Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte 
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
 |
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2023
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove durante o ano 2022 son as seguintes:
---> 21 de febreiro de 2023 (Martes de Entroido)
---> 21 de agosto de 2023 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS

* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xullo
|
 |
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de decembro- Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Convocatoria 1 plaza persoal Enfermería (interino)
04/Febreiro/2020
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
Por Resolución de Alcaldía aprobáronse a Bases regulamentadoras do procedemento de selección para a provisión de unha (1) praza de Auxiliar de Enfermería como persoal laboral interino
- ADSCRICIÓN: A adscrición efectuarase ao Servicio Municipal de Asistencia domiciliaria.

- DURACION . Ata a data da incorporación da titular do posto Dona María Casas Rego, actualmente de baixa por enfermidade..
- PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: ATA O 20 DE FEBREIRO DE 2020
Antroido 2020-->Concurso de Disfraces
04/Febreiro/2020
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Hoxe, o alcalde Demetrio Salgueiro e a concelleira de cultura Dolores Meitín, presentaron o Programa de actividades do noso Concello para o ENTROIDO 2020


Dado a inestabilidade do tempo e prevendo que o tempo poida empeorar e a climatoloxía non axude, o Concello vai dispor dunha CARPA que cubra prácticamente toda a praza do Centro Cívico, co fin de que garantir a celebración do desfile inda que choiva.
INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO DESFILE "ENTROIDO 2020" EN XOVE
A mesma hai que realizala en:
-No Concello, na oficina do Técnico de Cultura ata o venres 21 de febreiro incluído, ou ben, chamando por teléfono ao 982592001.
-O mesmo día do desfile (22 de febreiro) no punto de saída ubicado na Nave-almacén situada ao carón do Campo Municipal de Fútbol, dende as 15:00 ata as 16:30 horas. Dende as 16:30 ata as 17.00 horas non se permitirá ningunha anotación máis, e só se poderán recoller os dorsais daqueles que se inscribiran con anterioridade via telefónica ou presencial.
O Concello ten previsto que tódolos/as participantes a nivel individual, como parella, grupo, comparsa/grupo ou carroza que se houberan inscrito previamente no desfile (antes do 22 de febreiro) reciban un agasallo de parte da Organización. Os/as que se inscriban o mesmo día do desfile non terán dereito a este agasallo. O agasallo se lles entregará ao final do Desfile, dentro do Pavillón de Deportes, entregando o ticket facilitado previamente pola Organización.
------ ----- FICHA DE INSCRIPCIÓN ----------- > BASES REGULADORAS <---
Premio do Concurso de Nadal: Míranos-Comercio Local
31/Xaneiro/2020
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
O persoal da Farmacia Boñar Rey recibeu o premio do concurso de escaparates de Nadal 2019-2020 de 250 euros, entregado polo alcalde José Demetrio Salgueiro.

Ana Mª Boñar coméntanos a súa valoración da Campaña de Nadal: Míranos. Comercio Local:
“ Toda a campaña me gustou moito, o acto de promoción do comercio local encantoume, despois da presentación de Nieves de Curricán comprei conservas para regalar polo Nadal e na miña familia de Madrid causaron moi boa impresión.
O papel de envoltorio conxunto xa me gustou no momento de ir a recollelo, identifica moi ben o comercio local e dá unha imaxe de unión.
O premio fainos moita ilusión a todas as que formamos Farmacia Boñar porque nos implicamos moito todas e tamén porque vimos a implicación do resto dos comercios que participaron.
A verdade é que o colectivo do comercio de Xove somos moi implicados, a min dinmo fóra de aquí: os de Xove estades moi unidos.”
Concurso “Tapeo do mar”
30/Xaneiro/2020
Departamento de Cultura e Comunicación
-
ROCÍO RODRÍGUEZ do establecemento hostaleiro A FUGA recibeu de man do alcalde José Demetrio Salgueiro o premio da II Edición do Concurso “Tapeo do mar” enmarcado nas Xornadas Gastronómicas 2019 do proxecto GALP: CONSTRUIR O FUTURO DE XOVE MIRANDO AO MAR pola súa tapa: LURA DE OUTONO

