Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte 
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
 |
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2023
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove durante o ano 2022 son as seguintes:
---> 21 de febreiro de 2023 (Martes de Entroido)
---> 21 de agosto de 2023 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS

* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xullo
|
 |
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
PRESENTACIÓN DA II EDICION DO XOVE COSTA TRAIL 2021
13/Agosto/2021
Concellería de Deporte e Turismo
-
Hoxe venres, ás 13:30 horas, tivo lugar a Presentación da II Edición do Xove Costa Trail 2021, na que estivo presente o Alcalde de Xove D. Demetrio Salgueiro Rapa, a Concelleira de Deportes Dª Cristina Iglesias Guerreiro e os Organizadores do Xove Costa Trail 2021. Dito evento levarase a cabo os días 21 de Agosto con Andaina e Carreiras para Nen@s e o domingo día 22 de Agosto onde se farán as dúas carreiras Trail, de 25 Km e 15 Km.
A maior parte dos circuitos, tanto de Andaina como de Trails, son pola Senda Costeira de Xove. Os caminantes da Andaina sairán da Praia de Esteiro con chegada á Praia de Morás, con un percorrido de 15 Km. As carreiras para os nen@s, serán no entorno do Cabo Morás, con chegada á Meta na Praia de Morás. Os mais maiores correrán uns 1.500 m. e os máis pequenos uns 700 m. Os corredores de 25K, sairán da Praia de Portonovo, con chegada ó Centro Cívico de Xove. Os corredores de 15K, sairán da Punta da Mansa, con chegada ó Centro Cívico de Xove.
A entrega de Trofeos será sobre as 14:00 horas na Praza do Concello de Xove.

KARTS A PEDALES ROQ SPORT 2021
13/Agosto/2021
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Hoxe, 12 de agosto, seguindo coas actividades de verán tocou karts a pedales. Un grupo 20 rapaces e rapazas de Xove, de idades comprendidas entre os 10 e 14 anos, desprazáronse ás instalacións de Roq Sport no Monte San Roque de Viveiro acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro xunto co equipo de voluntariado xuvenil que participa no programa “Conect@ co Voluntariado”, para gozar dunha xornada en plena natureza onde non faltaron a competición, as risas e o compañeirismo.
Esta viaxe está organizada pola Oficina de Información Xuvenil do Concello de Xove dentro do programa de actividades do verán “Conect@ Verán”

“CONECTA CO MEDIO AMBIENTE ” no Concello de Xove.
09/Agosto/2021
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Este luns, 9 de agosto, ás 10 da mañá nunha aula do Centro Xuvenil do Concello de Xove e dentro do programa “Conecta co Medio Ambiente”, incluído na programación de verán da Concellería de Xuventude, tivo lugar un obradoiro de trampeo antivelutinas, que correu a cargo de José María Vázquez, da empresa SERPA, especializada na materia.
O ponente explicoulle aos rapaces a importancia de eliminar os nidos para así chegar a minimizar o impacto da praga e ensinoulles a facer trampas caseiras partindo dun envase de plástico reutilizable.
ESCALADA CON ROQ SPORT 2021
05/Agosto/2021
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Hoxe día 5 de agosto fomos facer escalada. Ás 10:30 horas, 20 rapaces e rapazas de Xove de idades comprendidas entre os 10 e 16 anos desprazáronse ao rocódromo do pavillón municipal de Viveiro acompañados polas técnicas de xuventude Silvia Rodríguez Barreiro e Mónica López Sanjurjo xunto co grupo de voluntariado xuvenil que participa no programa “Conect@ co Voluntariado”.
Esta viaxe está organizada pola Oficina de Información Xuvenil do Concello de Xove dentro do programa de actividades do verán “Conect@ Verán ”.

“CONECTA COA CULTURA” no Concello de Xove.
03/Agosto/2021
Turismo, Investigación Social e Muller
-
CONECTA COA CULTURA
Este luns, 2 de agosto, ás 11 da mañá o Concello de Xove dentro do programa “Conecta coa Cultura”, incluído na programación de verán da Concellería de Xuventude propuxo unha obra de Raquel Queizas titulada O segredo do tendal que tivo lugar na praza das árbores, con aforo limitado e seguindo as normas de prevención ante o covid-19.
A protagonista contanos que preparou este espectáculo para presentar a tradición oral á nova xeración de nativos dixitais e que se inspirou nas lembranzas de moitas tardes escoitando as historias de súa avoa mentres tendían a roupa ao sol de agosto.
RAPEL CON ROQ SPORT 2021
23/Xullo/2021
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Seguimos coas actividades de aventura en plena natureza, hoxe día 22 de xullo tocou rapel. Ás 10:30 horas, 25 rapaces e rapazas de Xove de idades comprendidas entre os 10 e 16 anos desprazáronse ao monte San Roque de Viveiro ás instalacións de Roq Sport acompañados polas técnicas de xuventude Silvia Rodríguez Barreiro e Mónica López Sanjurjo xunto co grupo de voluntariado xuvenil que participa no programa “Conect@ co Voluntariado”, para aprender a descender rapeleando unha parede con seguridade ante a atenta mirada dos monitores.
Esta viaxe está organizada pola Oficina de Información Xuvenil do Concello de Xove dentro do programa de actividades do verán “Conect@ Verán ”.

