Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
|
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5
CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)
---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS
* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
|
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Rematou o programa “Xove Concilia Verán”
06/Setembro/2022
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
A medida de conciliación “Xove Concilia Verán” comezou o pasado 27 de xuño cunha participación inicial de 61 persoas, e rematou hoxe 6 de setembro, cunha participación final de 75 nenos.Durante o período anterior, e en horario de 9:00 ata as 14:00 horas, os nenos e nenas participaron en diferentes actividades, como manualidades, xogos tradicionais, pintura, contacontos, saídas polo concello,...e tamén con actividades especiais como o espectáculo de circo e clown pola igualdade de xénero.
Aberta a Preinscrición para a escola Municipal de Música de Xove – Curso 2022/2023
01/Setembro/2022
CONCELLO DE XOVE
-
Dende o xoves 1 ata o venres 30 de setembro, ámbolos dous días incluídos, vai estar aberta nas oficinas do Concello a Preinscrición para o Curso 2022-2023 na Escola Municipal de Música de Xove. Tódolos alumnos/as que queiran preinscribirse deberán pasar polo Rexistro Municipal en horario normal de oficinas a formalizar a súa preinscrición.
Para realizar a mesma, hai que rexistrar unha ficha (con tódolos datos cubertos) no Rexistro Municipal do Concello; esta ficha pódese obter no mesmo rexistro OU CUMPLIMENTAR --->SOLICITUDE PRE-INSCRIPCIÓN <----
Rematado o prazo de preinscrición fárase público no taboeiro de anuncios do Concello o listado de NOVOS admitidos/as na Escola Municipal de Música para o curso 2.022/23. Unha vez que o alumno/a sexa admitido, para a FORMALIZAR A SÚA MATRÍCULA deberá entregar no Rexistro Municipal ou a través dos email Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. ou Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla., a seguinte documentación: o comprobante de ter feito a transferencia bancaria de 50 € en concepto de matrícula por alumno e curso completo no nº de conta ES26-0238-8166-9606-6000-0173 do Banco Santander ATA O 14 DE OUTUBRO (INCLUÍDO) de 2022. De non ser así, considerarase desestimada a matrícula por parte do alumno/a. A formalización da matrícula por parte dos admitidos/as será requisito imprescindible para poder asistir ás clases.
Recordar que esta preinscrición é para novos alumnos. Os alumnos que desenvolveron a súa actividade na Escola durante o Curso 2021/2022 xa tiveron a posibilidade de matricularse durante o pasado mes de xuño.
Encontro Palilleiras 2022
25/Agosto/2022
CONCELLO DE XOVE
-
ABERTO O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO XI ENCONTRO DE PALILLEIRAS DE XOVE
Ata o 23 de setembro está aberto o prazo para anotarse ao XI ENCONTRO DE PALILLEIRAS. As asociacións e particulares poden facelo directamente chamando ao teléfono do Concello, os vendedores interesados en participar co seu posto deben facelo obrigatoriamente a través do correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.. As solicitudes de inscrición poden baixarse dende a páxina web do Concello.
Dende a Delegación de Igualdade se retoma este encontro despois de dous anos de pandemia, polo que animamos a todos, palilleiras, vendedores, etc. a que participen.
FEIRA DO SAN BARTOLO EN SAN ISIDORO DE MONTE- XOVE
19/Agosto/2022
CONCELLO DE XOVE
-
Este vindeiro mércores, 24 de AGOSTO, coincidindo co día de San Bartolo, terá lugar a tradicional FEIRA DO SAN BARTOLO en San Isidoro de Monte, no sitio coñecido como Penasagudas.
A organización deste inmemorial evento corre a cargo da Comunidade de Veciños “Costa de Laxamoura”, os cales levan varios meses traballando para que todo esté a punto para este día. Conta a Feira co importante patrocinio do Concello de Xove e a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.
O Programa da Feira é o seguinte:
-10:00 horas: Recepción do gando no Campo da Feira.
-13:00 horas: misa solemne na Igrexa Parroquial de San Isidoro.
-13:30 horas: Sesión Vermú con JOSÉ ANIDO.
-17:30 horas: Verbena co grupo JOSÉ ANIDO.