“Agradezo moito o premio, porque a verdade é que a tapa deunos moito traballo, pero o que realmente me gustou por enriba de todo foi a aceptación da clientela, a resposta da xente foi desbordante, non me esperaba que fose gustar tanto algo tan pequeniño.
A formación que recibín de Lucía Freitas foi moi valiosa, aprendín cousas que nin se me ocorrera que se podían facer e que seguín aplicando a outras tapas, por outra parte, de Lucía gustoume todo: a súa implicación, a súa humildade, a súa cercanía,...”
Convocatoria 1 plaza persoal albanilería
21/Xaneiro/2020
Departamento de Recursos Humanos
-
Fáise publico a convocatoria da provisión como persoal laboral fixo, por concurso – oposición, da praza (1) de Persoal Laboral Fixo Persoal de Albanelería ( Persoal Laboral Grupo C2 ) anunciada no Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 298, de data 30 de decembro de 2019 e no Boletín Oficial do Estado núm. 18 de data 21 de xaneiro de 2020.
- SOLICITUDE
- BASES (PUBLICADAS NO BOP)
----> PLAZO DE PRESENTACION DE SOLICITUDES: ATA O 10 DE FEBREIRO DE 2020
Concurso caretas antroido 2020
21/Xaneiro/2020
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Convócase para este Antroido 2020 o Concurso de Caretas dirixido a nenos xovenses en idade escolar, desde preescolar ata 4º de ESO.
A documentación a presentar será a seguinte: -Ficha de inscrición establecida ao efecto.- A ficha de inscrición deberá presentarse, xunto coa careta ou caretas a concursar na Biblioteca Municipal con data límite 10 de febreiro de 2020.
As caretas poderán realizalas «en cartolina, folio ou calquera outro material que se axeite ao tamaño dun folio A4», segundo especifican nas bases adxuntas.
----BASES REGULADORAS----- <<<-----FICHA DE INSCRIPCIÓN-----<<
Programa Prende .- bota raices no rural
10/Xaneiro/2020
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
PROGRAMA PRENDE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
Se tés interese en formarte gratuítamente nos seguintes ámbitos: Campo e animais; Tecnoloxía eólica; Hostalaría; Repoboación forestal ou Emprendemento, o PROGRAMA PRENDE pode ser do teu interese, porque ademais desta formación ten previsto medidas de inserción laboral. Infórmate, aínda está o prazo aberto.

PRAZAS LIBRES NO CURSO DE SOCORRISMO
07/Xaneiro/2020
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
Queres ser socorrista?. Este é o teu curso.
--------------------> PRAZAS LIBRES NO CURSO DE SOCORRISMO ACUÁTICO EN ESPAZOS NATURAIS

