Comezan as obras de construcción do Parque Deportivo
08/Agosto/2023
Departamento de Obras
-
"En marcha la construcción en Xove del parque deportivo y de ocio más completo de Galicia".
El desmonte de la parcela de 9.000 metros cuadrados está listo y en breve comenzará la ejecución de los circuitos de «pumptrack» o «skate»
O futuro parque situarase nunha parcela que antiguamente estaba destinada a usos agrícolas e o proxecto arrancará no 2023 cun orzamento que superará os 820.000 euros.
Este parque estará situado na contorna da avenida da Deputación e a que actualmente é unha zona forestal e pradaría. Serán 9.014 metros cadrados divididos en 2.205 de zona verde, 1.378 de accesos como sendas e beirarrúas, 1.462 de zonas viais e aparcadoiros, e 3.969 metros cadrados de zonas lúdicas como os circuítos de skatepark, pumptrack ou calistenia.
O espazo contará cunha zona de aparcadoiro con estacionamento dotada de todos os servizos precisos para autocaravanas, un skatepark con forma de bowl aberto enfocado ao uso de patíns, scooters, skate e bmx e con zona de street; e un pumptrack enfocado tanto as bicicletas como a skates, patíns e scooters cun nivel experto pero accesible a todos.



AXUDAS AO ESTUDO 2022-2023
06/Xullo/2023
Departamento de Servizos Sociais
-
AXUDAS AO ESTUDO DO CONCELLO DE XOVE, NAS MODALIDADES DE COMEDOR ESTANCIA E TRANSPORTE CURSO 2022/2023
PRAZO PARA SOLICITAR: DO 06 DE XULLO AO 03 DE AGOSTO DE 2023

As bolsas e axudas ao estudo da presente convocatoria teñen por obxecto atender a sufragar os gastos derivados de:
A) Gastos de comedor para:
Estudantes de ensinos en centros públicos da comarca da Mariña que precisen comer fóra de Xove a causa dos seus horarios, cando ditos estudos, aos que se refiren as presentes bases, non sexan impartidos nos centros de ensino do Concello de Xove
B) Gastos de estancia para:
1. Estudantes universitarios en universidades españolas.
2. Estudantes de ciclos formativos que non existan na comarca.
3. Estudantes de ensinos artísticos, profesionais e superiores e de ensinos deportivos, profesionais e superiores.
C) Gastos de desprazamento para:
1.- Estudantes que cursen estudos existentes en San Cibrao, Viveiro ou Burela, cando o seu horario escolar non sexa compatible coa liña regular de transporte de viaxeiros.
2.- Estudantes de ciclos formativos en centros da Mariña Lucense, agás os recollidos no punto anterior.
3.- Estudantes que cursen estudos existentes en San Cibrao ou Burela, e que ao regreso só dispoñan de transporte regular ata Xove e non ata a súa parada de orixe, por incompatibilidade da liña de transporte de viaxeiros.
4.- Estudantes de ciclos formativos que non existan na comarca.
5.- Estudantes de ensinos artísticos, profesionais e superiores e de ensinos deportivos, profesionais e superiores.
6.- Estudantes universitarios en universidades españolas.
As axudas recollidas neste apartado B) serán incompatibles con outras axudas estatais ou autonómicas da mesma modalidade.
As axudas recollidas neste apartado C) serán incompatibles coas axudas ao estudo do Concello de Xove na modalidade de transporte mediante o sistema de bonobús, agás naqueles casos nos que este bonobús non cubra a totalidade do traxecto.
Aos efectos das presentes Bases, enténdese por Axuda ao estudo “toda cantidade ou beneficio que o Concello de Xove conceda a quen desexe realizar ou se atope realizando estudos para a súa promoción educativa, cultural ou profesional, de acordo coas presentes bases e para os cursos académicos a que se refiran as respectivas convocatorias”
.- As persoas interesadas na concesión dunha axuda deberán cumprir o requisito de empadroamento e residencia efectiva no Concello de Xove.
.- A renda per cápita familiar non poderá superar as contías seguintes:
Para axudas de transporte e estancia: sen límite.
Para axudas de comedor, con limite 7.500.-€/renda per cápita.
.- Para ter dereito ás axudas para gastos derivados de estancia e de desprazamento, os/as estudantes deberán presentar o boletín de notas ou certificado do centro educativo de terse presentado alomenos ao 50% das materias correspondentes a matrícula.
.- No caso das axudas ao desprazamento recollidas no apartado 1 desa modalidade, os/as estudantes deberán aportar certificado do centro de ensino do horario escolar para xustificar que éste non é compatible coa liña regular de transporte de viaxeiros.