* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
Rematou a temporada de bolos coa celebración da VIIª Copa
27/Marzo/2010
Departamento de Cultura e Comunicación
Hoxe, sábado 27 DE MARZO, tivo lugar na Bolera do Centro Social de Vilachá, na Parroquia de Portocelo a VIIª COPA DE BOLOS "CONCELLO DE XOVE", competición coa que a Concellería de Cultura do Concello puxo punto final a temporada 2009-2010 de bolos. Despois disto, haberá que esperar ata o mes de outubro deste ano para comezar unha nova temporada.
A copa de bolos comezouse a celebrar no 2004 na Bolera do Centro Social de Lago, polo que ímos rotando a sé desta competición final, seguindo a mesma ruta da Liga anual, polo que a edición do ano vindeiro tocaralle a bolera do Centro Social de Morás.
A Biblioteca Municipal convoca o concurso Letras Galegas
25/Marzo/2010
Departamento de Cultura e Comunicación
Con motivo da celebración do DIA DAS LETRAS GALEGAS, adicado este ano ao poeta courelense UXIO NOVONEYRA, a Biblioteca Municipal de Xove convoca dous Concursos, un Literario e outro de Artes Plásticas, destinados ambos a nenos/as e rapaces/as do noso Concello, dende preescolar de 3 anos a 4º de ESO. Con isto, dende o Concello de Xove preténdese, por unha banda, un apoio á língua galega, e por outra, estimular á nosa xuventude naquelas artes máis relacionadas cos seus estudios académicos.
No CONCURSO LITERARIO os/as participantes poderán presentar poemas de medida e tema libres, escribir un relato ou conto, tamén de tema libre, ou ben facer unha redacción, que obrigatoriamente ten que ser sobre a vida ou obra de Uxío Novoneyra. Neste Concurso poderán participar nenos/as a partires de 1º de Primaria ata 4º de ESO; os nenos/as de preescolar (3, 4 e 5 anos), están excluidos deste Concurso por razóns obvias.
25/Marzo/2010
Departamento de Cultura e Comunicación
Un ano máis a Comisión de Festas de Monte, formada por Tonio, Enrique, Pepito, Fino e Felipe, organiza as FESTAS PATRONAIS DA PARROQUIA EN HONRA A SAN ISIDORO os vindeiros 2, 3 e 4 de ABRIL, con arranxo ao seguinte programa:
VENRES, 2 DE ABRIL: Vai comezar esta Festa cunha Verbena a partires das 9 da noite coas formacións musicais: “ABANICO” e “LEMBRANZA”.
SÁBADO, 3 DE ABRIL:
-12:00 Horas.- Misa Solemne na Igrexa Parroquial e Procesión en Honra a San Isidoro.
-14:00 horas.- Sesión Vermú con “RIA DE BETANZOS”.
-15:00 horas.- Xantar Veciñal, aberto a tódolos públicos, servido pola Empresa Villapol nunha carpa cuberta. Neste xantar, ademáis dos veciños, poderá participar calquer persoa de fora previa adquisición no Centro Social da Parroquia dun ticket de 20 euros.
-17:00 horas.- Verbena con: “LEMBRANZAS” e “RIA DE BETANZOS”. Para esta verbena, a Comisión ten preparados 3 trofeos para as tres mellores parellas de baile.
DOMINGO, 4 DE ABRIL:
-10:00 horas.- Ruta de Sendeirismo “Penasagudas á Cruz do Pao da Vella”, organizada pola PASADA DAS CABRAS.
-17:00 horas.- Verbena con: “CÉSAR O PÍNDARO”.
A Comisión quere agradecerlle a tódalas institucións, empresas e particulares que dalgunha maneira axudaron, a súa colaboración coa nosas Festas Patronais.
Charla informativa PAC'2010
18/Marzo/2010
Delegación de Agricultura
O LUNS, 22 de marzo ás 20:00 h. (8 da tarde), terá lugar no salón de actos do Centro Cívico de Xove, unha charla informativa para informar da tramitación e das novidades da PAC (Política Agraria Común), para este ano 2010.
Remedios Soto Lorenzo, xefa de sección da Oficina Agraria Comarcal de Viveiro, será a encargada da ponencia.
Mª Dolores Meitín Guerreiro
CONCELLEIRA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES.
Actuación da “banda sinfónica Padre Antonio Soler"
18/Marzo/2010
Departamento de Cultura e Comunicación
Pasado mañá, sábado 20 de marzo, ás 20:00 horas (8 da tarde), vai actuar no SALÓN DE ACTOS DO CENTRO CÍVICO DE XOVE a BANDA SINFÓNICA PADRE ANTONIO SOLER.
A Banda está constituida por uns 60 alumnos/as dos distintos cursos de Grado Profesional e profesores do Centro Integrado de Música Padre Antonio Soler de El Escorial, Madrid, e van ser dirixidos por Miguel Ángel Pastor, profesor de saxofón do Centro.