CONVOCATORIA PARA SELECCIÓN DE PERSONAL LABORAL
07/Xaneiro/2020
Departamento de Recursos Humanos
-
1 praza de limpeza viaria e 2 prazas operario servizos multiples
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:ATA O 20 DE XANEIRO DE 2020
>---------------------------------------------1 PRAZA --- LIMPEZA VIARIA-----------------------<
>----------------------------- 2 PLAZAS ---OPERARIOS DE SERVIZOS MULTIPLES -----------------------<
Día dos Nenos e a Cabalgata de reis
03/Xaneiro/2020
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Remata o nadal en Xove co Día dos Nenos e a Cabalgata de reis
Sábado, 4 de xaneiro - DÍA DOS NENOS.- Dentro do amplo Programa de Actividades do Concello para este Nadal, mañá sábado, 4 de xaneiro temos o DÍA DOS NENOS con:
-XOGOS ACUÁTICOS NA PISCINA MUNICIPAL de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 horas. Na Piscina a entrada vaise facer por grupos de idade:
- De 11:00 a 12:00 horas de 5 a 8 anos.
- De 12:00 a 13:00 horas de 9 a 11 anos
- De 13:00 a 14:00 horas de 12 a 15 anos
- De 16:30 a 17:30 horas de 12 a 15 anos.
- De 17:30 a 18:30 horas de 9 a 11 anos
- De 18:30 a 19:30 horas de 5 a 8 anos.
En cada turno hai cabida para 30 nenos/rapaces.
-INCHABLES E XOGOS NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE DEPORTES de 16:00 a 20:00 horas. Concretamente, van a disfrutar das seguintes actividades: La granja, Multiarcos, Moto Gp, Tobogán xigante, Tobogán dísney, Barredora, Globoflexia e Maquilaxe.
A entrada a todas estas actividades é totalmente libre e gratuita.
Domingo, 5 de xaneiro – CABALGATA ESPECIAL DE REIS.- ntro do Programa de Nadal deste ano, un dos seus pratos fortes vai ser a CABALGATA ESPECIAL DE REIS o domingo 5 de xaneiro.
Antes da cabalgata polas rúas de Xove, os Reis pasarán primeiro, sobre as 18:00 horas, a facer unha visita a tódolos residentes da Residencia San Bartolomé de Xove, levándolles un pouco de ledicia e ilusión aos nosos velliños. Ás 19:00 horas comezará a Cabalgata. Sairán os Reis dende as inmedicións do Campo de Fútbol de Xove, continuarán pola rúa Acceso Grupo Escolar para chegar á Avenida Deputación, por donde seguirán un bó tramo ata cruzar á dereita por Doutor Baamonde Illade, seguindo polo Camiño Real para chegar ao Centro Cívico. É o mesmo recorrido doutros anos. O tramo da Avenida Deputación por onde vai descorrer o Desfile (entre o Bar Onde Sempre e o Bar Pepe) vai estar cortado para o tráfico en ámbolos dous sentidos mentras dure o Desfile.
CHAMAMENTO AOS ASISTENTES
Dentro do Desfile van incluídos cabalos e vehículos de varios tipos. Entón, por razóns de seguridade, dende o Concello de Xove facemos un chamamento a tódolos asistentes, maiores e pequenos, a que colaboren na seguridade do desfille, e lles pedimos a todos que sigan o Desfile dende as aceras, e que por cuestións de seguirdade non invadan a calzada.
Unha vez que a comitiva chegue ao Centro Cívico, os Reis van estar no Pavillón onde recibirán as peticións dos nenos e posarán con eles.Unha vez que os Reis marchen para outros lares, continuará a actividade no Pavillón cunha Gran Festa Infantil a cargo da DISCOTECA MÓBIL DECIBELIOS.
CONCURSO DE ESCAPARATES 2019/2020
02/Xaneiro/2020
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
Xa temos escaparate gañador: Farmacia Ana María Boñar Rey con 469 "me gusta". Parabéns a Ana e a todo o seu equipo e tamén parabéns ao resto de participantes, houbo moito nivel e moito interese. Desde o Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local queremos dar as grazas pola vosa colaboración, seguiremos!

Festa de Fin de ano 2019
30/Decembro/2019
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Mañá, martes, 31 de decembro, e para rematar o ano continuamos o amplo Programa de Actividades de Nadal do Concello, neste caso adicado aos nenos. As 11:00 horas teremos unha FESTA INFANTIL FIN DE ANO coas seguintes actividades:
- 11:00 horas. Festa Infantil no Pavillón Municipal de Deportes con xogos e actividades para tódolos nenos e pais.
- 12.00 horas.- Celebración Infantil Fin de Ano coa toma das 12 uvas e champín por parte dos nenos asistentes. Neste caso farémolo na Praza do Centro Cívico coas campanadas do Reloxio do Concello.

Concerto musical “Os tres amigos do acordeón”
29/Decembro/2019
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Hoxe, domingo 29 de decembro, tivemos nos Salón de Actos do Centro Cívico o Concerto “Os tres amigos do acordeón: Herminio, Modesto e José”. Trátase de tres músicos amateurs, Modesto e José de Xove, e Herminio de Celeiro.

