Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte 
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
 |
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE - 2026
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 17 de FEBREIRO de 2026 (MARTES DE CARNAVAL)
---> 31 de AGOSTO de 2026 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS

* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|

|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
 |
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Bando relativo ó coidado de gatos....
30/Setembro/2024
CONCELLO DE XOVE
-

ITV vehículos Agricolas 2024
27/Setembro/2024
Delegación de Agricultura
-

Obradoiros “Sexualidade na adolescencia”e “Alimentación na infancia”
27/Setembro/2024
Departamento de Servizos Sociais
-
A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Xove acollerá os vindeiros días 8 e 10 de outubro os obradoiros “Sexualidade na adolescencia”e “Alimentación na infancia”, que serán impartidos por Noelia Goás Gómez, matrona no Centro de Saúde de Vilalba e que terán lugar na Aula de formación do Concello, de maneira gratuíta e, do seguinte modo:
- “Sexualidade na adolescencia”, dirixido a pais/nais e/o persoas coidadoras: Os días 8 e 10 de outubro en horario de 18:30 a 21:00 hs.
- Alimentación na infancia”, que se repartirá en dúas partes:
- Aimentación no 1º ano de vida (lactancia materna, lactancia artificial e primeiros alimentos): o día 8 de outubro en horario de 16:00 a 18:30 hs.
- Alimentación a partir do 1º ano de vida: O día 10 de outubro en horio de 16:00 a 18:30 hs.
As persoas interesadas deberán inscribirse antes do 4 de outubro (inclusive) no Departamento de Servizos Sociais de maneira física ou no teléfono 982 592 001.


CONCERTOS NOS CENTROS EDUCATIVOS DE XOVE
20/Setembro/2024
CONCELLO DE XOVE
-
Hoxe, venres 20 de setembro, mestres da Escola Municipal de Música de Xove desprazáronse aos centros educativos de Xove , concretamente ao CEIP Pedro Caselles Rollán e ao IES Illa de Sarón, para dar uns pequenos concertos deleitando a todo o alumnado con unhas pezas musicais á vez que lles recordaban que o prazo de matrícula para o curso 2024-2025 está aberto ata o 30 de setembro.
A ficha de solicitude de matrícula na escola de música poderase recoller no Rexistro do Concello ou descargala na web www.xove.es e entregala cuberta no mesmo Rexistro ou ben mediante Sede Electrónica do Concello de Xove como instancia xeral e adxuntando impreso de solicitude cuberto.
Logo o 3 de outubro facerase público o listado de admitidos na Escola M. de Música de Xove para o vindeiro curso.
* NOTA... A SOLICITUDE ATOPASE NESTA MESMA PÁXINA PRINCIPAL, VARIOS ARTICULOS MÁIS ABAIXO.
Charla informativa a gandeiros...
19/Setembro/2024
Delegación de Agricultura
-
Dende o Concello de Xove informamos que temos feita unha convocatoria a tódolos gandeiros e gandeiras do municipio para unha charla informativa para este venres día 20 de setembro ás 20 horas no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove.
Trátase de facer un estudo para valorar a colocación dunhas antenas (eléctricas ou solares) que aporten cobertura con rede Lora WAN en todo o termo municipal e así os gandeiros e gandeiras poidan acceder a uns colares que faciliten o seguimento do seu gando vacún e cabalar a través dos seus aparellos móbiles.
Na charla informativa estará presente o alcalde de Xove Demetrio Salgueiro e Mario Rouco da empresa INNOGANDO.
Dia da Bicicleta 2024
18/Setembro/2024
CONCELLO DE XOVE
-

VIII Encontro de Palilleiras
18/Setembro/2024
Turismo, Investigación Social e Muller
-
O prazo para inscribirse remata o día 30 de setembro.

Obradoiros OMIX 2024-2025
16/Setembro/2024
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
O mércores día 18 abre o prazo e remata o día 26. Inscricións na OMIX.


SOLICITUDE DE INSCRIPCIÓN
XVI Foliada da Mariña
12/Setembro/2024
CONCELLO DE XOVE
-
Hoxe tivo lugar a presentación do cartaz da XVI Foliada da Mariña que organiza a AC Saíñas de Xove e que vai ter lugar este vindeiro sábado 14 de setembro na praza do concello a partir das 20 horas.Na presentación estiveron os membros da directiva de Saíñas Jairo Miguez, Uxío Dayán e Noa López, acompañados do alcalde Demetrio Salgueiro e a concelleira Dolores Meitín.
Dende o Concello invitamos a veciños e foráneos a vir desfrutar desta foliada en moi boa compañía.