A organización deste Concerto en Xove corre a cargo da Concellería de Cultura. A entrada ao mesmo é totalmente libre e gratuito. En canto ás músicas que van interpretar, trátase dun programa moi áxil, que inclúe zarzuela (La Gran Vía), bandas sonoras de películas (“Memorias de África” e “Nuovo Cinema Paraiso”), etc. Un programa moi sencillo, axeitado para tódolos públicos, que esperamos sexa do agrado de tódolos asistentes.
SEMINARIO.... “Ti podes crear a túa propia empresa”.
17/Marzo/2010
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
SEMINARIO PARA A DIFUSIÓN DA CULTURA EMPRENDEDORA: “Ti podes crear a túa propia empresa”.
Está aberto o prazo para inscribirse no SEMINARIO PARA A DIFUSIÓN DA CULTURA EMPRENDEDORA” que terá lugar o 19 de Abril de 2010 na Aula de Formación do Concello de Xove, das 17:00 ás 20:00 horas.
Este seminario está organizado por BIC GALICIA en colaboración co Concello de Xove a través do Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local.
Contidos:
¿Qué necesitamos para montar unha empresa? O emprendedor: ¿cales son as motivacións que nos levan a emprender?, ¿qué dificultades atoparemos no camiño?, ¿cales son os mitos arredor da figura do emprendedor?. A idea: ¿cómo podemos xerar unha boa idea empresarial?, ¿cómo podemos efectuar unha primeira avaliación da nosa idea?O Plan de Empresa: ¿Cómo converter a miña idea en empresa? ¿qué necesidades teño e cales son os recursos ao meu alcance?
17/Marzo/2010
Departamento de Cultura e Comunicación
Este domigo día 21 de Marzo,90 peregrinos xovenses, dan comienzo la Ruta Xacobea. La salida en autobus desde Xove a las 7.30h de la mañana, para empezar el Camino de Santiago en O Cebreiro sobre las 10:30h de la mañana. La primera etapa será la de O Cebreiro-Triacastela de 22 Km. Cada 15 días llevarán a cabo una de las 7 etapas, siendo la siguiente, el domingo día 4 de abril, y que les llevará desde Triacastela hasta Sarria de 24 km. Al frente del grupo van a estar 5 delegados de la sección de senderismo de la ACD.XOVE, que son los que coordinarán la actividad. La organizacion corre a cargo de la ACD.XOVE, y cuenta con la colaboración del Concello de Xove. Para esta cita el Concello de Xove, obsequiará a cada peregrino Xovense con una chaqueta "polar" con el anagrama "Xove facendo O Camiño".
Asimismo diversas autoridades municipales se desplazarán en alguna de las etapas con el grupo, entre ellos el alcalde Demetrio Salgueiro y la concejala Ana Abad.
IXª FESTA DO “POLBO DA PEDRA”
08/Marzo/2010
Departamento de Cultura e Comunicación
XOVES 1 DE ABRIL (XOVES SANTO)
Somos un grupo de hosteleiros de Xove que queremos contribuir a promociona-lo noso Pobo, para o que pensamos en organizar unha festa gastronómica, xa que esa é a área na que mellor nos desenvolvemos. O mesmo que outros lugares da Comarca, cremos que temos productos que son merecentes de ser promocionados; coincidimos todos en que o “polbo da pedra”, denominación coa que coñecemos o polbo que se captura na nosa costa, é un producto de altísima calidade, tal como nolo amosan os numerosos viaxeiros e turistas que pasan polos nosos establecementos. Sabemos que noutros lugares de Galicia se celebran festas do polbo, pero esta queremos que naza cun xeito diferenciador, e ese xeito está en que o polbo que se traballa na Costa de Lugo (especialmente no que atinxe ós nosos portos de Morás e Portocelo) é un polbo distinto do que se acostuma a tomar noutros lugares e feiras de Galicia; o noso é un polbo cunha cor máis escura, os raxos son máis longos e a cabeza máis pequena, e cremos tamén, inda que esta é unha opinión particular, que se trata dun polbo de máis calidade que ese outro que se colle sobre todo nas grandes rias.
Xa imos pola IXª edición, o que quer decir que esta Festa estase a consolidar ano a ano, o que nos enche de orgullo. Para esta edición, que vai comezar ás 19:00 horas, ousexa, que a partires das 7 da tarde xa se vai comezar a repartir polbo, a organización dispón duns 2.000 kg. de polbo que vai ser preparado polos diferentes locais en multitude de variedades culinarias a un precio de 6 €uros a ración ofrecida na CAZOLA da Festa. Decir, neste sentido, que cada ano os distintos hosteleiros elaboran diferentes e novas recetas cada edición, co fin de sorprender aos visitantes, sen deixar tamén de cociñar o polbo nas súas formas máis tradicionais.