Inda que amateurs, son grandes afeccionados á música, e preparáronos un gran concerto de acordeóns con pezas como “Paquito Chocolatero”, “Aires de Viena”, “Madrecita Querida”, algún tango, etc.
Éxito do IX Concurso de Karaoke de Xove
29/Decembro/2019
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Celebrado este pasado sábado 28 de decembro, nun Pavillón Municipal de Deportes cheo de xente decir que constituiu todo un éxito, tanto de participación e calidade musical, coma de público. Xacobe Pedre e José Rodríguez, profesores da Escola Municipal de Música e Uxío Dayán do grupo de Gaitas de Saiñas, foron os xuices encargados de seleccionar aos gañadores. A relación de gañadores, segundo categorías, foi a seguinte:
Categoría “PEQUES” (ata 12 anos):
- 1º Premio “Mellor Voz”: Darío Castro Díaz, coa canción “Hijo de la luna” de Mecano. Premio de 60 €uros.
- 2º Premio “Mellor Voz”: Martín Canoura Lamelas coa canción “Burrito Habanero” de Hugo Blanco. Premio de 60 €.
Premio a “Mellor Caracterización”: Anais Romero Suárez, coa canción “Estrellida donde Estás”. Premio de 60 €.
Categoría “IUNIOR” (DE 12 ata 18 anos):
- 1º Premio “Mellor Voz”: Alba Canouar Frá coa canción “I Dónt Wasna Be You Any Moore” de Billie Eilish . Premio de 90 €.
- 2º Premio “Mellor Voz”: Izan Frá Fernández coa canción “Perfect” de Ed Sheeran. Premio de 90 €.
Premio a “Mellor Caracterización”: Víctor Vázquez con “La de la Mochila Azul” de Pedro Fernández. Premio de 90 €.
Categoría “VETERANOS” (maiores de 18 anos):
- 1º Premio “Mellor Voz”: Elena Valle García coa canción “Halelujah” de Alexandra Burke . Premio de 150 €.
- 2º Premio “Mellor Voz”: Laura Míguez Ramos coa canción “Por mil años más”. Premio de 150 €
Premio a “Mellor Caracterización”: Raul de Jesús Torres García coa canción “Wonder of You” de Elbvis Presley. Premio de 150 €
Decir que a participación foi excelente, con 22 inscritos: 4 en categoría “peques”, 7 en categoría “iunior” e 11 en categoría “veteranos”.
A gala foi presentada por Vanesa Míguez e Rubén Pico, os cales conduciron magníficamente este espectáculo por noveno ano consecutivo. Na entrega de premios estivo o Alcalde, Demetrio Salgueiro acompañado polas concelleiras Dolores Meitín (Cultura) e Ana Abad (Servizos Sociais).
IMAXES DO EVENTO...
Leer más:Éxito do IX Concurso de Karaoke de Xove
Mañáns divertidas 2019-2020
26/Decembro/2019
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Hoxe, día 26 de decembro, o alcalde Demetrio Salgueiro e as concelleiras de Xuventude, Ana Abad e Cristina Iglesias fixeron entrega duns agasallos ás cinco voluntarias que participaron durante os meses de Xullo e Agosto no programa “MAÑÁNS DIVERTIDAS” da Xunta de Galicia e máis ás pregoeiras e ó pregoeiro que participaron no proxecto de Xuventude “VEXO XOVE: LITORAL I”.
Con este acto, dende o noso Concello, queremos conmemorar este día e expresar o noso recoñecemento e admiración a tódalas persoas participantes nestes proxectos.

O Concello continúa coas súas actividades de Nadal
26/Decembro/2019
Departamento de Cultura e Comunicación
-
CANCELADO O CONCERTO DE NADAL
IX CONCURSO DE KARAOKE. CONTINÚA ABERTA A INSCRICIÓN
Un dos grandes eventos do programa de Nadal do Concello é, sen dúbida, o Concurso de Karaoke.
A inscrición para participar continúa aberta, podendo facerse presencialmente nas oficinas do Concello, concretamente no despacho do Técnico de Cultura, ou ben chamando ao Concello ao 982592001, en horario de oficina.
Amáis disto, o mesmo día do karaoke, o sábado 28, tamén teremos aberta a inscrición no Pavillón de Deportes en horario de 17:00 a 19:00 horas.
|
|
|
 |
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|