ORIENTACIÓN CON ROQ SPORT 2021
15/Xullo/2021
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Hoxe, día 15 de xullo, ás 10:30 horas, 24 rapaces e rapazas de Xove de idades comprendidas entre os 10 e 16 anos desprazáronse ao monte San Roque de Viveiro ás instalacións de Roq Sport acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro xunto co grupo de voluntariado xuvenil que participa no programa “Conect@ co Voluntariado”, para realizar unha actividade de orientación en plena natureza onde deberán guiarse con un mapa e un compás para localizar os puntos marcados.
Esta viaxe está organizada pola Oficina de Información Xuvenil do Concello de Xove dentro do programa de actividades do verán “Conect@ Verán”.

Actividades con “A Balea Verde” 2021
13/Xullo/2021
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Hoxe, día 13 de xullo, ás 10:30 horas, 22 rapaces e rapazas de Xove de idades comprendidas entre os 10 e 16 anos desprazáronse ata o Portiño de Moras, onde están situadas as instalacións de “A Balea Verde”, acompañados polas técnicas de xuventude Silvia Rodríguez Barreiro e Mónica López Sanjurjo xunto co grupo de voluntariado xuvenil que participa no programa “Conect@ co Voluntariado”, para gozar dunha mañá ao aire libre facendo unha ruta de sendeirismo pola costa, unha saída en kayaks e para rematar, fomentando entre a mocidade o respecto e coidado do medio ambiente, fixemos limpeza da praia.
Esta viaxe está organizada pola Oficina de Información Xuvenil do Concello de Xove dentro do programa de actividades do verán “Conect@ Verán ”.

Recepción do Alcalde ó Equipo Xuvenil SD Xove FS
12/Xullo/2021
CONCELLO DE XOVE
-
O equipo xuvenil da SD XOVE FS foi recibido este venres no CONCELLO DE XOVE polo Alcalde Demetrio Salgueiro. O rexidor xovense felicitou aos xogadores, técnicos e directivos do clube polo titulo de campións de PRIMERA GALICIA JUVENIL E POLO ASCENSO Á LIGA GALLEGA. O equipo conseguíu o ascenso á liga autonómica ó quedar na primeira posición do seu grupo e o título de campión ó imporse na final en Naron ó Emdem Futsal de A Coruña.
Dende o clube, dar as grazas como siempre ao CONCELLO DE XOVE polo seu apoio, sen o cal todos estos éxitos non serían posibles. Intentaremos formar un bon equipo para poder competir na categoría autonómica que será todo un reto para o clube e para os nosos xogadores.

PARQUE DE AVENTURA 2021
08/Xullo/2021
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Hoxe, día 8 de xullo, ás 10:30 horas, 23 rapaces e rapazas de Xove de idades comprendidas entre os 10 e 16 anos desprazáronse ao monte San Roque de Viveiro ás instalacións de Roq Park acompañados polas técnicas de xuventude Silvia Rodríguez Barreiro e Mónica López Sanjurjo xunto co grupo de voluntariado que participa no programa “Conect@ co Voluntariado”, para gozar dunha tarde ao aire libre en plena natureza nos catro circuítos entre árbores, tirolinas e demais actividades que ofrece este parque multiaventura.

Esta viaxe está organizada pola Oficina de Información Xuvenil do Concello de Xove dentro do programa de actividades do verán “Conect@ Verán ”.-
Convocatoria Becas Transporte Estancia e Comedor 2020-2021
08/Xullo/2021
Departamento de Servizos Sociais
-
As bolsas e axudas ao estudo da presente convocatoria teñen por obxecto atender a sufragar os gastos derivados de:
A) Gastos de comedor para: Estudantes de ensinos en centros públicos da comarca da Mariña que precisen comer fóra de Xove a causa dos seus horarios, cando ditos estudos, aos que se refiren as presentes bases, non sexan impartidos nos centros de ensino do Concello de Xove
B) Gastos de estancia para:
1. Estudantes universitarios en universidades españolas.
2. Estudantes de ciclos formativos que non existan na comarca.
3. Estudantes de ensinos artísticos, profesionais e superiores e de ensinos deportivos, profesionais e superiores.

C) Gastos de desprazamento para:
1.- Estudantes que cursen estudos existentes en San Cibrao, Viveiro ou Burela, cando o seu horario escolar non sexa compatible coa liña regular de transporte de viaxeiros.Ademáis, poderanse beneficiar desta axuda os/as estudantes afectados polo retraaso na posta en marcha da “TMG Tarxeta Xente Nova” da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia (antes bus municipal) unha vez iniciado o curso escolar e ata a entrada en vigor desta tarxeta de transporte.
2.- Estudantes de ciclos formativos en centros da Mariña Lucense, agás os recollidos no punto anterior.
3.- Estudantes de ciclos formativos que non existan na comarca.
4.- Estudantes de ensinos artísticos, profesionais e superiores e de ensinos deportivos, profesionais e superiores.
5.- Estudantes universitarios en universidades españolas.
No caso dos/as estudantes afectados polo retraso na posta en marcha da “TMG Tarxeta Xente Nova”, deberán presentar os tickets do desprazamento aboados antes do inicio da posta en marcha de dita tarxeta, ou xustificación das viaxes efectivamente realizadas a través da empresa de transporte.
OPCIÓNS DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:
-
- NO REXISTRO DO CONCELLO DE XOVE (DE 8 A 14 HORAS) ---> poden recoller os formularios no Concello si non desexa imprimilos.
- A TRAVÉS DA SEDE ELECTRÓNICA https://xove.sedelectronica.gal/ ---> Usando a opción de INSTANCIA XERAL e adxuntando a solicitude de beca e demais documentación pertinente.
DESCARGA DE ARCHIVOS