No que respecta ao Concurso Gandeiro que se vai celebrar pola mañá, vai haber dúas modalidades cos seguintes premios:
Concurso de “Maior número de reses vacunas na Feira”:
1º premio: 90 € 2º premio: 70 €. 3º premio: 50 €. 4º premio: 40 €. 5º premio: 30 €. 6º premio: 20 €.
b) Concurso de “Maior número de reses cabalares na Feira”:
1º premio: 90 € 2º premio: 70 €. 3º premio: 50 €. 4º premio: 40 €.5º premio: 30 €. 6º premio: 20 €.
TÓDOLOS PARTICIPANTES NO CONCURSO GANDEIRO DE MAIOR NÚMERO DE RESES DEBERÁN TRAER: CARTA DE SANEAMENTO NO CASO DE GANDO VACUNO E MICROCHIP E LIBRO NO CASO DE GANDO CABALAR.
Como en anos anteriores, para aqueles que desexen xantar no lugar, na Feira vai haber varios chiringuitos con comida (pulpo, churrasco, panadería, etc.).
Xa pola tarde, haberá CONCURSO DE MARCHA a partires das 17:30 horas, cos seguintes premios en cada unha das dúas modalidades: menos de 1,50 mts e máis de 1,50 mts.:
1º premio: 90 € 2º premio: 70 €. 3º premio: 50 €.
Os cabalos van ser medidos por un xuiz.
PARA PODER PARTICIPAR NO CONCURSO DE MARCHA, OS CABALOS PARTICIPANTES DEBERÁN ESTAR ASEGURADOS CON SEGURO DE RESPONSABILIDADE CIVIL E AUTORIZADOS PARA PARTICIPAR NESTE TIPO DE PROBAS
Dende a Comunidade de Veciños Costa de Laxamoura queremos convidar a todos os veciños de Xove e visitantes foráneos a disfrutar dunha xornada festiva agrogandeira nun marco incomparable.
PRESENTACIÓN XXXII TORNEO CONCELLO DE XOVE FUTBOL
18/Agosto/2022
CONCELLO DE XOVE
-
Open Padel 2022
17/Agosto/2022
Concellería de Deporte e Turismo
-
Arranxo de viais municipales 2022
11/Agosto/2022
Departamento de Obras
-
A obra consisteu, básicamente, no acondicionamento e mellora de varios viales de acceso aos núcleos de Prada e Illade na Parroquia de Xuances e na Barxa na Parroquia de Lago.
Segundo o anterior, inda que abordadas de forma conxunta, podemos diferenciar tres actuacións distintas:
-
- 1.- Mellora do vial Prada-Praia de Esteiro (1609 mts) e ramal (330 mts), que supón 1.939 mts. de estrada, cun ancho variable entre 3,70 e 4 mts.
- 2.- Mellora do vial de acceso a Illade (946 mts) e ramais (629 + 500 mts), que supón 2.075 mts, cun ancho variable entre 3 e 4,7 mts.
- 3.- Mellora o vial de a Barxa á Praia de Lago (979 mts), cun ancho variable entre 4,50 e 11 mts.
Falamos dun total de 4.993 mts. de viais aos cales primeriro se lles realizou unha limpeza, para pasar posteriormente a darlle unha capa de asfaltado en quente, rematando a actuación coa completa sinalización horizontal (pintado do vial) e vertical da carretera. Esta obra, que conta cun investimento importante de 205.300,70 €uros, mellora a seguridade dos desprazamentos nas áreas intervidas; deste xeito, os accesos ás Praias de Lago e Esteiro, así como a unha boa parte da parroquia de Xuances, melloran sustancialmente, proporcionando unha maior comodidade aos usuarios nos seus desprazamentos. A financiación, compartida polo Concello e a Deputación, foi a seguinte: -Concello: 12.064,70 € -Deputación: 193.236,00 €
Ruta Nocturna en Bicicleta Todo Terreno
05/Agosto/2022
Concellería de Deporte e Turismo
-
Presentación do Programa de Actividades das Festas de Xove 2022
05/Agosto/2022
CONCELLO DE XOVE
-
A Comisión de Festas de Xove, xunto co Alcalde J. Demetrio Salgueiro Rapa, veñen de presentar o cartel e o programa de actividades que se vai levar a cabo durante as festas patronais na honra a San Bartolo e a Virxe do Carme previstas para o 17, 18, 19, 20 21 e 22 de agosto.
Aproveitan a ocasión para facer un agradecemento extensivo a tódolos veciños e veciñas, empresas e outras entidades colaboradoras que fan posible que estas festas se leven a cabo, a vez que invitan a todos/as os/as xovenses e, como non, a tódolos visitantes que se queiran achegar e vir disfrutar de unhos días de festa e bo ambiente en Xove.