A organización deste evento corre a cargo dos seguintes establecementos: Pulpería O Refugio, Cafetería O Roda, Bar Pepe, Cervecería Cociña, Cafetería Centro Cívico, Restaurante Terramar, Restaurante A Fuga e Restaurante Os Faroles. Contamos tamén, e non podía ser doutra maneira, co importante patrocinio e colaboración do Concello de de Xove.
1ª Etapa: 21 de Marzo (Domingo): O Cebreiro-Triacastela (22Km)
2ª Etapa: 4 de Abril (Domingo): Triacastela-Sarria (24Km)
3ª Etapa: 18 de Abril (Domingo): Sarria-Portomarin (23Km)
4ª Etapa: 1 de Maio (Sábado): Portomarín-Palas de Rei (34Km)
5ª Etapa: 16 de Maio (Domingo): Palas de Rei - Arzua (28Km)
6ª Etapa: 30 de Maio (Domingo): Arzua – O Pedrouzo(19Km)
7ª Etapa: 6 de Xuño (Domingo): O Pedrouzo-Santiago (20 Km).
O transporte ata a saída de cada etapa, farase en autobús.
Todalas persoas interesadas, poden pedir información na Piscina Municipal de Xove ou ben no teléfono 618976159.
NOTA INFORMATIVA:O próximo SÁBADO dia 6 de marzo de 2010, celebraráse unha reunión informativa con todolos interesados en facer o Camiño de Santiago, na Aula de Formación do Concello.
Visita do Sr. Lorenzo Villar ao Alcalde de Xove
04/Marzo/2010
Departamento de Cultura e Comunicación
Nunca está de máis recordar vellos tempos, e iso foi o que fixo hoxe D. Antonio Lorenzo Villar.
O Sr. Lorenzo Villar é fillo do ex Alcalde de Xove D. José Ramón Lorenzo Fernández, quen ocupou o Consistorio de Xove dende 1.970 a 1.975.
Pois ben, o Sr. Lorenzo Villar foi recibido polo Alcalde Demetrio Salgueiro; na reunión, o Sr. Lorenzo Villar aproveitou para rememorar a súa infancia en Vilar-Lago, parroquia, por certo, á que tamén pertence o Alcalde.
Para rematar esta visita, o Alcalde fíxolle entrega dos dous volumes de “Xove Noutros Tempos I e II”; editados polo Concello, estes albums de fotografías antigas sen dúbida lle traerán moitísimos e bos recordos a D. Antonio Lorenzo.
Viaxe a Panxón
04/Marzo/2010
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
Dende a Oficina de Información Xuvenil queremos recordarche que se amplía o prazo ata o día 12 deste mes para inscribirse na Viaxe que se fará a Panxón desde o día 2 ao 4 de abril (Residencia de tempo libre na provincia de Pontevedra) .
Sairase de Xove o día 2 pola tarde e voltarase o día 4 despois de parar en Santiago para xantar e visitar a cidade.
Anímate e ven de viaxe con nós !!
Mais información na OMIX ou no teléfono 982 57 18 16
Prezo Público do Servizo de Axuda no Fogar 2010
03/Marzo/2010
Departamento de Servizos Sociais
Xa aprobadas as novas tarifas do Servizo de Axuda no Fogar en cumprimento co disposto na Lei de Servizos Sociais de Galicia (Pleno Municipal de data 22 de febreiro de 2010). Pódese consultar en formato PDF na sección Concello Dixital.-Regulamentos (pendente de publicar a ORDENANZA REGULAMENTADORA.)
Xornada informativa sobre a TDT en Xove
01/Marzo/2010
Departamento de Cultura e Comunicación
A Secretaría de Estado de Telecomunicaciones do Ministerio de Industria y Turismo y Comercio puxo en marcha, a través da entidade pública RED.Es, un programa de información sobre o Plan Nacional de Transición á TDT. Unha das accións comunicativas que se está levando a cabo dentro do Plan Nacional de Transición á TDT é a colocación dun punto informativo móbil nas distintas localidades onde se desenvolve o Plan, co fin de que os cidadáns poidan coñecer as vantaxes que representa a TDT, resolver dúbidas xurdidas en relación co tema e coñecer o seu funcionamento gracias ás demostracións que se realizan nos devanditos puntos informativos.
No que atinxe ao noso Concello, pasado mañá mércores 3 de marzo, na Praza do Centro Cívico, vaise instalar o vehículo do Ministerio co punto informativo, no cal os veciños/as de todo o Concello, e en horario de 9:00 a 14:00 e 16:30 a 18:30 horas, poderán coñecer todo sobre a TDT, e aclarar tódalas dúbidas que teñan. Dende o Concello, aproveitase para invitar a tódolos xovenses que indan non teñan claro o da TDT, que acudan a este punto informativo no que lles resolverán tódalas dúbidas.