XIII Encontro de Palilleiras Concello de Xove
04/Setembro/2024
Turismo, Investigación Social e Muller
-
Aberto xa o prazo para inscribirse no
XIII Encontro de Palilleiras Concello de Xove

Dende a departamento de Muller e Igualdade do Concello de Xove informamos que xa está ABERTO o PRAZO ata o 30 de setembro para inscribirse no XIII Encontro de Palilleiras “Coas nosas mans” do Concello de Xove, que se celebrará en Xove o próximo 5 de outubro.
Poderán inscribirse tanto asociacións de palilleiras como postos de venda ata o 30 de setembro. Os vendedores e vendedoras só se poderán inscribir cubrindo a solicitude para postos de venda que encontrarán na web www.xove.es, e enviándo a ó correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.
As palilleiras, ademais de poder inscribirse no correo electrónico mencionado enchendo a solicitude que atoparán na web do Concello, poderán facelo tamén chamando ó teléfono no Concello: 982592001 ata o 30 de setembro.
Matricula Escola de Música 2024-2025
04/Setembro/2024
CONCELLO DE XOVE
-
Está aberto o prazo de solicitude de matrícula para o curso 2024-25 na Escola Municipal de Música de Xove dende o día 2 ata o día 30 de setembro para maiores de 4 anos ou que cumpran os 4 anos no ano 2024.
O impreso de solicitude poderase recoller no Rexistro do Concello ou descargala da web e entregalo cuberto no mesmo Rexistro ou ben mediante Sede Electrónica do Concello de Xove como instancia xeral e adxuntando ficha de solicitude cuberta.
O día 3 de outubro facerase público o listado definitivo de admitidos na Escola Municipal de Música de Xove para o curso 2024-25. Para máis información: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..

IMPRESO DE SOLICITUDE MATRICULA ESCOLA DE MÚSICA 2024-2025
Presentación das Festas de Portocelo 2024
03/Setembro/2024
CONCELLO DE XOVE
-
Na presentación do cartaz estaban presentes os membros da comisión organizadora (Asociación de Festexos A Medorra): Jordi Meitín, Julio Lamelas e Borja Cociña, acompañados polo alcalde de Xove Demetrio Salgueiro e as concelleiras Dolores Meitín e Cecilia Duarte.


Actuación de Saiñas dentro do programa de Festas
03/Setembro/2024
CONCELLO DE XOVE
-
Actuación da Asociación Cultural Saíñas dentro da programación das festas de Xove o pasado sábado ás 20 horas nun pavillón municipal ateigado de xente.
O grupo invitado foi A.C. Os Trazantes de Tenorio, de Pontevedra.

Día da Infancia 2024
03/Setembro/2024
CONCELLO DE XOVE
-
Rematamos onte as festas patronais de Xove 2024 co día da infancia.
Inchables enchían a carpa situada na praza e tamén no pavillón municipal para resgardarse ante o tempo inestable que tivemos durante as todas as festas.
Así e todo, os nenos e nenas puideron desfrutar dunha tarde de lecer no Centro Cívico de Xove.

Actuación do Mago Albert...
30/Agosto/2024
CONCELLO DE XOVE
-
A pesar das inclemencias meteorolóxicas o mago Albert puido facer a sua función cambiando o seu escenario para o Salón de Actos, onde nenos e adultos puideron disfrutar da súa actuación.
Adxuntamos fotografías do Mago Albert con “O mago Albert ten moito conto” que tivo lugar hoxe venres, ás 12 da mañá .

Remata o Programa Xove Concilia Verán
30/Agosto/2024
CONCELLO DE XOVE
-
O PROGRAMA CHEGA Á SÚA FIN COA PARTICIPACIÓN DE 100 MENORES
O próximo 6 de setembro remata o programa de conciliación do Concello de Xove, Xove Concilia Verán. O Concello de Xove pon en marcha a medida Xove Concilia Verán para axudar á conciliación da vida familiar, laboral e persoal das familias de Xove durante o período de vacacións escolares. O programa comezou o pasado 1 de xullo e chegará ó seu remate o vindeiro 6 de setembro, cunha participación dun centenar de menores de idades comprendidas entre os 3 e os 10 anos.
Durante este período, e en horario de 8:45 a 14.00h., o programa traballou os valores, a igualdade e a xestión das emocións dos nenos e nenas.
Fixeron varias excursións á praia, traballaron con contos, contacontos, e con multitude de xogos. Así mesmo participaron en xogos deportivos e de motricidade, estes últimos para os máis pequenos, e asistiron a actividades ó aire libre: obras de teatro, funcións de maxia e contacontos.
Este venres, 30 de agosto, o Alcalde e as Concelleiras de Xove fixeron entrega dos diplomas de fin de curso á tódolos/as participantes do Xove Concilia Verán 2024.

|
|
|
|
 |
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|