PRAZO PARA SOLICITAR: DO 08 DE XULLO AO 02 DE AGOSTO DE 2021
Brigada de Incendios 2021
06/Xullo/2021
Departamento de Recursos Humanos
-
CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN, COMO PERSOAL LABORAL TEMPORAL, DE 1 PRAZA DE PEÓN CONDUTOR PARA A BRIGADA DE INCENDIOS, 3 PLAZAS DE PEON FORESTAL E 1 PRAZA DE XEFE DE BRIGADA POLO SISTEMA DE CONCURSO-OPOSICIÓN LIBRE.-
- XORNADA DE TRABALLO: Xornada completa
- DURACIÓN DO CONTRATO: Dende o 1 de xullo ata o 30 de setembro de 2021. En calquera caso, de non empezar o día 1 de xullo, a duración do contrato será de tres meses.
- RETRIBUCIÓNS: As retribucións a percibir serán as corresponden á praza consonte ao establecido nos art. 23 e seguintes do vixente Convenio Colectivo do Persoal Laboral do Concello de Xove .
PUBLICADO NO BOP O 28 DE XUÑO DE 2021.- PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: : TRÉS DÍAS HÁBILES DENDE A PUBLICACIÓN ATA O 1 DE XULLO DE 2021, INCLUÍDO.
- XEFE DE BRIGADA DE INCENDIOS - LISTA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS
- PEÓN CONDUCTOR- LISTA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS
- 3 PEÓNS FORESTAIS.- LISTA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS
Convocatorias prazas Persoal Laboral Temporal 2021
21/Xuño/2021
Departamento de Recursos Humanos
-
O obxecto desta convocatoria é proceder a convocar o proceso selectivo para a provisión con carácter temporal mediante o concurso-oposición de PRAZAS para a tempada de verán que se xustifica na acumulación de tarefas existente nos meses de xullo e agosto polo que as tarefas que corresponden á convocatoria das prazas non poden ser realizadas por persoal propio do Concello.
Prazo de presentación: Será de TRES DÍAS HÁBILES contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria e das bases no B.O.P. (A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES SERÁ ENTRE OS DÍAS 21 E 23 DE XUÑO DE 2021, AMBOS INCLUSIVE)
BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO---DÍA 18-6-2021---- http://www.deputacionlugo.gal/gl/node/75761

ESTADO DE TRAMITACIÓN DAS CONVOCATORIAS
Concurso Oposición 2 prazas Coiador/a (consolidación emprego)
10/Xuño/2021
Departamento de Recursos Humanos
-
Fánse públicas as Bases e o modelo de instancia para participar no concurso oposición convocado para a provisión con caracter de PERSONAL LABORAL FIJO de 2 prazas de COIDADOR/RA ESCOLA INFANTIL ( PROCESO ENTRAORDINARIO DE CONSOLIDACIÓN DO EMPREGO TEMPORAL ).
O prazo para a presentación de instancias remata el 24 de maio de 2021 a las 24 horas.
CELEBRACIÓN DAS PROBAS SELECTIVAS
Resolución por la que se aprueba la lista definitiva de admitidos/excluídos, se nombra tribunal y se fija el 7 de julio de 2021 a las 9´30 en el Pavillon de Deportes Municipal como fecha, hora y lugar de celebración de las pruebas del concurso-oposición convocado para la provision de dos plazas de Cuidado/ra Escuela Infantil ( Personal Laboral Fijo – DT 4ª del EBEP ).

Limpadora 2021.- Consolidación de Emprego Temporal
09/Xuño/2021
CONCELLO DE XOVE
-
Fánse públicas as bases e solicitude de Limpador/a como Consolidación do Emprego Temporal .- O prazo para presentar as solicitudes comenza o 19 de abril de 2021 y remata ás 24 horas do 7 de xuño de 2021.
Resolución por la que se aprueba la lista definitiva de admitidos/excluídos, se nombra tribunal y se fija el 30 de junio de 2021 a las 9´30 en el Aula de Formación como fecha, hora y lugar de celebración de las pruebas del concurso-oposición convocado para la provision de una plaza de Limpiador/ra de Instalaciones municipales ( Personal Laboral Fijo – DT 4ª del EBEP ).
09/06/2021 -->Listado admitidos-excluídos Limpadora
01/07/2021 ---> ACTA TRIBUNAL
|
|
|
 |
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|