Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte 
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
 |
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2023
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove durante o ano 2022 son as seguintes:
---> 21 de febreiro de 2023 (Martes de Entroido)
---> 21 de agosto de 2023 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS

* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xullo
|
 |
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de decembro- Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Matricula Ximnasia Ritmica 2020-2021
10/Xuño/2020
CONCELLO DE XOVE
-
ÁBRESE O PRAZO DE MATRÍCULA NA ESCOLA MUNICIPAL DE XIMNASIA RÍTMICA PARA O CURSO 2020-21
Ata o 30 de xuño está aberto o prazo para solicitar a matrícula no próximo curso 2020-21 da Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Xove, neste caso unicamente para os que xa formaron parte desta escola neste curso que rematou 2019-20. Para as novas incorporacións abrirase un período de reserva de praza durante o mes de Agosto.
EN LOITA POLO EMPREGO
07/Xuño/2020
CONCELLO DE XOVE
-
Marcha reivindicativa a favor da continuidade da Industria do Aluminio
04/Xuño/2020
CONCELLO DE XOVE
-
O comercio e as empresas do Concello de Xove animan a toda a Mariña, e por suposto a todos os que queiran acudir independientemente de onde sexan, a asistir a unha MARCHA REIVINDICATIVA A FAVOR DA CONTINUIDADE DA INDUSTRIA DO ALUMINIO como principal motor económico da nosa Comarca. Un importantísimo porcentaxe da nosa poboación vive, directa ou indirectamente, do sector do aluminio, dahí a importancia que ten para todos nós a continuidade da súa producción.

A convocatoria é para SÁBADO, 6 DE XUÑO, CON SAÍDA ÁS 13.00 HORAS DENDE A ENTRADA DE XOVE (a altura de Establecementos Rey), DISCURRINDO A MARCHA POLA AVENIDA DEPUTACIÓN (en dirección á Burela) ATA CHEGAR Á ROTONDA DE BELTRÁN (Estrada LU-862).
Previamente, sobre as 12:50 horas, un nutrido grupo de vehículos de empresas establecidas en Xove van sair dende o Polígono Industrial de Camba ata chegar ao inicio da marcha, á cal van acompañar ata o final.
A organización pide que tódolos participantes vaian vestido de negro, ou que polo menos leven unha camisa ou camiseta DE COR NEGRO . En canto ao tráfico, durante a duración da marcha vaise cortar o tramo da estrada LU-862 dende a Rotonda de Parceiros ata a rotonda de Beltrán, en ámbalos dous sentidos.
Cancelada a Romeria de San Antonio da Rigueira 2020
03/Xuño/2020
Turismo, Investigación Social e Muller
-

Solicitude matricula Escola de Música 2020-2021
01/Xuño/2020
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Ata o 30 de xuño está aberto o prazo para solicitar a matricula no próximo curso 2020-2021 da Escola Municipal de Música para OS QUE XA FORON ALUMNOS este curso 19/20.