PROGRAMA DE FESTAS XOVE'2022
Espectáculo UN VERSO, UN CANTAR no Concello
01/Agosto/2022
CONCELLO DE XOVE
-
AXUDAS AO ESTUDO DO CONCELLO DE XOVE, NAS MODALIDADES DE COMEDOR ESTANCIA E TRANSPORTE CURSO 2020/2021
29/Xullo/2022
Departamento de Servizos Sociais
-
As bolsas e axudas ao estudo da presente convocatoria teñen por obxecto atender a sufragar os gastos derivados de:
A) Gastos de comedor para: Estudantes de ensinos en centros públicos da comarca da Mariña que precisen comer fóra de Xove a causa dos seus horarios, cando ditos estudos, aos que se refiren as presentes bases, non sexan impartidos nos centros de ensino do Concello de Xove
B) Gastos de estancia para:
1. Estudantes universitarios en universidades españolas.
2. Estudantes de ciclos formativos que non existan na comarca.
3. Estudantes de ensinos artísticos, profesionais e superiores e de ensinos deportivos, profesionais e superiores.
C) Gastos de desprazamento para:
1.- Estudantes que cursen estudos existentes en San Cibrao, Viveiro ou Burela, cando o seu horario escolar non sexa compatible coa liña regular de transporte de viaxeiros.
2.- Estudantes de ciclos formativos en centros da Mariña Lucense, agás os recollidos no punto anterior.
3.- Estudantes que cursen estudos existentes en San Cibrao ou Burela, e que ao regreso só dispoñan de transporte regular ata Xove e non ata a súa parada de orixe, por incompatibilidade da liña de transporte de viaxeiros.
4.- Estudantes de ciclos formativos que non existan na comarca.
5.- Estudantes de ensinos artísticos, profesionais e superiores e de ensinos deportivos, profesionais e superiores.
6.- Estudantes universitarios en universidades españolas.
As axudas recollidas neste apartado B) serán incompatibles con outras axudas estatais ou autonómicas da mesma modalidade.
As axudas recollidas neste apartado C) serán incompatibles coas axudas ao estudo do Concello de Xove na modalidade de transporte mediante o sistema de bonobús, agás naqueles casos nos que este bonobús non cubra a totalidade do traxecto.
Aos efectos das presentes Bases, enténdese por Axuda ao estudo “toda cantidade ou beneficio que o Concello de Xove conceda a quen desexe realizar ou se atope realizando estudos para a súa promoción educativa, cultural ou profesional, de acordo coas presentes bases e para os cursos académicos a que se refiran as respectivas convocatorias”
.- As persoas interesadas na concesión dunha axuda deberán cumprir o requisito de empadroamento e residencia efectiva no Concello de Xove.
.- A renda per cápita familiar non poderá superar as contías seguintes:
- Para axudas de transporte e estancia: sen límite.
- Para axudas de comedor, con límite 7.500.-€/renda per cápita.
.- Para ter dereito ás axudas para gastos derivados de estancia e de desprazamento, os/as estudantes deberán presentar o boletín de notas ou certificado do centro educativo de terse presentado alomenos ao 50% das materias correspondentes a matrícula.
.- No caso das axudas ao desprazamento recollidas no apartado 1 desa modalidade, os/as estudantes deberán aportar certificado do centro de ensino do horario escolar para xustificar que este non é compatible coa liña regular de transporte de viaxeiros.
PRAZO PARA SOLICITAR: DO 08 DE XULLO AO 05 DE AGOSTO DE 2022
DOCUMENTACIÓN:
DOCUMENTACIÓN NECESARIA
SOLICITUDE
DECLARACIONS
Festas de Sumoas '2022
27/Xullo/2022
Turismo, Investigación Social e Muller
-
Festas Xove ' 2022
22/Xullo/2022
CONCELLO DE XOVE
-
Oficial De Fontanería 2022
22/Xullo/2022
CONCELLO DE XOVE
-
concurso-oposición dunha praza de oficial de fontanería como persoal laboral
1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA. .-O obxecto desta convocatoria é proceder a convocar o proceso selectivo para a provisión con carácter temporal por circunstancias da produción mediante o concurso-oposición dunha praza de oficial de fontanería como persoal laboral.
2.- CARACTERÍSTICAS DA PRAZA.
