Hoxe martes 17 de agosto en Xove, tivo lugar a presentación do VIII TORNEO DE PADEL SAN BARTOLO de XOVE, neste acto estivo presente o alcalde do Concello de Xove, Demetrio Salgueiro, a concelleira de Deportes Cristina Iglesias xunto María Gómez Sanmartín representante da empresa IG10 que xestiona o torneo.
O torneo será dende o 23 ao 27 de agosto e terá as seguintes categorías: Open masculina, Open feminina e Open mixta. Repartiranse 1500€ de material deportivo en premios.
A inscrición pódese facer na Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Xove ou ben nas instalación de IG10 en Burela. O sorteo será o día 20 ás 14:00 na pista de padel.

PRESENTACIÓN DA II EDICION DO XOVE COSTA TRAIL 2021
13/Agosto/2021
Concellería de Deporte e Turismo
-
Hoxe venres, ás 13:30 horas, tivo lugar a Presentación da II Edición do Xove Costa Trail 2021, na que estivo presente o Alcalde de Xove D. Demetrio Salgueiro Rapa, a Concelleira de Deportes Dª Cristina Iglesias Guerreiro e os Organizadores do Xove Costa Trail 2021. Dito evento levarase a cabo os días 21 de Agosto con Andaina e Carreiras para Nen@s e o domingo día 22 de Agosto onde se farán as dúas carreiras Trail, de 25 Km e 15 Km.
A maior parte dos circuitos, tanto de Andaina como de Trails, son pola Senda Costeira de Xove. Os caminantes da Andaina sairán da Praia de Esteiro con chegada á Praia de Morás, con un percorrido de 15 Km. As carreiras para os nen@s, serán no entorno do Cabo Morás, con chegada á Meta na Praia de Morás. Os mais maiores correrán uns 1.500 m. e os máis pequenos uns 700 m. Os corredores de 25K, sairán da Praia de Portonovo, con chegada ó Centro Cívico de Xove. Os corredores de 15K, sairán da Punta da Mansa, con chegada ó Centro Cívico de Xove.
A entrega de Trofeos será sobre as 14:00 horas na Praza do Concello de Xove.

|
|
|
 |
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|