Fin de semana en Casas de Turismo Rural
01/Marzo/2010
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
A XUNTA PRESENTA O PROGRAMA "XUVENTUR", QUE OFRECE 1.500 PRAZAS A MOZOS GALEGOS PARA ESTADÍAS MULTIAVENTURA EN CASAS DE TURISMO RURAL
O director xeral de Xuventude e Voluntariado e mais a secretaria xeral para o Turismo presentaron hoxe en Santiago o programa Xuventur. Turismo rural para a mocidade galega. Esta iniciativa, desenvolvida coa colaboración entre a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar e mais a Secretaría Xeral para o Turismo da Consellería de Cultura e Turismo, vai dirixida aos mozos e mozas de entre 18 e 35 anos. Xuventur facilitará que os participantes nesta iniciativa poidan coñecer a xeografía e o patrimonio natural, cultural e etnográfico de Galicia, promovendo o seu respecto. Así mesmo, proporciona á xente nova a oportunidade de vivir a experiencia do turismo activo e do turismo rural de Galicia e promove a educación ambiental e o ocio saudable.A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, explicou que entre os obxectivos desta iniciativa está o de "intentar compensar en momentos de baixa ocupación e tamén incrementar a porcentaxe de turistas galegos en Galicia". "É importante transmitir co boca a boca que somos un destino turístico de excelencia", matizou. Pola súa banda, o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, incidiu en que o programa servirá, non só para ofrecer á mocidade unha alternativa ao ocio, senón tamén para "desestacionalizar o emprego dos monitores das empresas de multiaventura, que doutro xeito quedaría practicamente limitado aos meses de verán", engadiu.
Previsións Catastroficas do CICLÓN EXTRATROPICAL "XYNTHIA"
26/Febreiro/2010
Departamento de Cultura e Comunicación
Galicia vive una jornada de calma antes de la posible llegada mañana de una borrasca muy profunda que ha obligado a a Dirección Xeral de Emerxencias de la Xunta de Galicia adeclarar la alerta naranja a partir del mediodía y la roja risco extremo desde las tres de la tarde. Se esperan fuertes vientos toda la jornada. Podría haber rachas superiores a 150 kilómetros por hora. Las predicciones de MeteoGalicia apuntan a que mañana el núcleo de una borrasca pasará próximo a Galicia, lo que provocará vientos muy fuertes a partir de las 12.00 horas en las provincias de Ourense y Pontevedra, mientras que las rachas intensas alcanzarán A Coruña y Lugo en la madrugada del domingo, entre las 01.00 y 03.00 horas.
Los vientos mas importantes del SW y SSW se los va a llevar la montaña Cantabrica y Gallega (podrian llegar a 200km/h), tambien seran importantes los vientos costeros del WNW en la rolada en la zona costera cantabrica (sobretodo en la zona de Lugo y Cantabria, quiza con alguna racha por encima de 140-150km/h).
Y en cuanto a lluvias pues lo que se comentaba antes..la zona W peninsular se va a poner las botas y la fachada S de los sistemas montañosos de todo el pais en general...pero especialmente estas se cebarian con las Rias Bajas y Coruña.
Tambien algo llamativo sera el ascenso tremendo de las temperaturas en torno a las 6pm de mañana en el cantabrico (se podrian superar los 22ºC localmente, sobretodo en el cantabrico oriental)
Homenaxe as primeiras asalariadas no Dia Internacional da Muller
26/Febreiro/2010
Departamento de Servizos Sociais
O Concello de Xove homenaxea ás primeiras mulleres de Xove que accederon ao mercado laboral; entendido este logro como a consecución dos primeiros postos de traballo rexidos por contratos laborais e remuneracións económicas a través dun salario.
A organización dos actos de homenaxe corre a cargo da Delegación Municipal de Muller e o Departamento de Servizos Sociais que preside a Concelleira Ana Abad. O Día Internacional da Muller celébrase en todo o mundo o luns 8 de marzo, pero para favorecer unha maior participación neste acto, en Xove os actos adiántanse para o DOMINGO, 7 DE MARZO. O Salón de Actos do Centro Cívico vai ser o lugar onde se desenvolvan os actos o 7 de marzo, comezando a partires das 17:30 horas cunha presentación a cargo do Alcalde Demetrio Salgueiro, quen vai estar acompañado pola Concelleira Ana Abad e outras autoridades, e tamén por, e iso esperemos, moitas persoas do Concello.
pilihan bermain game online paling banyak digemari masyarakat indonesia dengan permainan game slot online terbaik saat ini adalah mengunjungi link https://fokusparlemen.id/ daftar sekarang juga dan dapatkan kemenangan bermain slot gacor hari ini dengan minimum deposit 10K