AXUDAS AO ESTUDO 2022-2023
06/Xullo/2023
Departamento de Servizos Sociais
-
AXUDAS AO ESTUDO DO CONCELLO DE XOVE, NAS MODALIDADES DE COMEDOR ESTANCIA E TRANSPORTE CURSO 2022/2023
PRAZO PARA SOLICITAR: DO 06 DE XULLO AO 03 DE AGOSTO DE 2023

As bolsas e axudas ao estudo da presente convocatoria teñen por obxecto atender a sufragar os gastos derivados de:
A) Gastos de comedor para:
Estudantes de ensinos en centros públicos da comarca da Mariña que precisen comer fóra de Xove a causa dos seus horarios, cando ditos estudos, aos que se refiren as presentes bases, non sexan impartidos nos centros de ensino do Concello de Xove
B) Gastos de estancia para:
1. Estudantes universitarios en universidades españolas.
2. Estudantes de ciclos formativos que non existan na comarca.
3. Estudantes de ensinos artísticos, profesionais e superiores e de ensinos deportivos, profesionais e superiores.
C) Gastos de desprazamento para:
1.- Estudantes que cursen estudos existentes en San Cibrao, Viveiro ou Burela, cando o seu horario escolar non sexa compatible coa liña regular de transporte de viaxeiros.
2.- Estudantes de ciclos formativos en centros da Mariña Lucense, agás os recollidos no punto anterior.
3.- Estudantes que cursen estudos existentes en San Cibrao ou Burela, e que ao regreso só dispoñan de transporte regular ata Xove e non ata a súa parada de orixe, por incompatibilidade da liña de transporte de viaxeiros.
4.- Estudantes de ciclos formativos que non existan na comarca.
5.- Estudantes de ensinos artísticos, profesionais e superiores e de ensinos deportivos, profesionais e superiores.
6.- Estudantes universitarios en universidades españolas.
As axudas recollidas neste apartado B) serán incompatibles con outras axudas estatais ou autonómicas da mesma modalidade.
As axudas recollidas neste apartado C) serán incompatibles coas axudas ao estudo do Concello de Xove na modalidade de transporte mediante o sistema de bonobús, agás naqueles casos nos que este bonobús non cubra a totalidade do traxecto.
Aos efectos das presentes Bases, enténdese por Axuda ao estudo “toda cantidade ou beneficio que o Concello de Xove conceda a quen desexe realizar ou se atope realizando estudos para a súa promoción educativa, cultural ou profesional, de acordo coas presentes bases e para os cursos académicos a que se refiran as respectivas convocatorias”
.- As persoas interesadas na concesión dunha axuda deberán cumprir o requisito de empadroamento e residencia efectiva no Concello de Xove.
.- A renda per cápita familiar non poderá superar as contías seguintes:
Para axudas de transporte e estancia: sen límite.
Para axudas de comedor, con limite 7.500.-€/renda per cápita.
.- Para ter dereito ás axudas para gastos derivados de estancia e de desprazamento, os/as estudantes deberán presentar o boletín de notas ou certificado do centro educativo de terse presentado alomenos ao 50% das materias correspondentes a matrícula.
.- No caso das axudas ao desprazamento recollidas no apartado 1 desa modalidade, os/as estudantes deberán aportar certificado do centro de ensino do horario escolar para xustificar que éste non é compatible coa liña regular de transporte de viaxeiros.
Turismo Imserso 2023-24
29/Xuño/2023
Departamento de Servizos Sociais
-
Posta en marcha da próxima tempada 2023-2024 do Programa de Turismo do Imserso
A Dirección Xeral do Instituto de Maiores e Servizos Sociais (Imserso) iniciou a posta en marcha da que será a próxima tempada 2023-2024 do Programa de Turismo do Imserso.
Neste sentido, desde o xoves 29 de xuño de 2023 e ata o martes 25 de xullo de 2023 –ambos os días inclusive-, permanecerá aberto un período de presentación de NOVAS SOLICITUDES DE PARTICIPACIÓN neste Programa para a tempada 2023-2024, exclusivamente para aquelas persoas que non estean incluídas no Programa de Turismo do Imserso.
Nos próximos días, as persoas xa acreditadas na base de datos do Imserso para a súa participación no Programa de Turismo do Imserso recibirán nos seus domicilios as cartas de renovación incluíndo os IMPRESOS DE MODIFICACIÓN DE DATOS, con obxecto de que, se procede, comuniquen as variacións nos mesmos para participar na próxima tempada 2023-2024.
Se os datos non variaron e se consideran correctos, non é preciso que realice ningunha actuación e NON HAI QUE REMITIR o impreso cuberto.
Se os datos non son correctos ou cambiaron, debe remitirse o impreso de solicitude cuberto. Neste caso, e no prazo comprendido entre o 29 de xuño e o 25 de xullo de 2023, ambos os incluídos, poderase efectuar o cambio polos seguintes medios:
• A través da Sede electrónica do Imserso utilizando o número de referencia que aparece na carta que recibiu ou o sistema Cl@ve, por algún dos seguintes métodos:
• Directamente a través desta ligazón.
• Entrando na Sede electrónica do Imserso e unha vez dentro do apartado correspondente ao Programa de Turismo, pulsar no icona «Edición».
• Escaneando o código QR que aparece na carta de renovación co teléfono móbil.
• Nos rexistros electrónicos e oficinas a que se refire o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Publicas.
• En sobre franqueado, non por correo certificado, á dirección: PROGRAMA DE TURISMO DO IMSERSO, APARTADO DE CORREOS 10.140, 28080 MADRID.
Máis información Departamento de Servizos Sociais do Concello de Xove: Teléfono: 982592001 .-