SOLICITUDE MATRICULA ver2
Apertura da Biblioteca Municipal ....
25/Maio/2020
CONCELLO DE XOVE
-
Dende hoxe e de forma provisional a BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL abrirá ó público en horario de 10:00 a 13:00 horas (de luns a venres) só para o servizo de prestamo e devolución de libros, respetando as medidas de seguridade para evitar contaxios do COVID-19
Reserva de plaza de novos alumnos na Escola Infantil 2020
20/Maio/2020
Departamento de Servizos Sociais
-
Ábrese o prazo para a reserva de praza, de novos alumnos da escola infantil dende o día 26 de maio ao 9 de xuño.
As solicitudes poderán recollelas no Concello a partir do 26 de maio, no Rexistro (Oficinas Xerais) . Dende ese día a solicitude tamén estará disponible nesta web.
XXX Aniversario da Asociación de Mulleres Bolboretas 1990 - 2020
14/Maio/2020
CONCELLO DE XOVE
-
En maio de 1990 foi o mes no que se fundou oficialmente a Asociación de Mulleres Bolboretas. Esta Asociación ten as súas raíces na Urbanización de Palmeiro na localidade de Xove, onde hai 40 anos chegaron vivir moitas familias novas, procedentes de distintos puntos da xeografía española. A empresa, naqueles intres Alúmina/Aluminio, hoxe Alcoa, encargou construir vivendas cerca da factoría, para que puideran vivir os empregados e as súas familias. Contan que comezaron as súas andaduras nun entorno novo, descoñecido, con extraños...pero pouco a pouco, aproveitando todo o que esta nova situación lles proporcionaba, colexio, instalacións deportivas e clube social, foron organizando e participando en diferentes actividades escolares e extraescolares, eventos como campionatos de fútbol sala, tenis, baloncesto, e tamén actividades teatrais, desfiles, festas do Magosto, San Xoán..... Aquí naceu a primeira Cabalgata de Reis do Concello, o primeiro grupo de Baile Rexional (raíces do actual "Saíñas") e catro edicións do festival da Canción Galega (precursora do Festival do Landro). Así foi formándose a idea de crear oficialmente, dez anos máis tarde, a Asociación de Mulleres Bolboretas, como elas din, a primeira Asociación da Provincia que englobaba todo tipo de mulleres, sen excepción, mulleres do rural, mulleres urbanas, mulleres amas de casa, mulleres traballadoras...; outro punto a destacar é que estaba aberta a toda a Comarca, non só a Urbanización, nin ao Concello, xa que dende os seus comezos conta con afiliadas de toda a Mariña. Actualmente sobre medio cento. Estos trinta anos da asociación deron lugar a un amplo currículum de diferentes actividades, que continúan na actualidade. As Bolboretas poñen ao alcance das súas socias diferentes actividades de entretenemento e ocio, viaxes culturais, cursos formativos, charlas sobre saúde, consumo, violencia de xénero, nutrición. Todo isto ademáis de realizar actividades sociais para a comunidade. O Concello de Xove aproveita este Aniversario para facer esta pequena homenaxe e comunicar públicamente que está profundamente agradecido coas Mulleres Bolboretas que, desinteresadamente, levan cosendo mascarillas dende o comezo do Estado de Alarma xerado pola alerta sanitaria do Covid-19.
GRAZAS a cada unha de vós: Ángeles, Fina, Celia, Pilar, María Carmen, Violeta, María Jesús C., María Jesús e Carmen.
Estado de Emerxencia=>Mercado semanal aberto
13/Maio/2020
CONCELLO DE XOVE
-
Xa está en funcionamento o mercado semanal de Xove (mércores) con tódalas medidas de seguridad e solo productos de alimentación.-

Celebración exames Albanel e Auxiliar de Enfermería
11/Maio/2020
Departamento de Recursos Humanos
-
FIXACIÓN DA DATA CELEBRACIÓN EXAMENES
- ALBANEL--------------> 14/05/2020 AS 09,30 HORAS
- AUXILIAR DE ENFERMERÍA------> 14/05/2020 AS 10,30 HORAS
NA AULA DE FORMACIÓN (ENFRENTE DA OFICINA DE INFORMACIÓN XUVENIL)
Video da Escola de Música
28/Abril/2020
CONCELLO DE XOVE
-
A Escola Municipal de Música de Xove agradece a colaboración de todos os usuarios para a realización deste vídeo, facendo un recoñecemento especial e agarimoso a Bruno Pedre por encargarse da montaxe do mesmo. Un saúdo, vémonos pronto.
Constrúe Xove - Merca Local
23/Abril/2020
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
Campaña de sensibilización para a reconstrución do comercio local e o tecido empresarial de Xove despois da emerxencia sanitaria do Covid19
Estado de Emerxencia=>A Escola de Maiores sigue funcionando
20/Abril/2020
Departamento de Servizos Sociais
-
A Escola de Maiores do Concello de Xove segue en activo dende os domicilios. A Educadora Familiar, Angélica Casabella, elabora material cada 10 días para cada persoa participante, que é entregado a domicilio polo vixiante municipal.
Entre o material entregado inclúense fichas de língua, matemáticas, atención e concentración, estimulación cognitiva e memoria.
Deste xeito, a Escola de Maiores continúa coas súas actividades, co obxectivo de mellorar a calidade de vida e o envellecemento activo dos seus participantes, así como a oportunidade de desenvolver a súa creatividade, aptitudes e habilidades.