- GRUPO: C2.- NIVEL C.D.: 15
- DENOMINACIÓN: OFICIAL DE FONTANERÍA
- XORNADA DE TRABALLO: Xornada completa (37.5 horas semanais)
- DURACIÓN DO CONTRATO: 6 meses
- RETRIBUCIÓNS: As retribucións a percibir serán as corresponden á praza consonte ao establecido nos art. 23 e seguintes do vixente Convenio Colectivo do Persoal Laboral do Concello de Xove.
- FUNCIÓNS DA PRAZA: As descritas na relación de Postos de Traballo (posto núm. 20)
- Anuncio BOP Fontanero
- Solicitude
Convocatoria de selección Brigada Contraincendios 2022
21/Xullo/2022
CONCELLO DE XOVE
-
Fáise pública a convocatoria de plazas temporais para a Brigada de Incendios por 3 meses de duración que se detallan a continuación:
Tres Prazas de Peón Forestal da Brigada de Incendios
1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA..- O obxecto desta convocatoria é proceder a convocar o proceso selectivo para a provisión con carácter temporal mediante o concurso-oposición de tres prazas de peón forestal para a brigada de incendios que debe estar operativa durante 3 meses segundo o Convenio asinado coa Consellería do Medio Rural.
2.- CARACTERÍSTICAS DA PRAZA.
- GRUPO: AP .- NIVEL C.D.: 11
- NÚM. DE PRAZAS TEMPORAIS: 3
- DENOMINACIÓN: PEON FORESTAL
- XORNADA DE TRABALLO: Xornada completa
- DURACIÓN DO CONTRATO: Dende o 26 de xullo ata o 25 de outubro de 2022. En calquera caso, de non empezar o día 26 de xullo, a duración do contrato será de tres meses.
- RETRIBUCIÓNS: As retribucións a percibir serán as corresponden á praza consonte ao establecido nos art. 23 e seguintes do vixente Convenio Colectivo do Persoal Laboral do Concello de Xove .
unha praza de Técnico - Xefe da Brigada de Incendios
1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA..- O obxecto desta convocatoria é proceder a convocar o proceso selectivo para a provisión con carácter temporal mediante o concurso-oposición de unha praza de Técnico - Xefe da Brigada de Incendios que debe estar operativa durante 3 meses segundo o Convenio asinado coa Consellería do Medio Rural.
2.- CARACTERÍSTICAS DA PRAZA.
Unha praza de Peón Conductor da Brigada de Incendios
1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA. O obxecto desta convocatoria é proceder a convocar o proceso selectivo para a provisión con carácter temporal mediante o concurso-oposición de unha praza de peón condutor para a brigada de incendios que debe estar operativa durante 3 meses segundo o Convenio asinado coa Consellería do Medio Rural.
2.- CARACTERÍSTICAS DA PRAZA.
situación da aula de formación do concello (fronte ó centro terceira idade)
Arranxo do vial a Canelas e Portocelo
19/Xullo/2022
Departamento de Obras
-
Investidos 197.000 Euros no vial a Canelas e Portocelo.- Trátase dunha obra englobada dentro do Plan Único 2021 da Deputación Provincial. O proxecto consisteu en acondicionar e mellorar o vial que une os núcleos de Portocelo e Canelas coa Estrada Provincial LU-2601. Trátase dun vial de 1.980 mts, cunha anchura media de algo máis de 3 metros, moi usado e con bastante tráfico, mesmo no verán onde é moi utilizado polas autocaravanas. Debido a súa antigüidade o pavimento atopábase moi deteriorado, presentando estreiteces en algúns tramos.
Resumidamente, a actuación neste vial consisteu primeriro nunha limpeza de todo o vial, para pasar posteriormente a darlle unha capa de asfaltado en quente; posteriormente dotouse a estrada cunha cuneta de 60 cm revestida de formigón. A actuación neste vial rematou coa completa sinalización horizontal (pintado do vial) e vertical, a cal acaba de finalizarse.
Grazas a esta actuación o vial pasou a ter 5 metros de ancho, frente aos 3 mts iniciais, dotando tamén o vial con algunhas zonas de sobreancho. Esta obra, que conta cun investimento importante de 197.230 €uros, vai permitir unha maior comodida e unha mellor seguridade nos desprazamentos.
A financiación, compartida polo Concello e a Deputación, foi a seguinte:Concello: 12.064,70 € e dende a Deputación de Lugo: 185.165,30 €
|
|
|
|
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|