Estado de Emerxencia=>Vídeo das Profes Escola Infantil
19/Abril/2020
Departamento de Servizos Sociais
-
Ola familias, queridos nenos e nenas, esperamos que esteades ben. Dende o equipo da Escola Infantil de Xove queremos enviarvos moito ánimo, botámosvos moito de menos pero sabemos que estades nas mellores mans coas vosas familias.Non sabemos cando voltaremos a estar de novo xuntiños na nosa escola esperamos que sexa pronto. Mentres tanto podedes facer moitas cousiñas e disfrutar de estar coa familia. Coidádevos moito, sede bueniños, sodes todos uns campeóns. MOITOS BICOS
----->30 ideas....
Recursos de internet:
MANUALIDADES PARA NENOS E NENAS
www.pequeocio.com
CONTOS CONTADOS
http://www.kalandraka.tv/gl/seccion2.php?id=33
Un vídeo de ánimo das profes da Escola Infantil a tódolos nenos ...
Un vídeo de CONSELLOS das profes da Escola Infantil a tódolos nenos ...
Estado de Emerxencia=>Entrega de Mascarillas
14/Abril/2020
CONCELLO DE XOVE
-
NOTA DE ÚLTIMA HORA: O Concello fixo durante o día de hoxe, 15 de abril de 2020 o reparto de 1.260 mascarillas a veciños de Xove.
Debido á gran cantidade entregada que superou as previsións iniciais para o primeiro día, agotáronse as mascarillas tanto artesanais como quirúrxicas, polo que non será posible continuar co reparto ata o próximo MARTES 21 de Abril día no que disporemos de cantidade dabondo para continuar e que ninguén quede sin elas.
Pacencia e comprensión. Gracias!
-->Mañá, mércores 15 de abril, o Concello de Xove vai comezar a entrega de mascarillas aos seus veciños coas cales mellorar a súa seguridade e prevenir o contaxio do coronavirus. O reparto de mascarillas vaise facer dende o propio Concello, podendo recollerse nas oficinas xerais, diariamente en horario de 10:00 a 13:30 horas. Estas mascarillas están sendo elaboradas por persoas voluntarias de todo o Concello e actualmente xa temos un bo stock delas; as mesmas serán repartidas ata agotar existencias e, segundo se vaian recibindo, seguiranse repartindo. Dende o Concello queremos dar as grazas a tódalas persoas que están colaborando na realización da mascarillas e tamén a Alcoa, empresa que facilitou a tela especial coa que se están elaborando. PERSOA DE CONTACTO: José Demetrio Salgueiro Rapa. Alcalde do Concello de Xove (Teléfono de contacto: 690 65 17 14)
Estado de Emerxencia=>Servizo Entrega de Medicamentos
14/Abril/2020
Departamento de Servizos Sociais
-
ENTREGA A DOMICILIO DE MEDICAMENTOS CON RECEITA MÉDICA
Co fin de asegurar a continuidade e adherencia aos tratamentos e como medida excepcional ante o estado de alarma, o Concello de Xove pon a disposición das persoas maiores, persoas en situación de risco, vulnerabilidade ou con mobilidade reducida do municipio, o servizo de entrega a domicilio de medicamentos con receta médica, evitando así os desprazamentos e o risco de contacto na poboación máis vulnerable. Para solicitar este servizo, as persoas interesadas deberán chamar directamente ao concello (Tlfno.: 982 59 20 01), e dar os seus datos persoais, dirección e número da tarxeta sanitaria.O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Xove, como servizo esencial, neste momento de alerta polo COVID-19, está a facer un grande esforzo para dar cobertura, na maior brevidade posible, a todas as demandas que están a chegar. Con relación ao Servizo de Axuda no Fogar tomáronse todas as medidas preventivas co fin de minimizar os posibles riscos de contaxio na poboación de terceira idade do Concello de Xove. Estase atendendo a un total de 60 familias con diferentes problemáticas; persoas que viven soas e carecen de apoio, persoas con discapacidade, persoas dependentes, etc. Ademais, dende a entrada no estado de alerta, fixéronse dous repartos de alimentos (frescos e non perecederos) ás familias con maiores necesidades, asistindo a un total de 25 familias. Tamén puxemos en marcha o proxecto “Coas nosas cores buscamos o teu sorriso” para animar a toda esa xente que está velando por nós, nos hospitais e nos centros residenciais galegos, ata as persoas enfermas e maiores que neste momento se encontran illadas e que están a pasar momentos moi duros sen poder recibir as visitas dos seus seres queridos. Polo tanto continuamos animando a todos/as os/as nenos/as e rapaces e rapazas a que sigan enviando os seus debuxos, mensaxes, cartas,.... para poder chegar ao maior número de xente. Sen vós non sería posible!!
Temos habilitado o seguinte correo electrónico === Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. === así como o teléfono 982592001, nos que estamos a atender todas as demandas e consultas, ademais de ofrecelos como medios de información, asesoramento e resolución de todas as dúbidas e problemas que poidas xurdir nestes días aos nosos/as veciños/as.
PERSOA DE CONTACTO: José Demetrio Salgueiro Rapa. Alcalde do Concello de Xove (Teléfono de contacto: 690 65 17 14)
|
|
|
 |
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|